|
Demandamos claridade sobre o proxecto de A Brea O conflicto xenerado polo proxecto de “Parque empresarial-industrial” de A Brea, en Seixo, é un novo capítulo dunha xestión oscurantista, e case clandestina, por parte dos distintos grupos que forman a corporación municipal en Marin. Actuan dun xeito opaco sen dar a coñecer ao conxunto da sociedade os proxectos e propostas que van determinar e marcar o futuro desenvolvimento do noso municipio. É polo tanto normal que os veciños afectados polo proxecto de parque empresarial na Brea manifesten o seu malestar coas institucións e demanden claridade. Unha persoa non pode estar pendente de rumores sobre expropiacións dos seus terreos ou das suas casas, ainda que parece que esto último non se vai dar. Cando se pretende levar adiante unha actuación destas caracteríticas, o normal é xuntar antes aos afectados e ao conxunto dos cidadáns e darlles todo tipo de explicacións sobre o que se pretende facer. Todos queremos coñecer o proxecto do parque. Queremos coñecer as fases das que consta, até onde vai chegar, que tipo de empresas vai acoller, etc. E estes son dados que xa coñece a administración, concretamente Xestur, pois estamos falando dunha actuación que xa ben de lonxe. Defeito, a circunvalación está planificada para dar servizo a este e a outros parques empresariais máis. Ou non? Outro aspecto que temos que resaltar é a necesidade dun estudo de impacto ambiental que determine a idoneidade do sitio, as repercusións que vai ter sobre o entorno e concretamente sobre o xa maltratado rio Loira. Esta ubicación está aprobadá por todos os grupos políticos que forman a corporación municipal, por unanimidade a proposta do BNG, ainda que hai desmarques oportunistas de última hora como o do PP, e ambigüidades calculadas como as de Mar-In que na dentro da institución apoia pero nas asembleas veciñais apontase a facerse oposición (non podemos esquecer que é un partido do grupo de goberno). O máis chamativo é a defensa que fai o BNG da sua “proposta”. Está defendendo os intereses dos veciños de Marin ou está actuando en función dos seus intereses devolvendo “favores eleitorais”. Por que non lle explican aos veciños, como voceiros de Xestur que son, que este organismo vai pargarlles un prezo aos veciños e a vender moito máis alto, especulando na práctica cos terreos. Está ben que critiquen ao PP, pero o BNG tamén está gobernando, co PSOE, e non se ben inversións en vivendas sociais, equipamentos, inclusión de Marin nos circuitos culturais da Consellaria de Cultura, non se ve o compromiso con Marin das áreas onde gobernan. Tamén nos perguntamos onde están o Alcalde e o seu partido, o PSOE? Teñen a capacidade de pasar polo medio dos conflictos que afectan a Marin e non sair na foto. Demandamos, que como máximo representante da corporación, asuma o seu cargo e dialogue cos veciños e que diga cal é o seu posicionamento político sobre esta cuestión. Xestur e o Concello teñen que dar a cara diante dos veciños e explicar claramente que pretenden facer na Brea, mais ainda cando a Consellaria de Urbanismo califica os terreos onde queren construir o parque empresarial como “rústico de proteción agropecuaria”, o que deixa ben as claras a permanente división de opinións dos “socios” de goberno na Xunta de Galiza. O goberno municipal ten que dar a coñecer cal é o seu proxecto de futuro para Marin, ten que facer público PXOUM para non ter que levarnos sorpresas como esta que só xeneran conflictos. Ten, polo menos, que clarexar se o que están publicitando determinadas persoas polas parróquias, con intereses claramente especulativos, é o PXOUM do concello ou senón desmentilos públicamente. Marin, 31 de agosto de 2006.
|