|
Paralise
no concello de Marín, sen motos, escarabellos, festa medieval, nada de nada
[nota]
A
Consellaría de Medio Ambiente deixa o “centro de ocio” sen avaliación medio
ambiental [nota de prensa]
Alegamos ao Plano Director
de Portos Deportivos e reclamamos a súa anulación, así como a eliminación
do proxecto de ampliación do porto de Aguete

Na Galiza en Galego, apoiamos e
facemos un chamamento á participación na manifestación do próximo 18 de
maio en defensa do noso idioma.
Presentación
do libro "Fidel Castro. A miña vida. Conversas con Ignacio
Ramonet" coa intervención de Alejandro Fuentes Hernández,
Cónsul Xeral de Cuba en Galiza, Xosé
M. García Crego, traductor da edición en galego Moncho Leal,
representante da Asoc. de amizade con Cuba "Francisco Villaamil"
Queremos denunciar a
actuación do Concello de Marín ante a concesión da licencia para construir
un muro no asteleiro da Praia do Santo. [nota de
prensa]
Xestur e o Concello a voltas co parque industrial na Brea [nota de prensa]
Internet na biblioteca, un servizo imposíbel[+]
Dende o Colectivo Nacionalista de Marín queremos amosar o
noso apoio ao pobo de Cangas, ao traballo que están facendo o Foro Social e
a Alternativa Canguesa de Esquerdas (ACE), no seu rexeitamento á
construción do porto deportivo en Massó. [nota
de prensa]

Alternativa Canguesa de Esquerdas (ACE) continua coa sua
loita contra a especulación urbanística en Cangas. Podes informarte
>>aquí<<
[Reportaxe fotográfica sobre os
destrozos que o concello de Marín fixo no río Lameiriña]
[Denuncia
posta ante Augas de Galiza]
A empresa concesionaria do
servizo de recollida do lixo de Marín ten a obriga de limpar os
contenedores cada quince días no verán e cada mes no inverno; esto é o
que recolle o contrato asinado co concello. Nunca cumpriu, xa que ningún
dos distintos responsábeis municipais obrigou á empresa a facelo [nota de prensa]
Por un auditorio digno. A
Xunta e o Concello andan a voltas co proxecto de auditorio en Marín,
cambiando a ubicación cada vez que fan unha nova declaración. [demandamos unha solución xa]
Organizamos un roteiro por Ardán para
comprobar, ademáis das impresionantes vistas, as agresións ao medio que
sofre esta parroquia de Marín
|
O Servizo
Provincial de Costas, do Ministerio de Medio Ambiente, pretende construir
un paseo marítimo en Loira afectando á costa. [alegación presentada]

Solicitamos o
arranxo dos baches na entra de San Pedro [escrito presentado no concello]

No
último pleno do concello de Marín, celebrado o venres 14, aprobouse a
iniciativa de dirixirse ao Ministerio de Defensa para ver as
posibilidades de cesión do antigo hospital da Escola Naval. Despois de 4
anos de solicitalo mediante escritos e recollida de sinaturas, agora nos
fan caso [nota de prensa]
O despilfarro que supón colocar tantas luces adornando as
rúas ten que ter un límite. [Por un
nadal máis ecolóxico en Marín]
Non
á privatización dos servizos públicos. O
Concello de Marín pretende que unha empresa privada xestione a racadación
das multas de tráfico.
Xa
sabemos o que dou de sí a privatización da recollida do lixo: pero servizo
e máis caro. Que será o próximo? [nota
de prensa]
[Denunciamos unha nova construción ilegal en Ardán]
Con nocturnidade e alevosía colocan unha casa prefabricada en zona forestal
ante a pasividade do Concello
[PXOM] O
documento de referencia para a Avaliación Ambiental Estratéxica do PXOM de
Marín recolle parte das suxestión do Colectivo Nacionalista.
A
Consellaría demanda actuacións que ao noso entener non son suficientes.
Agora o concello ten que tramitar a Avaliación Ambiental e expoñela para
que se presenten alegacións. [nota de
prensa] [Consulta o documento aquì]
Demandamos
a implantación por parte do concello dun sistema de compostaxe individual e
a recollida dos aceites usados, co fin de avanzar na reducción e
reutilización do residuos. [escrito presentado]
O
PXOM está na fase de Avaliación Ambiental por parte da Consellaría de Medio
Ambiente, podendo presentase suxestións ao proxecto. As nosas están [aquí], e o documento podese ver [alí].
|
|
Frank
Pais, heroe da revoluciòn cubana
Unha comisión cidadán composta por diversas
organizacións e persoas a título individual van organizar unha homenaxe a
Frank Pais, o heroe cubano de orixe galega e máis concretamente de Marín.
[Reportaxe fotográfica
dos actos de homenaxe a Frank Pais]
[Programa de actos] [Quen
era Frank Pais?]
|
Nace
Causa Galiza, un movimento pola autodeterminación que agrupa a persoas e
colectivos de toda Galiza para loitar polo derteiro do noso pobo a sua
libre determinación.[www.causagz.org]
>>> Día da Patria 2007
<<<
|
|
Un
PXOM especulativo ameaza o litoral e os ríos de Marín.
O proxecto pretende construir ao lado
das praias e canalizar
os rios Loira e Lameiriña. Estamos ante un PXOM que prima a especulación
urbanística fronte aos intereses do pobo.
[NOVO
BOLETIN SOBRE O PXOM] Modelo
de alegación ao PXOM de Marín, en defensa do litoral e os rios.
|
Eleccións
Municipais: O 45% do censo de Marín non participou no proceso electoral,
abstendose ou votando en branco [valoración]
Presentamos
unha alegación ao PXOM de Marín solicitando a súa retirada, así como unha
serie de suxestións para a súa modificación. Consideramos que estamos ante
un Plano que non serve aos intereses de Marín, senón aos dos especuladores. [texto da alegación]
|
|
SALVEMOS O PARQUE EGUREN, O AUDITORIO Á
RAÑA. Apresentamos no concello a nosa proposta de ubicación do
novo auditorio na zona de A Raña, xa que entendemos que é a mellor localización
para non perder o parque Eguren.
Reportaxe fotográfica
do Dia da pátria 2006
|
Dende
hai varias semanas as mariscadoras que faenan na praia de Lourizan, moitas
delas veciñas de Marin, están mobilizándose diante de diversas institucións
para protestar polo cambio de clasificación da praia a zona de tipo C. Desde o CN amosamos a nosa solidariedade.
|
|
Aportacións ao Plan Xeral de Ordenación
Municipal de Marin. Desde o Colectivo Nacionalista de Marin vemos
con preocupación como se está desenvolvendo o proceso de elaboración do Plan
de Urbanismo de Marin. O secretismo con que se fai e os exemplos de
urbanismo desbordado que se están dando nos concellos do litoral galego, e
máis concretamente en Cangas e Moaña, poden darnos unha idea de que é o que
nos espera: recalificacións masivas en benefício da especulación. Apresentamos un escrito no concello expoñendo o
noso parecer sobre o desenvolvimento do Plan, cunha série de medidas
destinadas a face-lo ao servizo do povo e non dos especuladores. [boletin especial]
|
Desde o Colectivo Nacionalista queremos demandar, unha vez
máis, o uso público do Hospital da Escola Naval. Estase convertindo nunha
práctica habitual a cesión ou colaboración entre as distintas
administracións responsábeis da sanidade e defensa para a posta a
disposición dos cidadáns das instalacións sanitárias dependentes do ministerio.[nota de prensa]
|