Política anti-imperialista: Formación de clase e acción sócio-política

James Petras
www.rebelion.org

Introducción


Para comprender a natureza e dinámica da política anti-imperialista é importante responder a varias perguntas clave. Entre elas:
1. Qué constitue un movimento anti-imperialista (MAI)? ,Son anti-imperialistas os movimentos ou eventos anti-globalización, anti-ALCA, anti-Irak (ou anti-guerra)?.
2. Baixo que condicións e localizacións xeopolíticas emerxen e se expanden os MAI?

3. Qué clases específicas inician e cais expanden os MAI, e que clases, estados, e reximes defenden o imperialismo?.

4. Baixo que condicións (contexto político e económico) as clases estruturalmente determinadas (explotadas) se involucran en loitas anti-imperialistas?. Marcan algunha diferenza as fortes crise económicas e a emerxéncia de novas organizacións e lideres?

5. Baixo que condicións xurden os movimentos MAI nos paises imperialistas (EEUU e UE)? Cal e o seu potencial e limitacións?

6. Qué estratéxias e tácticas promoven ou limitan a medra dos MAI?.

As respostas a éstas e outras relevantes cuestións proporcionan unha guia para o noso debate sobre a teoria e política anti-imperialista actual.


Movimentos anti-imperialistas

A oposición ao imperialismo adopta unha grande variedade de formas e práticas organizativas. Non hai unha só organización internacionalmente dominante, que se opoña completamente ao imperialismo como sistema de poder. Mais ben, os que predominan son unha série de movimentos monotemáticos que se opoñen á política e instituizóns imperiais. Por exemplo, importantes manifestacións en toda Latino América, movimentos e referendos opuxeron-se ao Área de Libre Comércio das Américas (ALCA) patrocinada por EEUU. Para moitos dos adversarios, a oposición ao ALCA basea-se nos efeitos destructivos que o libre comércio exerce sobre os traballos, asi como sobre os granxeiros e campesiños. Para outros, o ALCA é visto como parte dunha estratéxia global estadounidense para conquistar e dominar as economias e a política de Ibeiro América e do resto do mundo. Os movimentos antiALCA opoñen-se a un xeito importante do imperialismo estadounidense - o seu tento de dominar o comércio e investimento de toda a rexión por meio do seu controlo formal do armazón político legal que rexe as relazóns económicas.
O movimento anti-globalización e a campaña antiguerra (Irak, Afganistán) abranxen tanto a grupos anti-imperialistas como a “reformistas imperiais” que polo xeral apoian o poder imperial estadounidense pero opoñen-se ao particular modo de exercitar o poder, ou á ubicación específica na que se manifesta. Outros opoñen-se ao comportamento das corporacións multinacionais pero non ao estado e sistema imperial no que están inmersas. Estes movimentos son anti-imperialistas encanto movilizan forzas populares para se opor a unha importante manifestación da expansión imperial, acordan a conciencia popular sobre os motivos dos reximes de EEUU e a UE e abren a posibilidade de profundar e estender a resisténcia ao imperialismo como sistema.
Non obstante, con frecuéncia non se comprenden as potencialidades destas políticas monotemáticas; a loita contra un só asunto fica isolada da rexeizón xeral ao imperialismo, e a vitória ou derrota do poder imperial xéneralmente acaba coas movilizacións. A movilización antiguerra de Vietnam, que foi a oposición mais ampla e mais duradeira contra unha guerra imperialista, diminuiu cando se acabou o recrutamento militar, os vietnamitas gañaron a guerra e os EEUU retiraron as suas tropas. Os efeitos posteriores foron limitar o uso masivo de tropas estadounidenses de infantería durante quince anos, (até a Guerra de Golfo) e aumentar a contratación de exércitos mercenarios (Afganistán, Nicaragua, Angola, Mozambique, etc.), aumento da dependéncia en axéncias de intelixéncia e forzas especiais para derrocar aos reximes anti-imperialistas (Chile 1973, Argentina 1976, Uruguay 1973, etc.) e forzas a pequena escala para invadir paises pequenos (Grenada, Panamá). Ademais, os movimentos anti-imperialistas monotemáticos non impediron, nen sequer se movilizaron para acabar co bloqueo económico a Cuba, Vietnam, Camboya, Laos, etc. Finalmente moitos dos anti-imperialistas de tema único uniron-se á asa liberal do pro imperialista Partido Demócrata dos EEUU, e os partidos reformistas pro OTAN de Europa - o Partido Socialista de Francia, o Partido Comunista de Italia etc.
O rexisto histórico dos movimentos anti-imperialistas monotemáticos é moi ambíguo; en alguns casos ten efeitos residuais a meio prazo, en outros disolve-se na política tradicional e nuns poucos casos alimenta movimentos sociais mais grandes. no último caso, as loitas anticoloniais de Francia e Italia alimentaron os maiores movimentos antisistema; Parides 1968, outono quente de Italia en 1969.
Clave-a para identificar a dinámica (cara adiante ou cara atrás) dos movimentos anti-imperialistas monotemáticos é a política: a ideoloxia, os lideres e os programas en torno aos que se organizan os movimentos. A maior parte dos impactos a corto prazo son resultado da ideoloxia política dos lideres de mínimo denominador pragmático, fixando-se no tema mais imediato (política imperial), disociados do imperialismo como sistema de poder, evitando calquera desafio político ao poder do rexime ou do estado, e acomodando ou subordinando o movimento de masas aos políticos oportunistas “disidentes” dos principais partidos imperiais, que buscan capitalizar a protesta de masas con fins electorais.
As movilizacións anti-imperialistas monotemáticas, como a anti-globalización, xurden con forza, se estenden e despois fan-se rotina e declinan, porque omiten conectar instrumentos políticos para desafiar ao poder, coas loitas populares de masas. no caso da loita anti-globalización, as falsas premisas dos ideólogos do movimento, a idea das corporacións multinacionais como poderes autónomos divorciados do estado imperial, fallaron en prever as guerras imperiais e a ocupación colonial. A reorientación de moitos antigos activistas anti-globalización, cara o movimento antiguerra de Irak, conduciu a un aumento masivo de protestas co tema único da guerra, seguídas dun desplome despois que EEUU conquistó e ocupó Irak. Non xurdiu nengun movimento de masas que se opoñan ao rexime colonial estadounidense nen que apoie a resisténcia iraquí.
A erupción dos movimentos de masas monotemáticos opostos a políticas anti-imperialistas específicas non leva necesáriamente a un progresivo, radicalizado e consecuente movimento anti-imperialista, a menos que o movimento vaia mais allá de asuntos únicos e desenvolva un programa e un liderazgo capaces de vincular o antiimperialismo co transformazón do sistema.
Condicións para a emerxéncia dos MAI

A segunda pergunta clave é: Baixo o que condicións emergen e se expanden os MAI?
Case todos os movimentos MAI mais importantes e consecuentes tiveron lugar en Latino América, Asia, ou África. no período actual podemos identificar vários contextos nos que xurdiron MAI significativos.
1. Invasión colonial e ocupación: Irak viu a reagrupación e resisténcia dos movimentos anti-imperialistas de masas organizados contra o governo colonial-militar. Os reximes coloniais saquean a economia, designan aos gobernantes coloniais, destruen a infra-estrutura, matan a civis, e torturan a suspeitosos. As humillazóns diárias de millóns provocan hostilidade, rexeito e resisténcia. O mesmo é valido para Afganistán, onde existe resisténcia armada contra a forza de ocupación EEUU-UE e o seu rexime títere (Karzai)
2. Intervención Militar: A participación militar estadounidense a longo prazo como asesores, proveedores de armas, e apoio financeiro da oligarquia Colombiana provocaron unha guerrilla anti-imperialista e oposición cidadána a grande escala e de longa duración. A fase mais recente da intervención militar imperial (Plano Colombia) polarizou ao país, empobrecendo aos traballadores urbanos, e aumentado as matanzas de campesiños, activistas pro direitos humanos, xornalistas e sindicalistas. A participación directa de subcontratistas mercenarios estadounidenses no combate e a erradicación da coca contribuiu ainda mais á medra da política anti-imperialista nas áreas rurais.
3. Privatización e Disminución do Nível de Vida: A maior parte dos bancos privatizados, telecomunicazóns, servizos públicos (luz e enerxia), empresas minerais e petrolíferas acabaron en mans das CMN de EEUU e UE. O resultado foi tiroteos masivos, prezos mais altos, redución das rexións servidas e transferéncia de recursos ao estranxeiro a grande escala, legal e ilegalmente. O proceso mesmo da privatización non foi transparente, porque os subornos e cofeitos produciron compras por embaixo do valor de praza. Isto levou a protestas masivas contra a empresa privada estranxeira, a política estatal e as consecuencias negativas. Enormes protestas antiprivatización tiveron lugar en Perú (empresas eléctricas nacionalizadas), Bolivia (auga), Ecuador (petróleo e electricidade) e moitos outros paises. En Argentina houbo un erguemento popular (20/21 decembro 2001) despois de que os bancos de capital estranxeiro trasferiron ao exterior os aforros dos depositantes. O groso da actividade antiprivatización centrou-se sobre o apoio do IFI á privatización e o apoio ao IFI por parte de EEUU e a UE.
4. Comercio Desigual e Investimento: EEUU e o UE subsidian os seus productos agrícolas nunha cifra de mais de cincuenta mil millóns de dolares en desembolsos directos, e vários miles de millóns mais en sistemas de irrigación financiados polo estado, subvencións á exportación, axuda técnica, tarifas eléctricas e enerxéticas, promoción de comercialización, infra-estruturas, redes e "axuda vinculada". Ademais tanto EEUU como a UE impoñen barreiras arancelarias, cuotas, barreiras comerciais non tradicionais, ás exportacións agrícolas e de productos manufacturados do Terceiro Mundo. En contraposición, os estados imperiais de EEUU e a UE exixen a baixada e eliminación de tarifas e subvencións no Terceiro Mundo. Como resultado, o Terceiro Mundo perde douscentos mil millóns por ano en ingresos comerciais, mais do duplo de todos os empréstimos, investimentos, concesions e transferéncias dos reximes imperialistas. EEUU profere, por meio do ALCA (Área Latinoamericana de Libre Comércio), consolidar e profundar na sua desigual relazón comercial con América Latina estabelecendo un marco legal e político baixo unha comisión ALCA, que o controlará, convertendo deste modo a América Latina nunha zona colonial mercantil.
En todas partes de Latinoamérica millóns protestaron contra a sinatura do acordo ALCA.
En Brasil nun referendo informal, o noventa e cinco por cento dos votantes rexeitou o ALCA – un total de once millóns de votantes. A clave para o avance do ALCA atopa-se nos reximes vasalos que gobernan en Latinoamérica en particular en Brasil, Colombia, México, Ecuador, Chile, Bolivia, Perú e outras partes.

A derrota do esforzo de re-colonización de Washington pasa polo derrocamento ou a expulsión dos reximes vasalos, que colaboran activamente con EEUU. As principais forzas sociais contrárias á re-colonización son os campesiños e os pequenos agricultores, que non poden competir cos productos agrícolas subvencionados estadounidenses que se venden a prezos inferiores debido ás subvencións imperiais estatais á exportación. En Bolivia, os campesiños voltan-se cara un cultivo alternativo, a coca, xa que non poden competir coas subsidiadas importacións agrícolas estadounidenses. En México, Bolivia, Colombia, e Perú os movimentos rurais reivindican o direito a producir colleitas alternativas e opor-se ao ALCA. En Brasil o Movimento de Traballadores Rurais Sen Terra (MST) é a principal forza que se opón ao ALCA.
Na medida en que o ALCA, en substáncia e símbolo, representa a conquista imperial estadounidense e a colonización de América Latina, os movimentos antiALCA representan un elemento clave da loita anti-imperialista.
A transición do libre comércio ao imperialismo colonial mercantilista estimulou as condicións para a aparición e extensión dos movimentos anti-imperialistas (MAI) Igualmente importante, o ALCA ampliou o alcance da oposición á dominación de EEUU e a UE. Durante a primeira fase do neoliberalismo, a oposición ao imperialismo estaba baseada nunha privatización específica da política e fixaba-se en sectores industriais afectados concretos (ou mesmo en firmas concretas) As protestas ian dirixidas contra inxustizas específicas, perda de emprego, baixada de salários, aumento de prezos, etc. Estas loitas particulares persisten - príncipalmente as dos traballadores ecuatorianos do petróleo contra a privatización e desnacionalización da indústria petroleira, os traballadores de centrais eléctricas e sector enerxético de México etc. Sen embargo, estas loitas concretas están cada vez mais unidas á oposición ao ALCA e á conquista imperial estadounidense.
Movimentos anti-imperialistas: Perspectiva histórica
Os actuais MAI son a mais recente dunha série de loitas que se remontan á conquista orixinal do Terceiro Mundo. Sen embargo os obxectivos, clases sociais, e programas dos MAI diferen enormemente que foron en tempos anteriores.
Podemos distinguir vários tipos e subtipos de MAI históricos e actuais.
1. MAI tradicionais

Os primeiros movimentos contra a conquista imperial colonial, frecuentemente opuñan-se ao genocidio, exterminación, escravitude, desprazamento, e servidume. Os obxectivos de alomenos alguns dos seus lideres eran restaurar as sistemas precoloniais de governo xerárquico con emperadores locais, consellos ou comunidades. As rebelións, derrotas, re-escravitude, e dispersión dos povos colonizados criaron duas economias paralelas: a economia colonial dominante e as comunidades de subsisténcia de povos anticoloniais en rexións remotas dos paises conquistados.

2. MAI modernos

Os MAI modernos poden dividir-se e subdividirse naqueles que loitaron pola independéncia política do domínio colonial manifesto (América Latina no século dezanove e princípios do vinte) e Asia/Africa (a meados do século vinte) e aqueles que loitaron pola independéncia política e económica por meio de loitas revolucionárias nacionais e socialistas a meados do século vinte (China, Cuba, Vietnam, Iugoslavia, etc.) Estas revolucións anti-imperialistas á sua vez sentaron as bases para a nova confrontación entre movimentos capitalistas-nacionalistas e socialistas-populistas. Os MAI modernos lograron estabelecer economias e reximes "híbridos", estado misto, formas de propriedade privadas e colectivas, e reximes populares xerárquicos. Estes "reximes e economias híbridos" serven de base para novas confrontacións co imperialismo. As novas élites nacionalistas e comunistas, divorciadas das realidades sócio-económicas das masas, e suxeitas á influéncia ou intervención imperial, evoluiron durante décadas cara unha nova clase ou foron derrocadas e substituídas por reximes vasalos do império, en particular durante as últimas décadas do século XX. Reximes nacionalistas de África e Asia foron derrocados e substituídos por señores da guerra tribais, vasalos coloniais e cregos reaccionários - todos eles inícialmente vinculados a EEUU e/ou a UE. A conversión de reximes colectivistas en reximes pro capitalistas/proimperialistas na ex URSS, Europa Oriental, e Asia do Sul basearon-se tanto en forzas sociais externas como internas. En Europa Oriental, o apoio financeiro e ideolóxico estadounidense a políticos nacionalistas, élites intelectuais e chefes sindicais, facilitaron o troco das suas rexións pasando de satélites de Rusia a estados vasalos estadounidenses - estendendo o Império estadounidense desde o Báltico até os Balcans. A intervención militar e o apoio de forzas paramilitares sub-rogadas estenderon o império estadounidense desde os Balcans a Oriente Meio. no século vinteun os EEUU expandiron-se ao Oriente Meio e Asia do Sul coas guerras de Afganistán e Irak. A ideoloxia da conquista imperial variou o seu teórico do tradicional "humanitário" colonial á da "liberación" de Irak, e ao moderno subterfuxio antiterrorista de Afganistán
Cara o final do século XX xa xurdiran tres variantes de anti-imperialismo:
1. Anti-imperialismo de direitas articulado por disidentes clientes estadounidenses en Europa Oriental, Balcans, e Cáucaso como instrumento para mudar lealdades da dominación soviética ao império estadounidense.

2. Anti-imperialismo clerical baseado na oposición relixiosa (Musulmana) á agresión militar, conquista política, influencia cultural, depredacións económicas e hostilidade racial estadounidenses, orientado cara a "restauración" das opinións clericais tradicionais e en alguns casos combinándoas con valores nacionalistas modernos.

3. Anti-imperialismo moderno opendo-se ás guerras e conquistas imperiais, as CMN, a OMC, o ALCA, apoiando as loitas de liberación do Terceiro Mundo. As profundas diferenzas de clase e políticas nos movimentos anti-imperialistas ou nacionalistas -- entre movimentos pro império estadounidense, movimentos clericais-nacionalistas e movimentos modernos de liberación -- teñen importantes consecuencias teóricas e práticas. A guerra de EEUU contra Yugoslavia baseada nunha alianza con terroristas Musulmans en Bosnia e Kosovo (ELK), os cregos direitistas de Afganistán e a tentativa de estabelecer unha xunta colonial clerical (Shia) en Irak indican o modo como se articula o imperialismo con direitistas reaccionários contra reximes seculares. O apoio estadounidense e a sua influéncia sobre as élites disidentes de Europa Oriental e a conversión de éstas en vasalos estadounidenses mostran a capacidade do império para cooptar a ideoloxia antiinfluencia e os seus propagadores ao obxecto de afianzar bases militares e estados vasalo políticos. O uso e desuso selectivo de Musulmans, intelectuais seculares, e extremistas étnicos son unha parte fundamental da estratéxia imperial estadounidense para debilitar aos reximes anti-imperialistas e dividir aos opositores ao imperialismo. Isto é particularmente eficaz no caso de críticos nos MAI que carecen dunha perspectiva de clase respecto da natureza do imperialismo, as múltiples formas que toma e as flexibeis concesions que adopta: apoiar aos Musulmans contra os esquerdistas nun momento, atacar aos nacionalistas Musulmans e favorecer a vasalos seculares ou Musulmans en outro momento. A onda actual de MAI inclue forzas seculares e clericais, socialistas e nacionalistas, progresistas e restauracionistas.

Anti-imperialismo en EEUU:
Os movimentos anti-imperialistas foron sumamente débis en Estados Unidos. A excepción do pico con motivo da invasión estadounidense de Indochina entre 1966-1972, houbo poucas actividades anti-imperialistas de masas continuadas. Sen embargo, a opinión pública estadounidense e as protestas electorais dirixidas contra incursións imperiais estadounidenses concretas, non foron infrecuentes. Eséncialmente, podemos identificar vários períodos de oposición pública estadounidense a xeitos da política imperial.
1. 1945-1947 oposición pública estadounidense e manifestacións de tropas de ultramar forzaron aos planificadores imperiais despois da segunda Guerra Mundial a reducir considerabelmente os despliegues de tropas estadounidenses nos paises ocupados e a limitar a intervención estadounidense contra as revolucións China, Indochina, e Socialista Yugoslava.

2. 1951-1953 oposición pública estadounidense á Guerra Coreana conduciu á derrota do candidato presidencial demócrata pro guerra e obrigou a Eisenhower a negociar un armisticio que negou a vitória militar a Washington.

3. 1966-1972 oposición pública estadounidense (manifestacións de masas, e acusada polarización sociopolítica) e o descontento a grande escala entre os militares en Vietnam minaron as bases políticas e militares do poder imperial e contribuiron á derrota do exército dos EEUU.

Posteriormente houbo unha protesta pública continuada sobre a intervención estadounidense de Centroamérica, o apoio estadounidense ao rexime apartheidista sudafricano e mais recentemente á invasión estadounidense de Irak. Estas protestas tiveron un efeito moi limitado para influenciar a política estadounidense. Igualmente importante, a intervención de EEUU en Angola, América Central e América do Sul durante a década de 1973 a 1983, en apoio de mercenarios e/ou golpes militares, produciu pouca resposta pública excepto por parte de pequenos grupos de activistas. A manifestación "anti-globalización" de 50.000 en Seattle en 1999 foi un acontecimento singular - con pouca continuidade efectiva, excepto o rebrote de manifestacións pacifistas de xaneiro-febreiro de 2003.
Qué conta para as raras pero exitosas movilizacións de protesta anti-imperialista en EEUU? Tanto en Corea como en Vietnam, as tropas estadounidenses foron derrotadas ou non foron capaces de gañar e sofreron moitas baixas (vários centos de mles de mortos ou feridos) durante un prolongado período de tempo (de tres a dez anos) a mans das forzas nacionais de liberación. As derrotas imperiais e as baixas devolveron a guerra ás comunidades, vecindarios, lugares de traballo, famílias, e organizacións sociais estadounidenses. En segundo lugar as anteriores guerras libraron-se con exércitos de recrutas forzosos, que incluían ou ameazaban incluir en situacións de combate aos fillos das clases meias e meias altas, afectando asi a un importante sector do electorado.
A ameaza do alistamento forzoso nun exército que xa estaba a sofrer moitas baixas con unha guerra prolongada motivou que moitos homes en idade militar e os seus pais se opuxesen activamente á guerra. En terceiro lugar, as guerras imperiais prolongadas e custosas, ainda que estimularon a economia, levaron a unha perda de valores nos prazas mundiais e fortaleceron aos rivais imperiais estadounidenses, ao tempo que limitaron a capacidade de Washington para intervir e controlar outras rexións do mundo. Sectores das clases dirixintes e políticas comezaron a dar prioridade aos intereses estratéxicos do império en vez de continuar con unha guerra sen esperanzas que chegara a un ponto morto, levando a desacordos entre a elite acerca de como mellor construir un império mundial
Os factores combinados de probada resisténcia popular, baixas militares estadounidenses, medo ao alistamento e desacordos entre a élite, propiciaron os movimentos de masas organizados e oposición sostida. Sen embargo, mesmo nas protestas a grande escala contra a invasión estadounidense de Indochina, a grande maioria non se opuxo ao sistema imperial estadounidense, senón a xeitos concretos do mesmo, como a guerra de Indochina, o alistamento, e as baixas militares estadounidenses. Ao final da guerra, o éxito do movimento era relativo; isto levou a unha redución temporal dos gastos militares (1974-1978), e a resisténcia a novos compromisos masivos de tropas de terra en intervencións manifestas. Posteriormente, durante os anos 1970 a 1990, cando EEUU mudou a intervencións encubertas da CIA (Chile, Argentina, Uruguay), e utilizou exércitos mercenarios en Angola, Mozambique e Centroamérica (Contras Nicaragüenses), produciu-se pouca protesta. Non houbo nengunha oposición de importáncia en relazón coas invasións estadounidenses de paises diminutos, débis, como Grenada e Panamá nos anos 1980 que causaron moi poucas baixas entre os recrutas de EEUU.

Posteriormente, as invasións e ocupacións estadounidenses de rexións como Iugoslavia e Afganistán, ambas en grande parte guerras aéreas con apoio en terra de señores da guerra fundamentalistas Musulmans e terroristas, obtiveron un significativo apoio público en EEUU. A invasión e a conquista de Irak por EEUU confirman esta análise. A exitosa invasión e conquista foron en grande parte resultado da enorme forza militar e bombardeo, unha guerra aérea acompañada pola rendición encuberta dos comandantes militares iraquíes, que conduciron a unha conquista militar rápida e exitosa con un mínimo de vítimas estadounidenses. Sen embargo, a conseguinte ocupación e o governo colonial levaron á oposición popular a grande escala en Irak e a unha probada guerrilla urbana, que causan dúcias de baixas estadounidenses cada semana (mais de catro mil feridos e mais de cento cincuenta mortos) nos seis primeiros meses (Maio-Outubro 2003) A medida que medran a resisténcia guerrilleira iraquí e a oposición popular, e as baixas estadounidenses acumulan-se, a opinión estadounidense comeza a mudar desde o apoio rotundo ás guerras imperiais, á oposición crecente con un 49% de opositores a Bush cara finais de agosto. Isto cadrou con citas para audiencias no Congreso e críticas á guerra na campaña electoral.
Igualmente importante é que a invasión estadounidense de Irak é a primeira guerra imperialista que non foi unida a benefícios socioeconómicos para as clases de masas de salariados e obreiros. O império amplía-se, as compañias petroleiras e os benefícios das corporacións bombean para dobrar dixitos, a medida que o paro aumenta e os recortes nas emprestacións sanitárias e educativas erosionan cada vez mais o nível de vida da masa obreira. A pesar das medidas extremas da agresión imperialista e a severidade dos ataques sobre o nível de vida, houbo pouco "movimento" contra o imperialismo por parte das clases obreira e salariada. En círculos de oposición oficiais e semioficiais, a oposición dirixe-se contra a "propaganda engañosa" (os mentiras do estado) non contra a cuestión fundamental das guerras imperiais. Os disidentes progresistas critican a política concreta que levou á guerra non as estruturas de poder que xeran a política; critican ao rexime de Bush non ao estado imperial. A "solidariedade" existinte dirixe-se aos soldados estadounidenses ("traede aos nosos rapaces a casa") non á resisténcia anti-colonialista do povo contra un exército de ocupación.
O rexistro histórico di-nos que serán necesárias condicións extremas para mover forzas significativas en EEUU que se opoñan á agresión imperial, tais como unha grande crise económica, importante perda de vistas, ou guerras prolongadas de atrición. Debemos ollar cara outra parte (fora de EEUU) para localizar a dinámica dos movimentos anti-imperialistas, precisamente a aquelas rexións e entre aquelas clases que sofreron de cheo o impacto da conquista imperialista.
Impacto do imperialismo na Estrutura de Clases

Os novos MAI de clases xurden do enorme transformazón causado pola penetración e toma de posesión das economias do Terceiro Mundo, en particular en América Latina. O imperialismo, sobre todo a sua política económica e o lograr tomar posesión de sectores estratéxicos financeiros, comerciais, minería, e do petróleo, tiveron grande efeito sobre a natureza cuantitativa e cualitativa de todas as clases sociais de América Latina. Ademais, a política económica imposta polas autodenominadas instituizóns financeiras "internacionais" (FMI, Banco Mundial, Banco Interamericano de Desenvolvimento) tamén contribuiu á transformazón da estrutura de clases. Igualmente importante, a execución selectiva da política de "libre comércio" foi un factor determinante na reestructuración da estrutura das clases urbana e rural. Todos os trocos causados polas clases e instituizóns imperialistas contribuiron de modo decisivo a conformar a natureza dos movimentos anti-imperialistas que xurden. No campo, a política e a clase imperialistas tiveran vários efeitos clave:
1. Minado de pequenos e medianos produtores agrícolas pola política de "libre mercado" que permite a afluencia masiva de exportacións agrícolas estadounidenses subvencionadas.

2. Concentración da propriedade e desprazamento de campesiños de subsisténcia e sen terra a través de empréstitos e axuda a firmas agro-exportadoras (tanto en Latinoamérica como en EEUU) que se especializan na producción de productos de exportación, como soxa, café, e zume de laranxa.

3. Aumento da polarización no campo por acabar coas restrizóns sobre a propriedade estranxeira, e acabar cos títulos comunais da terra, estimulando a estratificación interna.

4. Baixada de prezos a produtores locais, aumentando o prezo do crédito (sobre todo denegando crédito formal e forzando aos pequenos produtores a tomar emprestado a taxas de interese desorbitadas no mercado informal de empréstimos)

O resultado neto é o aumento do número de produtores rurais sen terra, a bancarrota de famílias campesiñas e forzar aos emigrantes rurais á periferia dos centros urbanos rexionais. O empobrecimento de masas inxerido polo império, a concentración da terra e o desprazamento do campesinado foron factores clave para a ignición dos movimentos sociais rurais que estiveron na vanguarda das loitas contra o ALCA, o IFI, e o neoliberalismo. Igualmente importante a política imperial afectou desfavorabelmente a paises con altas concentracións de campesiños e labradores índios e negros, por meio da mecanizazón e eliminación de postos de traballo, o apoderarse da terra de pasto ou o emprego de mecanismos coercitivos ilícitos e legais para se facer con terra de reservas minerais probadas. A financiación de infra-estrutura do IFI case vincula aos grandes agro-exportadores cos mercados, ignorando as necesidades das comunidades rurais. O que é probabelmente mais importante para os pequenos produtores de Bolivia, Perú, e Colombia, programas químicos de "erradicación" deseñados polo império destruiron o sustento de millóns de famílias sen proporcionar nengunha colleita viábel alternativa á producción de coca. O resultado foi a organización e movilización dos movimentos sociais de masas de campesiños en defensa da sua terra, granxas, e comunidades, e un agudo aumento da conciencia anti-imperialista.
Nas cidades, as privatizacións de firmas promovidas polo império e as reducións presupuestarias para pagar aos acreedores estranxeiros tiveron un severo impacto sobre empregados e salariados. Millóns de empregados do sector público, espécialmente dos servizos sociais e a administración pública, perderon os seus empregos e a sua seguranza no posto de traballo e a maioria sofreron disminución de ingresos de até un corenta por cento durante a pasada década. Os novos donos despediron a traballadores industriais, a medida que consolidaban operacións empresariais ou saqueaban os recursos públicos recén adquiridos. O resultado final foi a "proletarización" dos traballadores do sector público como consecuencia dos baixos ingresos, a inseguridade no traballo e a disminución de estatus. O resultado foi un grande aumento da protesta organizada do sector público dirixida contra os programas de "axuste estructural" promovidos polo império - e mais alá contra os autores intelectuais no seo do IFI. A política e instituizóns imperiais minaron estes dous piares de "estabilidade política" da hexemonia imperial, pequenos proprietários rurais e profisionais de ingresos medios do sector público. Os traballadores urbanos en paro e os traballadores rurais desprazados foron concentrados no chamado "sector informal " e nas mal pagadas, sumamente explotadas e fortemente controladas "maquiladoras" (plantas de montaxe) Cada vez mais organizados como movimentos de traballadores en paro, vendedores rueiros autónomos con base no bairro ou organizados en diversos prazas, o liderazgo e activistas en Bolivia, Argentina, Perú, Venezuela e en alguns dos outros paises estiveron na vanguarda de oposición á política imperialista de privatización, como as da auga en Cochabamba, Bolivia e electricidade en Arequipa, Perú e o aumento de tarifas de utilidade pública impostas polas firmas recentemente privatizadas que anteriormente eran de propriedade estatal e están controladas por monopólios estranxeiros. A universidade, os profesores da escola primária e secundária e os estudiantes opuxeron-se ás reducións presupuestarias e o deterioro das escolas públicas e ás reducións salariais ordenadas polo IFI para pagar aos acreedores estranxeiros.
xurdiron protestas ocasionais entre os obreiros das fortemente controladas "maquiladoras", pero os tradicionais sindicatos do sector industrial privado demostraron, ou carencia de interese, ou incapacidade para apoiar a sindicación nas firmas de propriedade imperialista. De feito os traballadores industriais e en particular os seus sindicatos foron os compoñentes menos activos e menos militantes dos movimentos anti-imperialistas. Moitos traballadores temen a perda de emprego en meio dunha masa de traballadores en paro. Igualmente dañino a maior parte dos funcionários do sindicato fixo-se co controlo e vinculou-se estreitamente a pactos tripartiños co estado e a patronal, e rexeitan a acción de clases independente, canto mais a solidariedade anti-imperialista activa. Aparte das denúncias formais ao ALCA, neoliberalismo e SAP, os sindicatos industriais foron actores menores na nova onda de loitas anti-imperialistas en América Latina, moito menos comprometidos que os sectores progresistas da Igrexa Católica. Existen excepcións, pero representan unha minoria, nas confederacións Brasileira, Uruguaya, Chilena, e Argentina.
O imperialismo reestructurou a clase capitalista; centos de miles de fabricantes pequenos e medianos foron levados ao bancarroto ou mudaron á actividade comercial, porque o alto custe e a escasa disponibilidade de crédito cortaron o fluxo de efectivo, as importacións baratas han minado as ganáncias e as CMN espremeron as ganáncias dos subcontratistas. Un patrón similar ocorreu no sector de comércio; enormes almacens por departamentos e supermercados, de capital estranxeiro, reduciron parte da cuota dos negócios particulares pequenos e medianos na venda ao detalle e o sector de alimentación. O resultado neto é un importante aumento de traballadores mal pagados, non sindicados, empregados no sector servizos por emporios xigantescos de capital estranxeiro. A toma de bancos a grande escala por banqueiros estadounidenses e europeos levou a despidos masivos de empregados de banca, e ao estímulo dun aumento enorme do capital especulativo e fluxo legal e ilegal de miles de millóns de dolares de benefícios evasores de impostos, e ganáncias ilícitas. En vez de radicalizar a burguesía, a política imperial criou sócios imperiais, vinculados a redes financeiras e comerciais, un exército de consultores locais, publicistas, conselleiros legais e fiscais e promotores políticos locais que serven como intermediarios para o allanamento, as privatizacións lucrativas, os contratos estatais e os controlos de monopólio de praza. Unha minoria de produtivos capitalistas pequenos e medianos (PYMES) mostra-se activa na procura de crédito mais barato, protección, subvencións e tarifas de servizos públicos mais baixas, pero a sua oposición está atenuada polo seu apoio á lexislación antitrabajo e antisocial promovida polo IFI e polo tanto xogan un papel menor nos novos movimentos anti-imperialistas.
O imperialismo tamén transformou a natureza do estado mediante a intervención militar, chantaxe económico, golpes de estado, e procesos electorais corruptos, ou pola manipulación de eleizóns coa axuda dos meios de comunicación de masas. Os estados en América Latina, príncipalmente o Banco Central, exército, policia, servizos de intelixéncia, altos cargos da administración (todas as "instituizóns permanentes" do governo) son adestrados, adoctrinados e "conectados en rede" polo estado imperial, con algunhas excepcións notabeis. O estado reforza os reximes vasalo imperiais, que substituiron aos reximes populista-nacionalistas do período anterior. O imperialismo estabeleceu os parámetros da política dos reximes vasalos: subordinación imperial en política exterior, libre praza e SAP en política económica, re-concentración de rendas en sentido ascendinte e cara fora en política social, prioridade de pago de déveda a acreedores estranxeiros sobre a reactivación do consumo interno e o investimento.
Este rexime de acumulación centrado no império requere a intervención estatal a longo prazo e grande escala para reasignar os recursos ás empresas imperiais, leis que faciliten o fluxo libre de ganáncias e pago de intereses ao exterior, e intervención a grande escala na sociedade civil para reprimir, cooptar, ou eliminar aos lideres e activistas anti-imperialistas, entre outros, como ocorre en Colombia, Bolivia, Guatemala, Perú, e no campo en Brasil, Paraguay, e México.
O imperialismo moveu-se cara o controlo político manifesto por meio do ALCA, un suposto tratado comercial e de investimento que converterá os estados vasalos en rotundas colónias do novo modelo político-económico formal centrado no império.
Organización de Clase e Política Anti-imperialista

En superfície semella que os movimentos anti-imperialistas abranxen multitude de clases, identidades, estratos que se estenden desde o fondo a perto da cume da hierarquia social. Esta impresión reflecte as opinións dos movimentos "anti-globalización" europeos e os activos en EEUU. Esta imaxe está lonxe da realidade en América Latina. Hoxe como no pasado recente a maior parte dos movimentos anti-imperialistas están integrados por obreiros, parados e subempleados urbanos, estudiantes e traballadores autónomos, e espécialmente campesiños, agricultores de subsisténcia índios e traballadores rurais sen terra. Non hai nengunha "multitude" indiferenciada, mais ben os participantes están organizados e/ou son convocados por organizacións sociais de clase cuxos lideres e organizadores teñen "histórias" de participación na loita de clases e a política de clases, xa sexa no lugar de traballo ou nos vecindarios.
Os movimentos anti-imperialistas contemporáneos son considerabelmente diferentes aos do pasado na medida en que a composición dos movimentos, o mando e as suas forzas políticas tomou as características específicas do período actual. Ante todo está a ausencia dunha "burguesía progresista" como factor hexemónico ou participante. A maior parte da burguesía local puxo-se en contacto baixo corda con firmas imperiais, converteron-se en sócios marxinais, foron mercados, ou beneficiaron-se da lexislación laboral regresiva que baixa os custes da man de obra, ainda cando lles afecte desfavorabelmente a baixada de barreiras arancelarias. En contraste co pasado, o eixo central da base popular dos MAI mudou dos sindicatos industriais ao campesinado e movimentos rurais, porque moitos dos sindicatos están implicados en acordos de negociación colectiva coas CMN e preferen negociar contratos a suscitar cuestións como nacionalización. En contraposición, o sustento dos campesiños e agricultores e casas ven-se afectados directamente e desfavorabelmente pola entrada a grande escala de productos de alimentación subvencionados, programas de erradicación ditados polo império e expansión de corporacións agro exportadoras de capital estranxeiro.
En terceiro lugar os movimentos anti-imperialistas actuais non están baixo a influéncia de estados externos como URSS e China como acontecia no pasado e tiñan asi maior flexibilidade táctica e unha nozón mais clara da dinámica de clases interna da explotación imperialista. No pasado a axenda anti-imperialista estaba influenciada en parte polas prioridades dos "aliados" externos, hoxe as prioridades anti-imperialistas están determinadas internamente e as accións internacionais basean-se en consultas abertas. Finalmente o liderazgo dos MAI é hoxe moita mais propensa á acción directa e loitas de clases sustidas vinculadas ao antiimperialismo e menos a grandes manifestacións simbólicas. Os Foros Sociais, sexan mundiais ou rexionais ou nacionais, son lugares de encontro para movimentos e outros para trocar ideas, pero non proporcionan liderazgo ou programas nen tampouco proporcionan recursos para as loitas anti-imperialistas diárias en curso dentro dos estados nazón.

Cuestións Teóricas

A clave para os novos MAI atopa-se na sua análise teórica que localiza a contradicción central entre clases e non estados. Os novos MAI vinculan a explotación de clases á pillaxe imperialista, a diferenza do pasado onde os conflitos se percebian como conflitos entre blocos, como o Socialista contra os estados Capitalistas, ou reximes, como o Terceiro Mundo contra o Primeiro Mundo. Os novos MAI ven claramente que as diferenzas de clase e as desigualdades internas están vinculadas e reforzadas pola coalición de CMN e estados imperiais. A penetración imperial do estado nazón, en particular a cúpula do estado, e o rexime e hierarquias financeiras significa que as clases imperialistas e clases colaboradoras locais son o ponto inicial de conflito entre capital e traballo. En outras palabras, o imperialismo non simplesmente influi e controla as estruturas nacionais económicas, culturais e políticas, senón que tamén opera nos níveis macro e micro políticos e socioeconómicos. O resultado é que o anti-imperialismo se expresa en ambos níveis, o nacional en forma de grandes manifestacións nas principais cidades, pero tamén a nível municipal e ao nível da cidade. Ademais os diferentes movimentos antiimperiais con frecuéncia interconectan-se e intensifican-se indo do local ao nacional, pero tamén á viceversa.
Por exemplo en Bolivia, na rexión de Chapare e en Cochabamba, tiveron lugar duas importantes loitas anti-imperialistas a nível micro de cidade/campo. No caso de Cochabamba, foi sobre a privatización da auga por unha empresa estranxeira, e en Chapare foi sobre a política estadounidense de erradicación de coca. Estas loitas locais ian unidas a loitas mais grandes contra a imposición da política neoliberal que minou o emprego local agrícola e de fábrica e a financiación do sector público o que á sua vez conduciu a movimentos anti-imperialistas contra o ALCA, o Fondo Monetário Internacional e o imperialismo estadounidense.
A clave para os novos MAI é precisamente o vínculo directo entre o político macro imperialista e os seus impactos sobre a clase sectorial e local que serven para ampliar a conciencia dos traballadores e campesiños desde o nível de simples demandas económicas ás loitas políticas nacionais. Por exemplo as SAP (políticas de axuste estructural) impostas por instituizóns financeiras euro-estadounidenses sobre a economia Peruana e Argentina causan despidos masivos e reducións salariais aos funcionários, en especial aos mestres e traballadores da sanidade. Isto levou a enormes manifestacións públicas exixindo aumento de salários e a ataques contra o rexime que implementaba as SAP e os ditados do IFI en política asi como os estrategas imperiais estadounidenses e os banqueiros que se benefician dos pagos de intereses garantidos por excedentes estatais.
As protestas mais grandes e mais estendidas contra o imperialismo estadounidense van unidas á ampla ringleira de clases afectadas pola política macroeconómica do imperialismo estadounidense e as clases específicas e sectores públicos afectados polas SAP, as doctrinas de Libre Comércio e os funcionários imperiais con ostensibel poder de decisión que impoñen esta política.
A alta visibilidade das estrategas imperiais, a sua clara identificación co estado imperial, o negativo e sostido impacto directo da política económica imperial proporciona á masa de clases estoupadas unha obxectiva moi clara para a sua oposición e movilización. As clases populares non requiren grande esforzo para identificar as fontes da sua adversidade cando o Fondo Monetário Internacional dita SAP que provocan a disminución da financiación do sector público, perda de emprego público e acabación de clínicas nos bairros, aulas atestadas, folgas de profesores e mendicidade infantil. Os MAI xa non son movimentos nacionalistas dominados pola clase meia, son movimentos de clase porque o imperialismo está empotrado no traballo diário e na supervivencia familiar.
Movimentos e Reximes Anti-imperialistas

En contraste coa retórica triunfalista de EEUU, Grande Bretaña e Israel despois da exitosa invasión militar estadounidense de Irak e Afganistán, os movimentos anti-imperialistas están a gañar terreno en vários frontes.
En Afganistán os movimentos anticoloniais están-se a reagrupar e lanzaron vários ataques con éxito, en particular contra as axéncias civis da ocupación colonial. O que é ainda mais asombroso, o movimento de resisténcia iraquí causou baixas diárias ás forzas de ocupación anglo-estadounidenses. As protestas civis masivas e a hostilidade diária de millóns de iraquíes están erosionando sériemente a moral das tropas de ocupación. Os esforzos israelíes, apoiados por sionistas estadounidenses no Pentágono, para estender a Guerra de Oriente Meio a Irán, Síria e Líbano, e provocar unha renovación da guerra contra os Palestinos, incrementan a actividade anti-imperialista e elevan a conciencia por todas partes de Oriente Meio. Pero é en América Latina onde a intersección da extensión imperial estadounidense e o aumento do descontento popular co declive do nível de vida é mais intensa. Despois de catro anos de medra negativa (1999-2002) e altos niveis de transferéncia de riquezas a EEUU e Europa, América Latina representa a ilustración simbólica e substancial mais clara de todos os males do império.
Para analisar os movimentos anti-imperialistas é importante distinguir entre eventos anti-imperialistas e loitas en curso e movimentos organizados. Por exemplo, o referendo antiALCA en Brasil en xullo de 2002 incluía unha coalición de movimentos, grupos progresistas da igrexa e partidos de esquerda. Once millóns de persoas votaron no referendo, convertendo-o nun importante acontecimento, destacando a oposición activa ás pretensions coloniais estadounidenses. O referendo foi un acontecimento, a converxéncia simultánea das forzas sociais nun movimento específico. Un acontecimento similar pero mais amorfo foron os "Foros Sociais Mundiais" que se reuniron, aprobaron resolucións e entón disolveron-se ou voltaron a organizar foros sociais nacionais. polo contrário, as organizacións de cocaleiros de Bolivia están nunha loita contínua contra a política, instituizóns e axéncias do imperialismo estadounidense profundamente implicadas na dirección da política agraria do país e o controlo das pólas executivas e militares do governo. Ao falar de antiimperialismo é importante sinalar os movimentos continuados e non simplesmente unha recitación dos actos internacionais que receberon a maior parte da publicidade, pero tiveron menos efeito no troco do governo imperial que as loitas nacionais continuadas dos movimentos en curso.
Os movimentos anti-imperialistas de América Latina desenvolveron-se de modo desigual. Poden-se identificar tres níveis: a) movimentos continuados a grande escala, b.) Movimentos que son a grande escala, pero non son continuados no tempo, c) movimentos que son esporádicos e de dimensions menores. Tamén podemos distinguir entre movimentos que son coerentemente anti-imperialistas e aquilos que combinan o antiimperialismo conciliándolo con imperialismo.

Movimentos Continuados, a Grande Escala

Amarya Sen e outros argumentaron que os reximes electorais, os que eles denominan governos "democráticos", xeran maior equidade, desenvolvimento e estabilidade política que as ditaduras. Este argumento é engañoso por vários motivos. Primeiro, a pesar de celebrar eleizóns, moitas das decisións clave socioeconómicas dos reximes electorais son tomadas por élites estranxeiras e domésticas non escollidas, e causaron maiores desigualdades, pioramento do nível de vida, e medra negativo ou regresivo.
Os catro paises onde os movimentos anti-imperialistas son mais fortes, son todos reximes electoralistas e todos eles vasalos económicos de EEUU, que seguiron a política ditada polo império durante as duas décadas pasadas.
O rexime permanente electoral mais antigo, Colombia, estivo baixo lei cuasi marcial durante o meio século pasado e recebe a maior cantidade de axuda militar estadounidense, conselleiros e contratación de forzas estranxeiras mercenarias de América Latina. Colombia é tamén o sítio de maior, mais combativo e continuado movimento anti-imperialista de América Latina. Conta con dous exércitos populares guerrilleiros nacionais e importantes movimentos sociais. En Colombia, os guerrilleiros son o compoñente mais importante do movimento anti-imperialista. As Forzas Armadas Revolucionárias de Colombia (FARC) contan con vinte mil combatientes e case dez mil partidários activos entre as suas milicias urbanas, comandos e unidades de apoio rural que cobren a metade dos municípios do país. O Exército Nacional de Liberación (ELN) ten catro mil quiñentos combatientes e probabelmente outras cinco mil simpatizantes civis nas cidades e en províncias específicas. Os reximes militar e de escuadrons da morte paramilitares diezmaron durante anos aos movimentos civis anti-imperialistas legais. Mais de douscentos cincuenta lideres sindicais foron asasinados entre 2002 e agosto de 2003, con moito as cifras mais altas do mundo.
En contraposición aos movimentos anti-imperialistas de outras partes, as FARC-ELN apontan ao derrocamento do rexime vasalo e a toma do poder estatal para acabar co controlo imperialista da economia, exército e estado. Teñen un vasto programa multi sectorial que inclue a oposición ao ALCA pero se amplía á oposición á propriedade estranxeira dos recursos naturais, finanzas, pago de déveda externa e o estratéxico "Plano Colombia" estadounidense.
Se as condicións socioeconómicas de Colombia son similares ás do resto de América Latina. Qué conta para a medra dun movimento anti-imperialista revolucionário en Colombia e non tanto no resto de América Latina? Podemos supor vários factores. O sumamente represivo sistema político colombiano elimina aos críticos políticos do imperialismo, tais como a Unión Patriótica, o movimento electoral dos anos 1980 que sofreu cinco mil mortes a mans do rexime e os seus aliados paramilitares. Hai unha grande tradición de resisténcia armada rural popular contra o controlo centralizado dun governo vinculado a terratenientes locais e narcotraficantes. Finalmente, a organización do movimento guerrilleiro rural e o seu mando encabezado por Manuel Marulanda, quen ten estreitos lazos co campesinado, co sesenta e cinco por cento dos loitadores guerrilleiros que proceden do campo, mantivo a sua independéncia respecto aos reformistas urbanos e partidos electorais. A presenza desde fai moito tempo de forzas contrarrevolucionarias estadounidenses e os seus tácticos de desprazamentos de masas de campesiños, erradicación de lucrativas colleitas de agricultores familiares e a alianza de EEUU coas forzas militares/paramilitares e terratenientes clave radicalizaron o campo. O "ultra decidido" papel de EEUU, na estratéxia militar e intervención durante mais de corenta anos, as tradicións históricas de insurreizón rural vinculadas a lideres rurais e a carencia de espazo democrático foron os elementos clave para nutrir o movimento anti-imperialista mais poderoso de América Latina.
O segundo movimento anti-imperialista de masas mais importante atopa-se en Bolivia. Outra vez, a vasta e antiga intervención militar, política, e financeira estadounidense, o apoio estadounidense a reximes militares e golpes de estado, a erradicación de colleitas e o apoio aos feches de minas, produciu unha conciencia anti-imperialista profundamente asentada e moi estendida. Desde a intervención estadounidense na post-revolución nacionalista de 1952, á promoción de xuntas militares pro-estadounidenses nos anos 1960, 1970, e 1980 ao fecho US-FMI das minas de estaño, a masiva e violenta campaña de erradicación de coca dos últimos vinte anos, a política de EEEU e a entrada na política boliviana tiveron un impacto negativo de grande duración e a grande escala sobre os mineiros urbanos, os traballadores da fábricas (polas doctrinas de libre comércio) e os campesiños. O segundo factor é a antiga tradición de revolución e loita anti-imperialista, desde a revolución de 1952 e a formación de milicias de traballadores, á Asamblea Popular de masas de 1970-1971, á história de repetidas folgas xerais, aos actuais bloqueos masivos de estradas por grupos de campesiños militantes, ao erguemento popular rural-urbano de febreiro de 2003 contra a política US-FMI, os movimentos Bolivianos populares demostran unha capacidade para a loita continuada.
O terceiro factor é o liderazgo político e social de masas dos agricultores de coca e os seus disciplinados e democráticos movimentos sociais e sindicatos. O líder popular, Evo Morais, combina a acción rural directa coa política urbana electoral para construir un movimento anti-imperialista nacional que unha as demandas locais para acabar coa erradicación de coca dirixida por EEUU á oposición ao ALCA. En Bolivia, a loita anti-imperialista ten apoio popular cimentado na sua relazón coa supervivencia familiar e laboral.
En Arxentina, Brasil, e Ecuador hai movimentos anti-imperialistas a grande escala que combinan unha rexeizón consciente ao FMI e á política de desenvolvimento ditada polo império, con actos de masas en protesta dos pagos de déveda exterior, ALCA, e outras manifestacións do poder imperial. Estes movimentos, sen embargo, non están unidos a un proxecto para chegar ao poder político e carecen dun mando político unificado e organización. Non obstante, mostraron capacidade para expulsar reximes apoiados (Argentina e Ecuador) e rexistar oposición de masas ao ALCA (referendo de once millóns en Brasil en 2002). No resto de América Latina hai ampla oposición ao ALCA, á "política neoliberal" dirixida polo império, ao Plano Colombia e mais a iniciativas pro-imperialistas do rexime, como o programa de privatización de Toledo en Perú, que acendeu protestas nacionais de masas.
Ademais dos movimentos anti-imperialistas, hai dous governos opostos ou que son parcialmente independentes do imperialismo: Cuba e Venezuela. Cuba estivo na vanguarda da loita contra o imperialismo desde Sudáfrica a América Latina e mais alá. A diferenza de outros reximes de esquerdas e nacionalistas do pasado, como o de Allende en Chile (1973), Goulant en Brasil (1964), e vários outros, o rexime revolucionário de Cuba derrotou satisfatóriamente os esforzos estadounidenses para o derrocar . A diferenza de outros reximes ex-esquerdistas e ex-nacionalistas como os Socialistas de Chile, e os Fibulistas de Argentina e o Partido dos Traballadores de Brasil, Castro rexeitou retirar-se á política pro-imperialista.
Que é o que explica a antiga traxectória de Cuba como un país anti-imperialista ante o derrocamento ou decadencia de outros reximes de esquerdas? Hai vários factores tanto internos como externos. O rexime cubano é o resultado dun proceso e liderazgo revolucionários que destruiron o vello aparello estatal e construiron satisfatóriamente unha sofisticada organización de seguranza da pátria para neutralizar aos terroristas e sabotadores. En segundo lugar, Cuba ten unhas forzas armadas grandes, profisionais, somamente motivadas e estreitamente vinculadas ás masas populares, subordinadas ao mando revolucionário e capaces de defender Cuba dunha invasión frontal de EEUU (En simulacros de 'xogos de guerra' o Pentágono estimou unhas baixas estadounidenses de decenas de milleiros nunha invasión de Cuba por terra). En terceiro lugar, o mando revolucionário cubano orixinal logrou reproducir unha nova xerazón de cuadros revolucionários e técnicos, que asumiendo as rédeas do poder, defendan os benefícios sociais orixinais da revolución. En cuarto lugar, a grande maioria de traballadores e campesiños cubanos están considerabelmente mellor que as suas colegas de América Latina e desfrutan dos benefícios de asistencia social que non están a disposición dos exilados cubanos en EEUU. En quinto lugar, o mando cubano logrou conseguir favorabeis acordos comerciais, militares e económicos coa URSS e China para resistir os ataques militares estadounidenses e o embargo económico. Posteriormente o mando cubano logrou reestructurar a sua economia no período postsoviético e desenvolver relazóns comerciais e económicas con Europa, Asia, e América Latina. Mais recentemente desenvolveu lazos mútuamente beneficiosos con Venezuela, asegurando-se fontes enerxéticas estratégicas. Finalmente, a política estadounidense de constante hostigamento e ameazas militares minaou aos grupos de Cuba orientados cara unha conciliación co imperialismo. Noutras palabras, o anti-imperialismo para Cuba é tanto unha necesidade como un ideal.
Venezuela, baixo o Presidente Chávez apresenta unha imaxe mais ambígua, similar á daqueles antigos nacionalistas latinoamericanos. Segue unha política exterior independente, opondo-se a guerras imperialistas como a invasión de Irak e programas de contrainsurgencia como o Plano Colombia, promovendo a solidariedade e relazóns fraternais con Cuba, e criticando o ALCA. En política doméstica, sen embargo, seguiu unha política neoliberal, privatizando firmas públicas, oferecendo concesions petrolíferas a MNC estadounidenses, pagando a déveda exterior e seguindo unha política monetária e presupuestaria abondo ortodoxa. A clave da política ambígua ou contradictoria de Venezuela atopa-se no proceso polo cual Chávez atinxiu o poder, as alianzas de clase e os programas que previu para gobernar o país e a sua opinión liberal da estrutura política e social do país. Chávez formou alianzas con unha ampla série de forzas sociais e políticas e a maior parte incluían un número importante de grupos e personalidades neoliberais e pro imperialistas, que posteriormente desertaron cara a oposición a favor do golpe de estado. A diferenza de Cuba, Chávez non organizou un movimento sociopolítico de masas coerente que apoie ao seu rexime. O desafogo do apoio popular de masas que o reabilitou no poder tras o tento de golpe de estado foi sobre todo espontáneo. Só tras levar tres anos no poder está a ter lugar a organización dunha federación de sindicatos pro-Chávez e se están a organizar os vecindarios por meio dos 'Círculos Bolivarianos'. Chávez ainda depende de mandos militares "institucionais" e a sua lealdade persoal para defender o rexime. A maior parte destes oficiais non tomaron parte en nengunha experiencia social revolucionária; excepto o de se opor a dous intentos de golpe de estado orquestrados por EEUU. En terceiro lugar a ideoloxia de Chávez nunca puxo en dúvida as desigualdades de clases, e as propriedades e riqueza das clases superiores. As suas reformas construen-se en torno a estes obstáculos á xustiza social. Considerando esta complexa situación, dunha economia política de direitas, unha administración pública de lealdade e competéncia duvidosas e unha política exterior de independéncia nacional, os limites do anti-imperialismo de Chávez fican claros: son políticos, non económicos, tolera unha burguesía pro imperialista e CMN estadounidenses nos sectores estratéxicos da economia e moviliza aos pobres urbanos radicalizados que son mais consecuentemente anti-imperialistas no concerninte á propriedade e o controlo da economia doméstica.
Tanto os movimentos anti-imperialistas como os estados criaron cantidade de partidários conscientes, que son activados para loitas locais, nacionais, e internacionais. Todos os movimentos e reximes exitosos desenvolveron potentes lideres vinculados de antigo á loita de masas. Ainda mais importante, os movimentos mais grandes e mais boiantes medraron en conflito directo con EEUU. En Cuba, Colombia, Bolivia, Venezuela, a fallida intervención armada ou os golpes militares radicalizaron aos partidários do povo. Igualmente significativo, os movimentos anti-imperialistas son fundamentalmente movimentos de clase, non unha multitude amorfa. As bases das masas dos guerrilleiros en Colombia son campesiñas, os movimentos anti-imperialistas urbanos se fundamentan en asalariados e obreiros. En Cuba, a masa de obreiros e campesiños e en Venezuela os urbanos pobres son a base dos MAI. O que é asombroso é a ausencia de algun sector significativo da burguesía a pesar do feito de que o controlo imperial de prazas, crédito e política estatal perxudicaron a moitos grupos até os levar á bancarrota. Os grupos pivotais de Colombia, Brasil, Argentina, e Perú son os funcionários que foron machacados polas reducións presupuestarios ditadas polo império. No caso de Venezuela, Paraguay, e México os empregados do sector público estiveron divididos, sectores importantes que deben os seus empregos ao patrocinio político se uniron aos seus patronos de partido a favor do imperialismo.
A base de clase popular dos movimentos anti-imperialistas influiu nas tácticas de acción directa dos movimentos e asimismo involucraron-se debido ao emprego de tais tácticas.

Tácticas e Estratéxias dos MAI

Os MAI, a sua medra e extensión en todas partes do mundo son en parte resultado do éxito da política de acción directa que, á sua vez, é resposta aos fracasos e traizóns dos partidos electorais de ex-esquerda. Para entender a política de "acción directa" dos MAI, é importante contextualizá-la. Destacan dous factores: a agresividade crecente do imperialismo estadounidense e europeo, tanto no seu vertente económico como no militar, e a colaboración activa dos partidos tradicionais Socialdemócratas e ex-Comunistas e os sindicatos, cos reximes implicados nas conquistas imperiais. Na variante estadounidense, é a ausencia dunha alternativa electoral ou sindical significativa, ao imperialismo, o que obriga á oposición na rua.
Os actos dos MAI en EEUU e Europa difiren considerabelmente dos que ocorren en América Latina, ainda cando existen pontos de semellanza e converxéncia de activistas. En EEUU e Europa, a táctica principal e o foque da organización son os Grandes Acontecimentos como Seattle, Génova, Davos, e Barcelona, onde un número enorme de ONG, sindicatos, e grupos anti-globalización converxen para protestar contra as xuntanzas dos poderes imperiais, tais como a OMC e o G-7. Estes eventos serven para mostrar o alcance e profundidade da oposición popular á política imperialista, para educar ao "público pasivo" e se cadra para forzar aos governantes imperiais, en particular en Europa, a voltar-se mais circunspectos no seu apoio aos proxectos estadounidenses para a conquista mundial. Estas movilizacións tamén serven aos MAI como lugar de encontro para trocar ideas, coordinar futuras actividades e criar redes de solidariedade en caso de represión, particularmente en América Latina.
En América Latina o obxectivo principal dos MAI está na loita dia a dia contra o imperialismo; as movilizacións contra as constantemente recorrentes privatizacións, e a série infinita de SAP e programas de esgreviidade do FMI e exixéncias de pagos da déveda, a profunda penetración de operacións militares estadounidenses en programas de contrainsurgencia e de erradicación de colleitas e intentos de golpes de estado orquestrados por EEUU. Ainda que estas confrontacións receben moita menos publicidade que os Grandes Acontecimentos dos paises do Norde, involucran a mais traballadores e campesiños e obtiveron resultados concretos no bloqueo da privatización, na loita sustida e na educación da povoazón local. Os Grandes Acontecimentos, como o Foro Social Mundial e os seus derivados nacionais e mesmo municipais, realmente ocorren en América Latina. Serven a unha función educativa, pero teñen mais de impacto simbólico ou inspirador para os participantes que de impacto directo sobre as conquistas imperiais. De feito, co tempo o FSM pasou de ser un crítico do imperialismo a unha empresa moito mais ambíguo, sobre todo debido a que un dos seus patrocinadores clave, o Partido de Traballadores de Brasil, converteu-se nun partido pro imperialista.
Hai diferenzas mais profundas entre a táctica dos movimentos de Grandes Acontecimentos no Norde e as loitas sostidas populares de América Latina. os movimentos do Norde son unha mistura de reformadores progresistas do imperialismo, radicais anticapitalistas e sindicalistas proteccionistas chovinistas, que o fan difícil de concretar para activistas en curso. Ademais os Grandes Acontecimentos, aparte de barricadas espallas pola rua, algunhas xanelas rotas e contedores de lixo queimados, teñen pouco impacto sustido sobre as estruturas políticas ou as actividades económicas diárias dos poderes imperiais, mesmo no mesmo país no que teñen lugar os acontecimentos.
Pola contra en América Latina, os movimentos MAI paralizaron a actividade nacional de transporte e económica co mantemento de bloqueos populares de ruas, toma de edifícios públicos e folgas xerais contra a privatización. Estas accións tiveron impacto para forzar aos reximes a retirar decretos de privatización, limitou os programas de erradicación estadounidenses, contrarrestou a intervención militar estadounidense e derrotou golpes militares orquestrados por Estados Unidos. Nunha palabra, as tácticas dos MAI latinoamericanos son moito mais políticas que sociais, mais anticapitalistas que reformistas, mais centradas no poder que en protestas simbólicas e serven de experiencia educativa aos lideres políticos pola praxis mais que por conferéncias públicas de prohombres de ultramar.
A disxunción profunda entre a loita anti-imperialista das FARC, os cocaleiros, as masas venezolanas e os movimentos do Norde é evidente na abundante publicidade dos meios de comunicación e a solidariedade que receben estas últimas e a atenzón e solidariedade mínimas dos anteriores. Cando sesenta activistas anti-imperialistas bolivianos foron asasinados entre xaneiro e febreiro de 2003 apenas houbo protesta por parte das ONG do Norde, sindicatos ou intelectuais progresistas; cando un activista italiano foi asasinado en Génova, houbo protestas mundiais, petición de investigación parlamentária, e se converteu nun ponto de referéncia para o movimento do Norde. Nunha palabra, o movimento anti-imperialista a pesar das suas pretensions de ser "internacionalista" ainda reflicte diferenzas profundas no grau de solidariedade recíproca.
As diferenzas tácticas reflicten-se nos obxectivos estratéxicos contrapostos dos MAI do Norde e de América Latina. A maior parte do movimento do norde (en especial as ONG) son profundamente reformistas, atacan o "capital especulativo", os preparativos de guerra, os excesos das CMN, peden a taxa Tobin e códigos de conducta para as CMN, e apoian as resolucións da ONU contra as guerras. En América Latina os MAI loitan para transformar o sistema capitalista, substituir aos que detentan o poder e expresan solidariedade cara a xente colonizada do Terceiro Mundo.
Mais expresivamente, existen profundas diferenzas políticas entre os intelectuais do Norde e os Latinoamericanos en relazón coa intervención imperialista e a solidariedade con Cuba. Os intelectuais estadounidenses e europeos "Progresistas" condenaron a deteción por parte Cuba de axentes financiados por EEUU que se fan pasar por disidentes e a aplicación da pena capital aos terroristas que piratearon un buque cubano e ameazaron as vidas dos seus pasaxeiros. En Latinoamérica a grande maioria de intelectuais e movimentos anti-imperialistas declararon a sua solidariedade con Cuba, recoñecendo a financiación e o controlo estadounidense dos "disidentes".
As ambigüidades e inconsistencias dos intelectuais do Norde e ONG anti-imperialistas explican-se en parte polos poderosos meios de comunicación, parceiros, e presión gubernamental, que etiquetan aos anti-imperialistas latinoamericanos como "terroristas", "autoritarios", "e narcotraficantes". Os intelectuais progresistas do Norde atenúan as suas críticas ao imperialismo coa condena dos anti-imperialistas latinoamericanos que non encaixan no seu modelo preconcebido de oposición. Esta política de facer equivaléncias morais atinxe o seu ponto mais baixo na guerra colonial de EEUU contra Irak, onde os principais críticos intelectuais á guerra estadounidense, refugaron apoiar a resisténcia anticolonial iraquí durante a invasión ou mesmo durante o período post Saddam Hussein.
A pesar de moita retórica internacionalista e de solidariedade, a oposición do Norde (en particular en EEUU) ten un mouro rexisto: moitos sectores apoiaron a invasión de estadounidense de Iugoslavia e Afganistán, moitos criticaron a invasión estadounidense de Irak, pero condenaron igualmente a resisténcia iraquí; a maior parte critican o ALCA, ao tempo que tamén critican aos principais reximes de América Latina que se opoñen ao mesmo, a saber Cuba e Venezuela
En América Latina case todos os principais movimentos MAI e lideres e intelectuais principais apoian a revolución cubana e expresan a sua solidariedade na maior parte das movilizacións de masas contra os golpes de estado organizados polo imperialismo, ALCA e outros actos de conquista imperial. Tras as diferentes actitudes cara Cuba existe unha diferenza estratégica mais profunda - os movimentos e intelectuais de EEUU están ainda maiormente atados ás instituizóns pro imperiais da sociedade civil (o Partido Demócrata "de esquerda", a pro imperial AFL-CIO, a confederación de sindicatos partidários do golpe de estado) e sempre se botaron atrás no apoio dos logros revolucionários sociais de América Latina. A carencia dunha visión comun mostra os limites de calquera alianza estratégica entre os MAI estadounidenses e os latinoamericanos.

Conclusión
A maior parte dos MAI estadounidenses están formados por profisionais da clase meia, estudiantes e ONG afiliadas. A grande maioria dos MAI de América Latina están-o por traballadores, pobres urbanos, campesiños, funcionários e estudiantes de clase meia baixa de províncias. Os movimentos estadounidenses están moi vinculados aos movimentos ecologistas, sindicatos proteccionistas e movimentos cidadáns pacifistas e progresistas. En EEUU, o imperialismo é visto negativamente debido aos seus efeitos sobre a meia ambiente, liberdades cívicas, perda de empregos e as suas imorais intervencións estranxeiras e os seus engaños asi como a sua degradación da política democrática en Estados Unidos. En América Latina os MAI está baseados nos impactos negativos directos sobre nível de vida, empregos, producción agrícola e controlo da política económica. Os lazos entre imperialismo e estados represivos e organizacións paramilitares son un importante ponto de confrontación. O resultado é un coñecemento anti-imperialista moito mais profundo e mais comprensivo que percive as "divisións sectoriais" dos MAI estadounidenses e europeos. O ponto teórico é que as relazóns de clase e posicións diferentes na estrutura de clases en Europa, EEUU e América Latina teñen un impacto directo sobre a aparición dos diferentes níveis de coñecemento anti-imperialista. O desigual impacto da política imperialista, o seu impacto directo sobre as vidas dos Latino Americanos e os efeitos indirectos en EEUU e Europa causaron un desenvolvimento desigual da acción militante, o seu alcance e mantemento. Os MAI relixiosos e seculares do Terceiro Mundo cadran na sua oposición ao domínio estadounidense, pero diferen nos seus obxectivos estratéxicos, en particular no Oriente Meio.
A aparición de MAI a escala mundial, a pesar das suas flutuacións en EEUU e Europa e a sua represión en Oriente Meio e América Latina mostran as vulnerabilidades do imperialismo estadounidense e europeo. O transformazón da OTAN nun exército de ocupación colonial e o rápido desenvolvimento de forzas armadas imperiais é en grande parte unha resposta á nova resisténcia anti-imperialista asi como un impulso para impor o domínio colonial.
As configuracións de clase do os novos MAI, o seu relevante carácter popular, e a sua relazón coa resisténcia contra o domínio colonial manifesto (sexa en Afganistán, Irak, ou a través do ALCA en América Latina) asegura que non é probabel que a loita sexa traicionada pola deserción de nacionalistas burgueses. En outras palabras as forzas de clase involucradas son as que probabelmente se vexan mais perxudicadas polo abandono da loita anti-imperialista. Hai encaixados nos movimentos intereses de clase esenciais que proveen a basee para a continuidade das loitas. A vulnerabilidade do imperialismo fica claramente evidente nunha série de derrotas tácticas; o investimento do golpe venezolano de abril de 2002; o reagrupación e aumento de actividade da resisténcia anticolonial en Afganistán; a resisténcia guerrilleira anticolonial de Irak; o fracaso do Plano Colombia para derrotar ás FARC, ELN, e movimentos cívicos; a crecente resisténcia continental ao ALCA. O governo imperial está baseado nas relazóns de clase e a medida que medra a resisténcia no Terceiro Mundo e medran os custes humanos e gastos económicos de EEUU e Europa, comezan-se a xerar conflitos políticos e sociais no seo de e entre os poderes imperiais de EEUU e Europa e nun futuro non lonxano poderian causar un desafio unificado ao poder imperial.