|
A
Fronte Popular para a Liberación de Palestina FPLP
As raíces do FPLP veñen do Movemento Nacional árabe (MNA), un movemento político establecido despois do ano 1948 a raíz do Nakbe (a catástrofe). creouse como unha resposta á derrota dos regimenes árabes na guerra con Israel que levou á perda de Palestina. O MNA, originalmente naceu na Universidade Americana de Beirut en Líbano, rápidamente estendido ao longo do mundo árabe. Dr. George Habash foi o seu fundador e o seu primeiro secretario xeral. Antes da derrota de xuño de 1967, había unha alianza forte entre o MNA e Gamal Abdul-Nasser en Egipto. Había coincidencias na revolución árabe en xeral, e a liberación de Palestina en particular, así como nas tácticas e o logro de metas, aínda que as diferenzas de opinión existiron nos problemas menos. Logo da derrota de 1967, o MNA chegou á conclusión que o programa de Nasser fallara, debido á súa incapacidade comprender calquera dos obxectivos da revolución árabe, como, a liberdade, unidade, socialismo, e a liberación de Palestina (estes son os principios do MNA). Os factores que levaron a esta conclusión foi o fracaso para a unificación de Egipto e Siria, así como o feito que cada MNA local se agrupan en países distintos e estaban preocupado polas súas propias axendas locais e nacionais. Esta realidade levou ao MNA traballar cara á construción unha nova forza política para superar os problemas. Por conseguinte, en 1967, a rama Palestina do MNA estableceu o FPLP, onde Dr. George Habash foi elixido o seu primeiro Secretario Xeral. En 1972 Abu Ali Mustafa, foi elixido como Vicesecretario Xeral. o FPLP realizou seis congresos nacionais, o primeiro no 1967 de agosto, e o último en xullo do 2000. A visión estratéxica do FPLP está baseada no seguinte: 1. a liberación da ocupación militar israelí 2. a construción dunha sociedade democrática 3. o recoñecemento que o pobo palestino é parte íntegra da Nación árabe 4. o recoñecemento que a loita do pobo palestino é pola liberación, a democracia, o progreso e a xustiza social Sobre a ocupación israelí de Palestina, o FPLP cre que a resistencia á ocupación militar estranxeira a través de calquera medio é un dereito lexítimo, entendido e protexido polas resolucións da ONU, convenciones e a legalidad internacionais.
Maior información : Web en Ingles : www.pflp-pal.org Web en Árabe: www.pflp-palestine.org |