Solicitamos un pronunciamento do Pleno sobre o complexo industrial de Ence

Diante da intención do Partido Popular de facilitar o asentamento definitivo do complexo industrial de Ence na Ria queremos manifestar o noso total rexeitamento e sumar a nosa voz ás múltiples voces que se están posicionando contra a consolidación desta fábrica.

É lamentábel que o Ministério de Médio Ambiente, seguindo os dictados da empresa, pretenda agora desafectar os terreos públicos onde se asenta para posteriormente venderllos. Isto significaria a preséncia indefinida na nosa ria do complexo industrial de Ence.

Da-se un paso máis na estratéxia da empresa, executada fidelmente polo Partido Popular desde a Xunta e o Ministério, para despreciar as demandas dos cidadáns. Ence actua como se estive-se nunha “república bananeira”.

Unha vez máis a Xunta de Galiza da mostras da sua nula sensibilidade medioambiental ao exercer unha política antiecolóxica ao servizo das grandes empresas. En Marin e no Morrazo temos exemplos dabondo ademáis de Celulosas: Marea Negra, Sogama, Liña de Alta Tensión e obras da Circunvalación e da Via Rápida do Morrazo. Parece que son os grandes grupos económicos os que lle marcan a liña a seguir á administración autonómica, e non ao revés. O Partido Popular está conseguindo que a Xunta non sexa máis que unha xestoria de intereses privados.

Para o Colectivo Nacionalista de Marin é positiva a iniciativa dos alcaldes de Poio, Pontevedra, Vilaboa, Bueu e Marin contraria a ampliación de Ence en Lourizán e rexeitando o plan de incidéncia supramunicipal da Xunta. Desexariamos tamén que este tipo de acordos se deran para solucionar problemas como o do lixo, criando alternativas a Sogama.

Queremos destacar a participación do alcalde de Marin nesta xuntanza e apoiamos a sua decisión, pero temos que lembrar-lle que o pasado mes de xullo apresentamos un escrito no concello solicitando un pronunciamento da corporación municipal relativa á situación da futura fábrica de papel en Lourizán. Este pronunciamento debe ampliar-se á intención do Ministério de Médio Ambiente de “regalar-lle” os terreos a celulosas.

Consideramos, que desta forma se lle da máis transcendéncia e importáncia ao posicionamento de Marin contra esta medida. Ademáis, é necesário que se manifesten os grupos políticos con representación no Concello xa que a cidadania ten dereito a coñecer a sua opinión nun tema de tanta importáncia e sobre o que, até o momento, estiveron calados.


Xa pasaron vários meses desde a nosa petición e houbo plenos que apenas duraron media hora por non ter temas que tratar, confiamos que desta vez nos fagan caso e aproveiten o tempo e os cartos que nos custan de xeito máis productivo.

Por último, queremos manifestar o noso apoio á campaña de recollida de sinaturas que está facendo a Asociación para a Defensa da Ria (APDR) e animaos aos veciños e veciñas de Marin a asinar por un futuro mellor e máis ecolóxico.


Marin, 31 de outubro de 2003