| George Bush:
os seus vínculos con Bin Laden, os seus antecedentes penais...
Extractos
do libro "Estúpidos homes brancos" «ESTUPIDOS HOMES BLANCOS» Triunfador. aos 18 anos foi nomeado director da sua escola. aos 22 fundou o respeitado diário «The Flint Voice». En 1989 dirixiu o seu primeiro filme e en 2002, con 49 anos, «Bowling for Columbine», Oscar ao mellor filme documental. Quizais o pior de ter a un presidente que ninguén escolleu é que, cando se avecina unha crise nacional, debemos perguntar-nos a que intereses serve. Dado que non goberna por vontade do povo se non por roubo electoral, non resulta mais segura supor que o povo non se atopa entre as prioridades do presidente George W. Bush? Ás 8.45 da mañá do 11 de setembro de 2001, Estados Unidos sofreu o pior ataque da sua história no seu próprio chan por parte de inimigos estranxeiros. Visto que os detalles do que aconteceu xa son tan coñecidos como os do 7 de decembro de 1941 e os do 11 de setembro de 1939, non me vou estender sobre o número de avións utilizados, a cantidade de vítimas mortais ou as múltiples chamadas telefónicas de adiós por parte de seres queridos que viaxaban nos avións que os terroristas suicidas estrelaron no World Trade Center e no Pentágono. O que si desexaria facer, agora que me achego ao final deste libro, é formular unha série de puntillosas perguntas ao noso Comandante en Chefe, quen, por ter sido designado polos amigos de papa no Tribunal Supremo, pensa que non ten que responder a nada. Aquel dia morreron 3.000 persoas e hai algo en dita traxédia que a min e a unha morea de xente mais non nos acaba de cadrar. Asi que, señor Bush ,poderia aclarar-me estas cuestións?: 1. ,É verdade que a família Bin Laden estivo suministrando fondos á família Bush durante mais de 20 anos? Segundo o New York Times, a sua primeira empresa petroleira (Arbusto, fundada en 1979) foi parcialmente financiada polos Bin Laden. O clan saudí investiu no Grupo Carlyle, a empresa de George pai que ten vínculos moi importantes coa indústria de defensa de Estados Unidos. Creo que unha coincidéncia tan extraordinária merece unha explicación. 2. Vosté di que Osama bin Laden foi o cerebro dos atentados do 11 de setembro. Sen embargo, hai notícias de que, por entón, este maleante estaba en tratamento de diálise a causa dunha insuficiéncia renal. Está-nos vosté dicendo que un home conectado a unha máquina de diálise nunha cova de Afganistán supervisou toda a operación? 3. En 1997, cando vosté era gobernador do Estado, a BBC emitiu unha reportaxe sobre os lideres talibans de Afganistán que voaron a Houston, Texas, para se reunir con executivos da petroleira Unocal co fin de discutir a construcción dun gaseoducto en Afganistán. Un dos informes de viabilidade do proxecto foi encarregado a Enron, a compaña que mais diñeiro donou ás suas campañas para gobernador e presidente. Halliburton foi unha das empresas designadas para o construir . Por entón, o presidente da empresa era Dick Cheney, actual vice-presidente de Estados Unidos. Por que acolleu o Estado de Texas a estes representantes dun goberno terrorista? O que pasou co acordo para construir o gasoducto? 4. Segundo o Times de Londres, nos dias e semanas que seguiron ao 11 de setembro, vosté permitiu que un avión privado saudí sobrevoa-se Estados Unidos para recoller e quitar do país a unha dúcia de membros da família Bin Laden. Non se levaron a cabo interrogatorios policiais nen do FBI, como tampouco non se convocou a un grande xurado para determinar se estes parentes poidesen posuir información valiosa. polo contrário, mentres o resto do país tiña que ficar-se en terra e o caos se apoderaba da nazón, vosté atopou tempo para se segurar de que os Bin Laden estivesen a salvo. Pode-nos explicar a que ven esa premura? Por que receberon os saudís e os Bin Laden este trato de favor? 5. Alomenos 15 dos 19 secuestradores procedian de Arabia Saudí.Pero vosté bombardeou Afganistán. Foi un erro de puntería? Ou resultaba algo aventurado ir a por un país que suministra o 25% da nosa gasolina e que alberga a tantos sócios de papa? Só trato de coñecer o verdadeiro valor das 3.000 vidas perdidas. A cantos metros cúbicos de gas natural equivalen? 6. Tan pronto como acabou a sua campaña para tomar o controlo de Afganistán, vosté instalou a un antigo asesor dunha petroleira como chefe do goberno interino. Entón, colocou a un ex-conselleiro de Unocal como novo embaixador no país e, ao cabo de poucos meses, asinou-se o acordo para construir o gasoducto antes mencionado. Agora que xa ten o que queria, Poden retornar as tropas? Hai que formular estas perguntas a George W. Bush, pero, quen o fará? Quen exixirá as respostas? A prensa preguiceira e compracinte que pertence a uns poucos millonarios que contribuiron á campaña de Bush? Ou o suposto partido da oposición, que pasa o pouco tratando de emular aos republicanos e que está financiado polos mesmos millonarios? Que esperanza pode haber para nós se non somos capaces de formular estas perguntas elementais? Co fin de disimular o fedor a gato pechado, a Administración Bush serviu-se ledamente dos ataques do 11 de setembro como pretexto para comezar a trocear a nosa constituizón e eliminar as nosas liberdades civis. Non hai mellor momento para face-lo: o povo vive baixo un estado de terror e ninguén está seguro de onde virá o próximo ataque. [...] George Orwell acertou con 1984. Case todos lembramos ao Grande Irmán, pero hoxe en dia resulta moito mais relevante a cadráncia de que o líder se vexa obrigado a costear unha guerra permanente. Necesita que os cidadáns vivan en estado de constante temor cara o inimigo co fin de que lle concedan todo o poder que desexa: como a xente quere sobreviver, renuncia de boa vontade ás suas liberdades. Naturalmente, o único modo de conseguir isto é convencendo ao povo de que o inimigo está en todas partes e de que a sua ameaza é iminente. Funcionou na novela e funciona hoxe. O único que deterá esta dinámica é o rexeitamento tallante ás mentiras que nos contan. Non é momento de abandonar. Non debemos esquecer que somos mais que eles. Sempre tivemos o poder e asi seguirá sendo, pero hai que botar man del sen temor. BUSH, ES UN INCULTO? [...] Gostaria-me formular-che tres espiñosas perguntas, e desexaria que respostases con franqueza. George, es capaz de ler e escreber como un adulto? A min e a moitos outros semellanos que o teu é, tristemente, un caso de analfabetismo funcional. Non é nada do que debas avergoñar-te, pois estás ben acompañado (non hai mais que contar as erratas deste libro). Millóns de americanos teñen un nível de alfabetización de cuarto de primária. Non é de estrañar que dixeses aquilo de «que nengun neno fique atrás»; xa sabias do que ia. Pero deixa-me perguntar-che isto: se che custan entender os complexos informes que recebes en calidade de líder do mundo cuasilibre, como podemos chegar a confiar-che os nosos segredos militares? Todos os indicios de analfabetismo son evidentes, e ninguén che desautorizou por iso. Ofereciche-nos a primeira proba cando se che perguntou polo teu libro da infáncia preferido. A Oruga famenta, respondiche. Desgrazadamente, ese libro non se publicou até un ano despois de que te licenciaras.[...] Durante a campaña, cando che pediron que nomeases os libros que estabas a ler naquel momento, respondiche valorosamente, pero ante as perguntas sobre os seus contidos non soubiches que dicer. Non me surprende que os teus asesores che proibisen participar en novas rodas de prensa a dous meses do final de campaña. Tiñan medo das perguntas..., pero o que mais lles acolloaba eran as tuas respostas. Unha cousa está clara: a tua sintaxe é abstrusa até o ponto de facer incomprensíbel o discurso. Ao princípio, o modo en que mutilabas palabras e frases resultaba simpático, case encantador. Sen embargo, cobrou tintes alarmantes co tempo. Asi, un bon dia, nunha entrevista cargaches-te décadas de política exterior americana en Taiwan ao dicer que estábamos dispostos a facer «o que fora» para defender a illa e suxerir mesmo que quizais mandaríamos unhas tropas. Por Deus, George, o mundo inteiro puxo-se en alerta vermella.[...] Os teus asistentes declararon que non les os seus informes e que lles pedes que o fagan por ti. Como primeira dama, a tua nai colaborou activamente cos programas de alfabetización. Cabe pensar que coñecia ben a dificuldade de educar a un neno que non sabia ler? Non o tomes como algo persoal. Quizais se trate dunha discapacidade. Non hai que avergoñar-se por iso. Ademais, eu tamén creo que un disléxico pode ser presidente de Estados Unidos. Albert Einstein era disléxico, e tamén o é o humorista da CBS Jay Leno (caray, Leno e Einstein nunha mesma oración: ves como a linguaxe pode resultar divertida?).[...] ES UN ALCOHOLICO? En caso afirmativo, como afecta esa condición ás tuas funcións como Comandante en Chefe? Tampouco aqui pretendo sinalar co dedo, avergoñar nen faltar ao respeito a ninguén. O alcoolismo é un problema grave; afecta a millóns de cidadáns americanos, xente á que coñecemos e queremos. Moitas desas persoas logran superar a sua enfermidade e levar vidas normais. Os alcohólicos poden ser -e foron- presidentes de Estados Unidos. Admiro sinceramente a calquera que consiga vencer unha adicción deste xénero. Ti recoñeciches que non podes controlar o alcool e que non probaches unha pinga desde que cumpliches 40 anos. Felicidades. Tamén nos dixeches que acostumabas «beber demasiado» e que, finalmente, deches-te conta de que «o alcool comezaba a minguar as miñas enerxias e podia chegar a alterar o meu afecto por outros personas». Hei aqui a definición dun alcohólico. Isto non che descalifica para ser presidente, pero require que respondas a algunhas perguntas, espécialmente despois de pasar anos ocultando o feito de que en 1976 che detiveron por conducir bebido. Por qué non empregas a palabra alcohólico? Despois de todo, ése é o primeiro paso cara a reabilitazón. Ou que medidas prevenitivas tomache para non descarriarte? Ser presidente de Estados Unidos é un dos traballos mais estresantes do mundo. Ou que fixeches para garantir que poderás resistir a presión e o desacougo que conleva ser o home mais poderoso do mundo? Como podemos saber que non botarás man da botella cando teñas que enfrentarte a unha crise séria? [...] O dia en que a tua deteción se fixo pública, pouco antes das eleizóns, daba mágoa ver-che fanfarronear risueño mentres tratabas de achacar a tua acción irresponsábel ao «erro xuvenil» de ter estado tomando unhas cervexas cos amigotes. Entristecin-me ao pensar nas famílias do meio millón de persoas que morreron baixo as rodas de bébedos como ti desde que viviches aquel aventuriña. Grazas a Deus que só seguiches bebendo durante alguns anos mais despois de «ter aprendido a lección». Tamén penso no moito que farás sofrer á tua esposa, Laura. Ben sabe ela o perigoso que pode ser pór-se ao volante. Aos 17 anos matou a unha amiga do instituto ao pasar-se un stop e atropelá-la . Confio en que buscarás a sua orientación tan pronto como te sintas abrumado polo traballo (fagas o que fagas, non lle pidas consello a Dick Cheney: foi arrestado en duas ocasións por conducir bébedo). [...] ES UN DELINCUENTE? [...] George, sabemos que che arrestaron tres veces e eu non coñezo a ninguén, aparte de alguns amigotes pacifistas, que estivese en comisaría en tres ocasións. Ademais de por conducir baixo os efeitos do alcool, detiveron-che por roubar unha girnalda navideña con outros parceiros da tua irmandade universitária para gastar unha brincadeira. De que vai todo iso? O teu terceiro arresto debeu-se a unha conducta inadecuada durante un partido de futebol americano. Isto é o que, de verdade, non entendo. Non hai ninguén que non se comporte de maneira inapropiada nun partido de futebol americano! Asistin a moitos e derramaron-me enriba mais dunha cervexa, pero até hoxe non vin que deteñan a ninguén. Para se facer notar entre unha turba de hinchas mamados, hai que aplicar-se ao máximo. George, teño unha teoria sobre como e por o que che está a acontecer todo isto. En lugar de gañar a presidéncia, regalaroncha. Asi é como conseguiches todo na vida. Diñeiro e apelido abriron-che todas as portas. Sen esforzo, traballo, intelixéncia nen enxeño, legou-se-che unha existéncia privilexiada. Deseguida aprendiches que todo o que ten que facer alguén como ti en Estados Unidos é apresentar-se. Admitieron-te nun exclusivo internado de Nova Inglaterra polo simple feito de apelidarte Bush. Non tiñas que gañar o posto: mercaroncho. Cando ingresaches en Yale, aprendiches que podias pasar-lles a man pola cara a estudiantes con maiores méritos que fincaran os cotovelos durante 10 anos para que os aceitasen nesa universidade. Non o esquezas: es un Bush. Entraches na Faculdade de Empresariais de Harvard do mesmo modo. Despois de catro anos erráticos en Yale, ocupaches a praza que lle pertencia a outro. Entón, quixeche-nos facer crer que fixeras o servizo militar na Guardia Nacional Aérea de Texas. O que non dixeches foi que un dia escabulliras-te e xa non te reincorporaras á tua unidade: un ano e meio de ausencia, segundo o Boston Globe. Non cumpliches coas tuas obrigas militares porque o teu nome é Bush. Tras vários anos perdidos que non aparecen na tua biografía oficial, o teu pai e outros membros da família regalaronche un traballo tras outro. Por mais empresas que arruinabas, sempre habia outra esperando-te . Por fin, acabaches como sócio proprietário dunha grande equipa de béisbol -outro obséquio- a pesar de que só aportaches unha centésima parte do diñeiro. [...] En resumo: fuches un bébedo, un ladrón, posíbelmente un delincuente, un desertor impune e un chorimcias. O veredicto quizais che semelle cruel, pero é que o amor pode ser despiadado. E por amor de todo o que é sagrado e decente, rapaz, animo-che a que apresentes a tua dimisión imediatamente e restituas o bon nome da tua família todopoderosa. Fai que todos aqueles que ainda cremos que existe unha pizca de dicéncia no clan, nos sintamos orgullosos ao comprobar que un Bush con sentido comun é mellor que un Bush comun e consentido. «Estúpidos homes blancos», do cineasta e escritor Michael Moore, sai á venda o próximo mércores, publicado por Edicións B.
ASI É ESTADOS UNIDOS RACISMO ..... Probabelmente vosté crea que os negros o teñen mellor que antes. [...] Pois ben, segundo un estudo levado a cabo polos economistas Richard Vedder, Lowell Gallaway e David C. Clingaman, os ingresos medios dun negro americano están un 61% por embaixo dos dun branco. Trata-se da mesma diferenza que en 1880 .... ANALFABETISMO ..... Hai 40 millóns de estadounidenses con un nível de leitura de terceiro de primária: trata-se de analfabetos funcionais.¿Como coñezo o dado? Lino. E agora leu-no vosté. [...] Tamén lin que só o 11 % dos americanos se amola en ler o periódico, mais alá das tiras humorísticas ou da sección de carros de segunda man. Viver nun país onde hai 44 millóns de persoas que non saben ler, e outros 200 millóns que saben pero normalmente non o fan, resulta estarrecedor. [...] Por iso os estranxeiros non se surprenderon de que os americanos, que acostuman regodearse na sua estupidez, «elexiran» a un presidente que raramente le nada -nen siquir os informes que se lle entregan- e pensa que Africa é un país en lugar dun continente. O líder idiota dun país idiota ..... EDUCACIÓN SEN PROFESORES ..... Hai tal escasez de profesores a escala nacional que algunhas cidades viron-se obrigadas a recrutá-los no estranxeiro. Recentemente, Chicago contratou a vários profesores provintes de 28 paises, incluídos China, Franza e Hungría. [...] O mais gordo é que 163 escolas de Nova York abriron o curso escolar 2000-2001 sen contar con un director. O que oen: escolas sen unha persoa ao cargo ... MACHISMO ..... Mais de 80 anos despois de que as mulleres obtivesen o direito a voto -e a pesar do auxe do movimento feminista-, seguimos asi: Nen unha só muller foi nomeada candidata por nengun dos dous grandes partidos á presidéncia ou vicepresidencia en 20 das 21 eleizóns celebradas desde 1920. Actualmente, só cinco estados están gobernados por mulleres. As mulleres ocupan o 13 % dos escanos no Congreso. Unhas 496 das 500 principais empresas americanas están xestionadas por homes ... ARMAMENTO ..... Os 250.000 millóns de dolares que o Pentágono planea gastar para construir 2.800 novos cazas de ataque conxunto sobrarian para pagar a matrícula de todos os estudiantes universitários do país. O incremento do orzamento proposto polo Pentágono para os próximos cinco anos é de 1,6 billóns (con be) de dolares.A cantidade calculada pola administración que faria falta para mellorar e modernizar todas as escolas do país é de 112.000 millóns ... PENA DE MORTE ..... Desde
1973, 95 presos do corredor da morte foron completamente absueltos polos
tribunais [...]. Un asombroso estudo recente sobre a pena de morte que
contemplaba 4.578 casos ao longo dun período de 23 anos (1973-1995)
concluía que os tribunais acharon erros sérios e emendabeis
en 7 de cada 10 penas capitais que foron revisadas durante o período.
No 85% dos estados con pena de morte, o índice de erro era do 60
% ou mais ... |