-
- Reportaxe
gráfico sobre a recollida de
sinaturas na Alameda de Marin, demandando o uso civil do Hosptial
da Escola Naval
-
O
Hospital da Escola Naval de Marin
debe integrar-se na rede
asistencial do SergasSolicitamos das distintas administracións
que boten man dun hospital que está infrautilizado e pode dar
servizo aos concellos de Marin e Bueu. Desta forma desatascarian-se
os hospitais de Pontevedra (Montecelo e Provincial) que constantemente
están saturados pola falta de previsión e inversión
da administración. Apresentamos escritos ante os concellos
de Marin e Bueu e ante a Conselleria
de Sanidade.
-
-
In
mare nostra fortuna. Abrir Marin ao mar non está na mente
dos nosos governantes, que últimamente adican-se a facer propostas
para taponar o paseo que temos fronte á Alameda con auditórios,
aparcamentos, "áreas de ócio", etc.
-
O
Colectivo Nacionalista alega contra a Alta Tensión.
Ante a nova exposición pública do trazado
da Liña de Alta Tensión de Lourizán a Cangas,
que atravesa tamén os concellos de Marin e Bueu, apresentamos
unha nova alegación solicitando
o soterramento da mesma. Ademáis, pedimos un trazado menos
lesivo para o entorno natural e a explotación racional do monte.
-
Contenedor
Privatizado, Contenedor Abandonado. Ante o estado lamentábel
dos contenedores do lixo en Marin Iniciamos unha campaña
de sinalización de contenedores fedorentos. O
abandono e a falla de limpeza é máis visíbel
que nunca desde que se privatizou o servizo.
-
Obra
ilegal en Aguete. Nestes dias foi parada pola policia municipal,
e precintadas as máquinas, a obra
ilegal denunciada por diversas asociacións de
Seixo e posteriormente polo Colectivo Nacionalista.
-
Celulosas:
O noso Prestige de cada dia. O Colectivo Nacionalista
ven de apresentar un escrito
solicitando un pronunciamento da corporación municipal de Marin
contra a instalación da fábrica de papel xa que suporia
a consolidación do complexo industrial Ence-Elnosa na Ria.
-
Desastre
urbanistico na Praia dos Namorados. Na nosa vila a legalidade
urbanística parece que non existe xa que cada dia descobrimos
unha nova infración. Pero esta xa é escandalosa de máis.
Ao lado do mar chalet e muro, incuplindo a Lei do Solo, a Lei de Costas,
e cun morro impresionante.
-
-
-
Marin
debe sair de Sogama e o Morrazo recuperar o plano de compostaxe,
único xeito de abaratar custes e facer un tratamento ecolóxico.Sogama
pensa subir un 32% o que lle cobra aos concellos por lucrar-se da
incineración do lixo. A Mancomunidade do Morrazo tamén
pensa "sanear as contas" incrementando un 100% o a tasa
que lle cobra aos veciños. Desde o Colectivo Nacionalista demandamos
do Concello de Marin a saida de Sogama e a busca de alternativas ecolóxicas.
-
Os
orzamentos da Xunta para o 2003
volven discriminar ao noso concelloUn ano máis o PP
castiga a Marin con ridículas inversións nos orzamentos
da Xunta, consolidando un xeito de actuar que ano tras ano se ven
reflexando nestas contas. Marin non pode continuar con esta dinámica
de desamparo, o noso povo non merece este castigo. Debemos demandar
responsabilidades aos culpábeis.
-
|