Alegación
contra a liña de alta tensión do Morrazo
O pasado 25 de Agosto foi publicada no Diário Oficial de Galiza a Resolución do 30 de Xuño do 2003 da Delegación Provincial de Pontevedra da Conselleria de Inovación, Industria e Comércio pola que se somete a exposición pública a declaración de utilidade pública, a aprobación do proxecto de execución e o estudo de impacto ambiental da instalación dunha liña de alta tensión entre a subestación de Lourizán e a subestación de Cangas (Expediente IN407A 03/443-4). Polo que vimos apresentar as seguintes ALEGACIÓNS: Este tipo de instalacións supón unha grave ameaza para a saude da povoación (e da fauna e flora) exposta aos efectos derivados dos campos electromagnéticos. Asi o poñen de manifesto multitude de estudos científicos e informes de institucións públicas e privadas que amosan claros indícios de perxuizos sanitários. É por isto polo que o trazado de liñas aereas é cada vez máis contestado socialmente e a tendéncia neste tipo de proxectos é de soterrar as liñas eléctricas, non só as novas, senón tamén as xa existentes. Estamos diante dunha agresión irreparábel contra o medio ambiente, tanto desde o ponto de vista do impacto paixasístico como ecolóxico, pois esta liña vai afectar no seu deseño a diversos xacimentos arqueolóxicos e espazos naturais de gran importáncia dos concellos afectados pola trazado. Ainda que se propoñen medidas correctoras, ao tratar-se dunha liña non soterrada, estas non solucionan os impactos que pode ocasionar. Un trazado destas características supón unha perda económica ao afectar á calidade de vida ambiental e á paisaxe, elementos determinantes do impulso turístico dunha zona que está a sofrer unha crise no sector pesqueiro, á que hai que engadir os efectos negativos causados pola catástrofe do “Prestige”. É unha hipoteca á perpetuidade no uso do chan debido aos dereitos que adquiren as compañias eléctricas como servidumes de paso e reducción de outras actividades. Se hai capacidade para soterrar a liña no primeiro e no último tramo do trazado (Lourizán e Cangas) non se entende que non se poida facer no conxunto do mesmo. Unha vez máis, nun proxecto destas características, antepoñen-se os intereses privados dunha empresa como Unión Fenosa, para satisfacer o seu afán de lucro, diante dos intereses do conxunto da cidadania. Como se explica senón que existindo capacidade tecnolóxica e económica para facer unha liña soterrada esta fai-se aérea, co conseguinte custe económico e social para os directa e inderectamente afectados (que somos todos). Por todo o anteriormente exposto é polo que solicitamos:
Ilmo.
Concello de Marin |