A privatización de Irak
Sami Naïr (*)
Bitácora


Alguns mantiñan, eu entre eles, que a intervención militar estadounidense en Irak tiña como único obxectivo a conquista do petróleo. Enganábamo-nos... Os estadounidenses queren apoderarse de todo o país, converté-lo no banco de probas dunha privatización ultraliberal coa que non se atrevesen a soñar nen os partidários mais fanáticos da OMC (Organización Mundial de Comércio). A princípios de maio, o Wall Street Journal revelou que se encarregara a BearingPoint Inc., un gabinete de asesoría, a ejecución dun plano segredo estadounidense titulado "Para que a economia iraquí pase do renascimento á medra sustido".

Este documento mostra ás claras as intencións de Estados Unidos. Trata-se, nen mais nen menos, de vender as indústrias públicas, sobre todo as do sector petrolífero, criar unha Bolsa e implantar un rexime fiscal similar ao de EE UU para favorecer os investimentos estranxeiras. A maioria das empresas públicas nas que a povoazón contaba para obter un posto de traballo serán declaradas insolventes e liquidadas. Aquelas que sexan consideradas poténcialmente rendabeis serán vendidas no marco que o plano denomina o "grande programa de privatizacións masivas". Asi, tras ter destruído as principais infra-estruturas, a reconstrución de Irak é como o maná para EE UU: o custe calcula-se en 100.000 millóns de dolares. Informa-se asimismo de que o Goberno de Bush xa reuniu a unha decena de grupos de traballo para planificar o transformazón de Irak, da agricultura ao sistema bancario.

Irak conta con unhas reservas de petróleo que atinxen os 112.000 millóns de barris. Antes da guerra, os pozos iraquíes producian 2,5 millóns de barris diários. Calcula-se que con un investimento duns cantos mis de millóns poderian xerar sete millóns de barris diários nos próximos anos, o que proporcionaria uns ingresos anuais de 60.000 millóns, de acordo co prezo actual do petróleo.

A resolución 1.483 da ONU (aprobada o pasado 22 de maio) criou un fondo para o desenvolvimento de Irak que será financiado polo petróleo e que estará en realidade baixo o controlo de EE UU e o Reino Unido. Ambos paises decidirán en solitário como empregar os recursos, a través do próximo Goberno provisional iraquí. Philip Carroll, ex presidente de Shell Oil, foi nomeado supervisor do Ministério do Petróleo.

Ao semellar, os denominados "contratos para loitar contra o lume nos pozos petrolíferos", concedidos en segredo a unha sucursal de Halliburton durante a guerra, non se limitarán a este cometido, se non que tamén se encarregarán das "operacións e da distribución dos productos". Isto significa que a compaña que dirixiu o vice-presidente norteamericano, Richard Cheney, de 1995 a 2000, e que hoxe en dia lle segue reportando case un millón de dolares ao ano, vai xestionar os pozos e a controlar toda a producción de cru de Irak. A filial Kellog Brown & Root (KBR) conseguiu un contrato sen concurso prévio que non contén limitacións no referinte á duración nen ás somas implicadas.

O contrato para a administración do porto de Um Qasar (dun valor de 4,8 millóns de dolares) foi concedido á empresa estadounidense Stevedoring Services of America. Outro contrato de asistencia técnica para a reconstrución recaiu na empresa International Resources Group, que compartirá a tarefa con unha subcontrata británica, Crown Agent, agencia británica de axuda ao desenvolvimento, que tamén foi obxecto no seu dia dunha privatización. A Agencia Estadounidense para o Desenvolvimento Internacional, que coordina os planos de reconstrución, xa concedeu a meia dúcia de grandes compañas de enxeñaria civil con sede en EE UU o direito exclusivo a realizar unha oferta para o principal contrato de obras de infra-estrutura (estradas, pontes... até a impresión de manuais escolares). Segundo vários artigos de prensa, os principais aspirantes a este contrato son Bechtel Corp e Parsans Corp.

Esta última haberia subcontratado a Kellog Brown & Root, pertencinte a Halliburton, despois de que esta última fora eliminada da candidatura debido a unha polémica sobre os vínculos que a unen ao vice-presidente Cheney.

A Administración estadounidense aparta ás empresas estranxeiras dos principais contratos, pero trata asimismo de escoller as compañas subcontratadas entre os paises que a apoiaron durante a guerra: "Ofícialmente, Washington garante que os procesos de selección das empresas subcontratadas serán xustos. Pero, en privado, os responsábeis norteamericanos mostran unha actitud moi diferente", afirma o Wall Street Journal. Un responsábel chegou a dicer que Bechtel ten instruccións de excluir a "todas as empresas francesas".

¿E os iraquíes en todo isto? Unha situación económica deplorabel, falta de seguranza, unha arremedo de reapropiación política do seu país coa "criación dun Consello de Goberno transitório" que reflecte a política étnica e confesional que os estadounidenses queren facer prevalecer. Este Consello inclue a 14 chiíes (para asi poder controlá-los ), catro suníes, un turcomano, un cristián e cinco kurdos. Ademais dunha representación acorde cos seus desexos, os estadounidenses tamén velaron por o que, entre estes membros, aquilos que voltan do exílio podan servir de porta-voces dos reximes da rexión que aceitaron ou apoiado a conquista de Irak: Arabia Saudí, as monarquias do petróleo e Irán.

Segundo a visión estadounidense do futuro Irak, este Consello só debe ter unha función consultiva. Pero a presión da resisténcia iraquí sobre o Exército norteamericano (non cesa de medrar o número de estadounidenses mortos desde o final das operacións militares en maio de 2003) obrigou á Administración de Paul Bremer a ceder algunhas migallas de poder: o Consello poderá nomear os ministros e deberá preparar a nova Constituizón. Sen embargo, Paul Bremer conserva o direito de veto sobre todas as decisións deste organismo e pode disolvé-lo en todo momento.

Este conceito tan particular de "democrácia" á estadounidense non semella suscitar a adesión da aldea iraquí. Asi o demostran os rápidos avances da resisténcia iraquí. Por outro lado, a comunidade musulmana chií, contente de se ter librado de Sadam Husein, non quere ver aos estadounidenses ocupar e repartir-se o seu país (a maior parte das vítimas civis das bombas estadounidenses e británicas foron chíies, sobre todo nos o redores de Nasiriyah e Hillah). En Masul, ao norte de Irak, á igual que en Basora e a sua rexión, se producen enfrentamentos sanguentos todos os dias.

O caos se instalou no país. As tropas de ocupación semellan atascarse con mais rapidez previsto. Por iso, o Goberno estadounidense decidiu non emprender a repatriación inícialmente prevista da Terceira División de Infantería. Estes 9.000 soldados, que debian tornar a EE UU en setembro, permanecerán en Irak por tempo indeterminado. Pero en EE UU, polo momento, preferen ignorar os interrogantes dunha opinión pública desestabilizada polo número cada vez maior de mortos e a manipulación sobre as supostas "armas de destrucción masiva". O principal colunista sobre Asuntos Exteriores do New York Times, Thomas Friedman, escrebe: "Agora contamos con un 51º Estado de 23 millóns de habitantes. Acabamos de adoptar un bebé chamado Bagdad". Ainda mais provocador, Max Boot, comentarista de direitas e porta-voz da coalición que apoia a Bush, escrebeu un texto publicado en USA Today titulado '¿Imperialismo americano? Non hai que rexeitar esta etiqueta'. Para el, toda oposición armada en Irak está condenada a fracasar, xa que, para o seu regocijo, "mais de 125.000 soldados estadounidense ocupan Mesopotamia. Contan co apoio dos recursos da economia mais rica do mundo. na carreira polo controlo de Irak, EE UU pode superar e esmagar a calquera opoente" . Portanto , da ocupación á colonización de Irak o camiño está aberto.

(*) Eurodiputado e profesor convidado da Universidade Carlos III. Palestina.