“Se ainda somos galegos
é grazas ao noso idioma” Castelao
Un dos elementos diferenciadores
dunha nación é a súa lingua, tendo isto en conta
e outras
cousas máis podemos asegurar que Galiza é unha nación.As
linguas refliten o xeito de viver
dun povo, as formas de interrelacionar-se das persoas que o compoñen,
e é o vehículo
transmisor da historia, cultura e tradición do mesmo e polo tanto
un elemento fundamental
na vida das nacións.
O estado español ao longo
dos séculos tentou acabar coas nosas arelas de liberdade,
tentando destruir de todas as formas posíbeis as nosas señas
de identidade, así dende os
Reis Católicos até a ditadura franquista tivemos que sofrer
a prohibición da nosa lingua
e a represión de tod@ galego-falante.
A chegada da “falsa democracia”
trouxo consigo a cooficialidade da nosa lingua, mais
impoñendo o chamado bilingüismo harmónico, no cal o
castelán tiña garantido a súa
situación de lingua privilexiada, así de xeito máis
sutil, baixo unha apariencia
democrática, logrou o imperialismo español converter unha
lingua maioritaria nunha lingua
minorizada.
Así se os nosos antepasados
a pesares da prohibición seguiron a falar galego, dende a
chegada da “democracia” as novas xeracións, sobre todo
nas cidades, falan case que
exclusivamente en castelán, o que demostra o fracaso (ou o éxito)
das políticas da Xunta e
do estado, principais promotores do bilingüismo harmónico.
A política lingüística
dos governos PP (aqueles mesmos que censuraban o galego na
ditadura), non foi máis alá de gastar cartos inútilmente
en campañas publicitarias e en
promover cursos de iniciación e perfeccionamento da lingua para
profesorado, funcionariado e adultos en xeral, de dubidosa utilidade se
non se comproba a súa eficacia, e que en ningún caso conseguiu
por fin á caida en picado de galego-falantes.
Para moit@s cidadáns/as o cambio de governo na Xunta é un
motivo de esperanza para que a nosa lingua se recupere, e aínda
que levan pouco tempo, xa podemos dicer que nada vai
mudar ao respecto, porque algúns non queren que nada mude. Os tímidos
pasos dados adiante enseguida foron rectificados, como exemplo máis
claro disto temos a situación que se produciu cando se decidiu
que os exames das oposicións serían unicamente en lingua
galega e as academias protestaron, non tardaron moito en rectificar deixando
ben as claras que a nosa lingua está supeditada a intereses privados.
O ensino, un dos piares elementais
de toda sociedade, desgrazadamente é un dos principais
elementos desgaleguizadores xa que o número de alun@s que ao comezar
a estudar eran
galego-falantes reduce-se cando chegan ao fin dos seus estudos. Todo isto
podería mudar se
o ensino fora única e exclusivamente en galego, en todos os centros
de ensinanza e a todos
os niveis, deixandose de hipocresías coma a do governo actual que
pretende de xeito
“experimental” facer isto só en 10 colexios da Galiza
para o curso que ven.
Mais a discriminación da
nosa lingua non se cingue só ao ámbito académico
xa que
situacións tan normais como poden ser pedir un préstamo,
casar…son case que imposíbeis de facer en galego, estando
obrigado a facelo polo tanto en castelán ou a enredar-se na
burocracia administrativa para reclamar o noso direito a viver en galego.
Nos governos e nos tribunais existe
unha dobre vara de medir á hora de defender ás linguas
oficiais na Galiza, así se recentemente unha sentenza do TSXG revogou
un acordo do
concello de As Pontes segundo o cal a lingua galega era a única
oficial no concello, a
nosa toponimia segue a ser atacada a cotío tanto por parte dos
meios de comunicación como da administración, exemplos como
o de A Coruña, onde ex-alcalde incumpría a lei
reiteradamente son sangrantes.
Os meios de comunicación,
en mans do capital español, como elemento uniformador é
un dos principais responsábeis da difusión da idea, cada
vez máis estendida, de que o galego nun mundo cada vez máis
globalizado non ten sentido nin é necesario. A este argumento,
sen fundamento, hai que lle respostar que grazas ao galego temos a oportunidade
de podérmonos comunicar con máis de 200 millóns de
persoas no mundo que falan portugués.
Por todo isto DEMANDAMOS: