Don/dona ………………………………………………………………..……………………………………..,
con DNI nº………………..…………., con domicilio a efectos de notificación en
…………………………………….., rúa/lugar…………………………………………….…………………………………….., cp………………………..;
ante este organismo ven a presentar as seguintes
ALEGACIÓNS AO PLAN
VIGO ÍNTEGRA
1. O Plan,
que afecta ao concello de Marín, e máis
concretamente aos lugares de Pardavila, Cadrelo, Miñán, Pastoriza, e ao resto
da comarca do Morrazo, Val Miñor, O Rosal, Condado-Paradanta e área de
Pontevedra, conleva unha excesiva dependencia viaria e económica con respecto á
cidade de Vigo, por enriba da que xa existe na actualidade.
2. Promove
243,8 novos kilómetros de autovías (autovías de nova construcción, ampliacións
de vías rápidas, rondas) e 82.4 kilómetros restantes (estradas de
circunvalación, variantes e viais de conexión con vías de alta capacidade) que
van provocar un enorme e irreversible impacto ambiental (fenda xeolóxica,
erosión do solo, perda de biodiversidade, recheo de vales e leitos fluviais,
ocupación de solo rústico, efecto barreira,
expropiación de leiras e vivendas, etc) no seu ámbito de actuación, tanto dentro da propia cidade como por toda a área
comarcal de influencia antes citada.
3. Baseado
nun modelo de transporte de mobilidade, vai provocar máis utilización do
transporte privado e pesado por estrada e polo tanto máis contaminación
atmosférica, acústica e inseguridade viaria e no futuro agravará os problemas
circulatorios, xa que a máis e meirandes estradas, vai provocar un irresistible
poder de atracción do tráfico, xenerando máis atascos e problemas de
aparcamento nos accesos.
4. Está
ideado para dar servizo a un crecemento urbanístico e industrial totalmente
desfasado, onde cada concello está a propor a duplicación da súa
edificabilidade actual, que non se corresponde co crecemento real demográfico
nin económico.
5. O seu
impacto vai ser global, xa que só beneficiará ás grandes industrias
multinacionais do sector da construción e do petróleo e ademáis incidirá nun
notable incremento na emisión de gases de efecto invernadeiro á atmósfera a nivel local.
6. Que no Concello de Marín non se fixo a exposición pública do proxecto en
tempo e forma, polo que se da unha
situación de indefensión ao non poder coñecelo nin cumprirse coa legalidade.
7. Que este proxecto ten un impacto
excesivo no tramo previsto de mellora da PO-313 entre a CG-4.1 e a variante de
Marín. Aféctanse unha serie de vivendas sen ningún tipo de xustificación,
provocando unha situación de alarma social e prexuizos para os seus propietarios.
Polo exposto SOLICITO:
A
anulación e retirada do PLAN VIGO ÍNTEGRA polo seu enorme e irreversible
impacto ambiental e pola súa manifesta insostibilidade.
Que os orzamentos previstos
para este Plan (1648.217.407 millóns de Euros) se invirtan como alternativa en
vertebrar, mellorar e humanizar en condicións as estradas existentes; na
mellora e fomento do transporte colectivo, tanto por estrada, por ferrocarril,
como pola ría; nos carrís bici; e na consecución de outras infraestruturas máis
necesarias como centros de saúde, hospitais comarcais, centros educativos,
sociais, culturais, e espazos verdes, que fagan máis habitábeis e sociábeis as
nosas barriadas, parroquias, pobos e comarcas, ou sexa o noso contorno máis
próximo e onde vivimos, actualmente infravalorado e fallo de dotacións, e para
que ademáis non teñamos que utilizar tanto o vehículo privado e a estrada nos
nosos desprazamentos.
Asdo.:
Consellería de
Política Territorial, Obras Públicas e Transporte.
Delegación
Provincial de Pontevedra