
MANIFESTO
POLÍTICO
EMITIDO
POLO FRENTE POPULAR PARA A LIBERACIÓN DE PALESTINA POLO SEU ANIVERSARIO
TRIXÉSIMO NOVENO
Ás
masas de noso heroico pobo palestino,
No día once de Decembro de 1967 foi cando naceu o FPLP, e para
conmemorar esta fecha, o FPLP, co seu liderado, seus cadros, seus militantes
e seus combatentes, presentan ás masas do pobo palestino e demáis
pobos árabes alá onde se encontran, así como as
forzas dos movementos de liberación e progreso en todo o mundo,
seu agradecemento e súa consideración polo seu apoio e
soporte ao FPLP ao largo dos anos da súa longa loita. Así
tamén, saúdan ás masas da nosa nación árabe
e ao pobo palestino nos territorios palestinos ocupados en 1948, en
1967, na diáspora e, a todos os mártires do pobo palestino
e da nación árabe que morreron no campo de batalla pola
dignidade, defendendo a nosa causa patriótica e nacionalista,
e a cuxa cabeza, están os camaradas e compañeiros os lideres
Abu Ali Mustafa, Yaser Arafat, Ahmad Yasin, Fathi Al-Shaqaqui, Zuheir
Muhsen, Tilaat Yacoub, Majed Abu Sharar, Abu Alabbás, Khaled
Nazzal, Jihad Gibril, Hasan Shaker y Fahed Awaad. Saudamos tamén,
aos loitadores do noso pobo que están nas cárceres da
ocupación sionista, entre quenes, se encontran mulleres, homes,
nenos e anciáns, así como, aos camaradas e compañeiros
das distintas faccións da resistencia palestina, entre quenes,
están o camarada secretario xeral do FPLP Ahmad Saadat e o vicesecretario
o camarada Malouh.
Queremos dirixir un sincero saúdo, nesta ocasión, aos
compañeiros de Hizbulá que demostraron sobre o terreno,
que vencer ao enemigo sionista, é unha posibilidade realista
en contra do que difunden algúns réximes e forzas políticas
árabes derrotistas. Así tamén, saudamos á
valente resistencia iraquí, reafirmando o noso orgullo por ela
e pola súa loita contra as forzas invasoras e da ocupación.
Ás
masas do noso pobo,
Dende que naceu o FPLP da matriz do Movemento dos Nacionalistas Árabes,
preservou, e o segue facendo, fidelidade ás loitas e sacrificios
do pobo palestino ao longo dos anos, sen renunciar ao obxectivo máis
nobre para a realización das ambicións deste resistente
pobo na liberación da ocupación e o establecemento dun
estado palestino democrático sobre toda a terra palestina como
obxectivo estratéxico, sen menos valorar, como é natural,
a importancia sobre a realización do obxectivo parcial, cal é,
o establecemento dun estado palestino independente e soberano sobre
os territorios ocupados en 1967, con Xerusalén como capital e
preservando o dereito ao retorno de todos os refuxiados as súas
casas de onde foron desprazados en 1948, sendo éste punto, o
fundamento do obxectivo parcial e a ponte a través da cal, pasaremos
a realizar noso obxectivo estratéxico.
A causa palestina segue atravesando unha senda moi complexa, xa que
o enemigo sionista, xunto a outras partes determinantes dentro do que
chaman a Comunidade Internacional, segue denegando os dereitos nacionais
de noso pobo e traballan xuntos e con empeño, para suprimir ditos
dereitos o mingualos, empuxando a noso pobo á sumisión
e a rendición. E aí está o enemigo sionista, practicando
as clases de agresións máis horrendas contra o noso pobo
entre asesinatos, matanzas, demolicións de casas, devastación
de terras e expropiación de outras, continuando a súa
construcción de asentamentos e o seu muro de separación
racial e cun embargo económico e político asfixiante,
e así, e ata máis alá do que puido crear a imaxinación
nazi sobre as distintas formas de represión e tortura.
En frente, o escenario palestino interno está presenciando, nestes
días, unhas crecentes loitas e uns aliñamentos contrapostos
que estiveron a punto de provocar unha infrutuosa guerra interna palestina,
cuestión ésta, que se convertiu nunha verdadeira amenaza,
non tan só para as faccións da resistencia, senon tamén
para a causa nacional e para todo o pobo. Sendo a cuestión así,
non haberá máis escapatoria que recuperemos todos, a conciencia
fundacional do interés nacional, lonxe do partidismo e o fanatismo
sectarista e, dirixirse con seriedade, á construcción
verdadeira da unidade nacional onde han de participar todas as faccións
políticas e personalidades patrióticas, segundo o peso
de cada forza sobre o terreno e, en base a un programa de principios
nacionais para garantir a participación de todos na construcción
do futuro palestino.
Ao reclamar a todos, a nos mesmos tamén, interesarse sobre a
necesidade de traballar na construcción e o fortalecemento da
unidade nacional, é que creemos en que a consecución desta
unidade é posible, sempre que se faciliten uns determinados recursos
e que son os seguintes:
1.
Á necesidade en que traballen e participen todos, sen excepcións,
na reconstrucción e a reactivación da OLP coas todas súas
institucións de dirección, así como, das de base,
como o único e lexítimo representante do pobo palestino
e sobre a base da consagración dos principios nacionais, tanto
de forma verbal, como na práctica.
O punto de partida sobre éste tema, radica na inmediatez da recomposición
dun novo Consello Nacional en base a unhas eleccións e, segundo
os mecanismos acordados entre todas as faccións en O Cairo o
ano pasado e, sendo necesario que siga a este paso, outros pasos que
alcancen ao Consello Central, ao Comité Executivo e demáis
institucións ata completar a reforma democrática dentro
da OLP, en aras de preservar os principios nacionais e de devolverlle
a consideración á Carta Nacional Palestina.
2.
A importancia de continuar, a resistencia en todas as súas formas,
incluida a loita armada ata derrotar á ocupación, e non
aferrarse ás negociacións co enemigo, como unha opción
estratéxica na confrontación ante a ocupación.
Neste sentido, exiximos o traslado do expediente palestino aos pasillos
de NNUU a través dunha Conferencia Internacional e baixo os auspicios
da ONU como alternativa ás negociacións bilaterais co
enemigo, e como alternativa aos proxectos da folla de ruta, do cuarteto
e dos intentos do enemigo en imponer solucións unilaterais, ás
que instamos a todas forzas políticas palestinas, a rechazalas
tanto no contenido como no continente.
3.
Sendo o FPLP entre os vangardistas que invitaron para formar un goberno
da unidade nacional despois das eleccións lexislativas, e tenindo
en consideración os resultados das mesmas, nos seguimos reafirmándonos
sobre a importancia da formación dun goberno como éste
en base á Carta do Acordo Nacional como programa político.
Así tamén, reafirmamos noso rechazo a todos os intentos
para mermar dita carta, xa sea a través da introducción
de modificaciones, o ben a través de vincular a súa aplicación
a outros documentos que podrían anulala o menguar o seu contido.
Ao entender que o goberno da unidade nacional é unha das preocupacións
máis importantes do noso pobo e das súas faccións
da resistencia, instamos a todos sobre a necesidade para que participen
todas estas faccións, máis as forzas vivas do pobo palestino,
nas negociacións para a formación do goberno, e non a
reservarse ningunha parte nin ningún equipo para si mesmo, co
monopolio das mesmas.
4.
A pesar do acordo alcanzado entre cinco faccións de resistencia
para deter o lanzamento de cohetes a cambio da detención das
agresións do enemigo contra o noso pobo, o enemigo sigue coa
súa agresión contra o noso pobo en Cisxordania. Independentemente
de cómo entende cada facción dito acordo, nos o trataremos
da seguinte maneira:
A) Detención do lanzamento de cohetes a cambio da retirada das
tropas sionistas das zonas reocupadas en Gaza e Cisxordania, ademáis
do compromiso do enemigo, en deter as invasións e agresións
ben sexa a través de bombardeos, asesinatos, persecucións
dos combatentes o demolición das súas casas, extendéndose
a detención das agresións, a Cisxordania tamén.
De outro modo, considerarémonos exentos de dito acordo.
B) Non consideramos que o acordo de detención do lanzamento de
cohetes como acordo vinculante á detención de outras formas
de resistencia armada e operacións militares.
C) Tampouco vemos que o acordo de detención de lanzamento de
cohetes como un acordo “Sine Die”, de modo que, conduzca
co tempo a unha situación política conxelada e estática.
D) Como é natural, non consideramos á detención
de lanzamento de cohetes como un periodo de calma. Calquer acordo futuro
sobre un periodo de calma, require dun dialogo inter palestino máis
integral, para alcanzar unha convención palestina sobre unha
serie de asuntos que exiximos a noso enemigo comprometerse con eles,
a cambio dun periodo de calma total.
5.
Despois da victoria de Hamas nas eleccións lexislativas e a formación
do goberno, as partes activas do que se chama a Comunidade Internacional
trataron, en consonancia calgúns reximenes árabes e partes
influentes palestinas, presionar sobre o goberno de Hamas a través
de distintos medios e formas co obxectivo de derribalo o sometelo para
que acepte as condicións do cuarteto. Neste contexto, chegouse
ao embargo imposto sobre o noso pobo que, a pesar dos grandes danos
que lle está causando, ditas partes implicadas seguen na súa
política en aras de conseguir os seus obxectivos. Nos, ao mesmo
tempo en que condenamos estas políticas, pedimos a ruptura do
embargo sobre o noso pobo sen condicións previas nin chantaxes.
Pedimos a Abu Mazen serios xestos ante as partes implicadas para romper
o embargo.
6)
A pesar da continuidade dos acontecementos, a cuestión dos presos
palestinos nas cárceres da ocupación, segue estando entre
os titulares na primeira páxina de preocupacións do noso
pobo, e neste sentido, queremos reafirmar o seguinte:
A) A importancia de coordinar no asunto do soldado israelí prisioneiro
cos compañeiros de Hizbulá, xa que creemos que a coordinación
podría fortalecer a posición palestina nas negociacións
para o intercambio.
B) A negociación co enemigo sobre o asunto do soldado ha de ter
un só teito, que é o intercambio de prisioneiros, sen
someterse ás tácticas do enemigo que busca compromisos
noutros asuntos de naturaleza política.
C) Reafirmamos a nosa posición sobre a importancia en facer coincidir
os tempos da posta en liberdade dos prisioneiros durante o intercambio
e, non caer nas trampas do enemigo, creendo nas súas promesas
de librar aos nosos presos, a cambio dunha posta en liberdade efectiva
do soldado prisioneiro.
D) Insistimos sobre a nosa reivindicación para que se incluia
no proceso de intercambio ao camarada Ahmad Saadat secretario xeral
do FPLP, ao seu vicesecretario o camarada Malouh e outros camaradas
e compañeiros lideres das faccións palestinas.
Ás
masas do noso pobo,
Nos,
no Frente Popular para a Liberación de Palestina, ao conmemorar
o aniversario trixésimo noveno do seu nacimento, renovamos o
compromiso en seguir adiante na revolución e na resistencia ata
a liberación e ata a victoria.
GLORIA
E ETERNIDADE PARA OS MÁRTIRES
LIBERDADE PARA OS PRESOS
Buró
Político do FPLP
Decembro do 2006