ESCRITO PRESENTADO NO CONCELLO

Que no cruce entre San Pedro e a Barriada da Maestranza existen uns buracos na estrada que dificultan a circulación e supoñen un perigo para os vehículos e peóns, xa que para evitalós hai que invadir o carril contrario.

Esta situación veuse agrabada coa circulación de camións para as obras do campo de futbol, o que motivou o agrandamento dos desperfectos na estrada.

Ademais das dificultades e os perigos na circulación esta situación pode provocar desperfectos nos vehículos, co conseguinte prexuizo para as persoas que circulan diariamente por esta zona.

A esto hai que engadirlle que o outro acceso á Barriada da Maestranza polo pavillón de deportes tamén conta cos seus correspondentes socabóns.

Por todo o anteriormente exposto é polo que SOLICITAMOS:

Que se proceda á raparación do firme nos pontos indicados á maior brevidade posíbel.