Alegación presentada
contra o centro de ocio nos terreos do porto
Que
o pasado 26 de xaneiro do presente ano foi publicado no Boletín
Oficial de Pontevedra o anuncio da Autoridade Portuaria de Marín
sobre a tramitación do expediente para a construción e
explotación do denominado “centro de ocio, área
de esparcimento e aparcamento subterraneo” na parcela S.3.1. da
zona de servizo do Porto de Marín.
Que
dacordo coa normativa aplicábel vimos a presentar as seguintes
alegacións ao proxecto:
1.
Baixo a denominación de “centro de ocio” vaise producir
unha privatización de feito duns terreos públicos, e unha
utilización privada dos mesmos para uns fins lucrativos favorecendo
uns intereses económicos en detrimento do interese público
do conxunto da poboación. Pasaremos de aparcar dun xeito ordenado
e gratuito a facelo tendo que pagar, pero non a ningunha administración
que vai redistribuír os ingresos en beneficio de todos, senón
a unha empresa que se lucrará con esta actividade.
2.
Nesta proposta de actuación contémplase a instalación
dunha denominada “área de esparcimento”, é
esta unha calificación que pretende agochar o que vai ser realmente
un centro comercial. No proxecto non hai un estudo sobre as repercusións
que este centro comercial vai ter sobre o comecio local de Marín,
nin sobre os negocios hostaleiros da nosa vila.
Consumo non é ocio, porén a denominación do proxecto
é totalmente enganosa e pretende camuflar un centro comercial
como ocio nuns terreos que teñen que estar adicados a actividades
culturais ou deportivas.
3.
Este proxecto incumpre a actual lexislación portuaria, concretamente
o art.94 da Lei 48/2003 de Portos do Estado, pois a instalación
dun aparcamento subterraneo e un centro comercial non son acordes coa
normativa. A mesma prohibe a ocupación ou utilización
do dominio público portuario para actividades que non estean
relacionadas coas actividades portuarias, e excepcionalmente poden admitirse
usos no dominio público portuario para equipamentos culturais,
recreativos, exposicións, etc.
4.
Cando a tendencia é abrir espazos e recuperar o acceso ao Mar
en todos os concellos costeiros, en Marín preténdese construír
unha nova pantalla que impida o acceso físico e visual á
Ria. Temos exemplos moi perto de nós de como se pode manter unha
actividade portuaria e ao tempo gañar espazos libres de acceso
ao litoral.
5.
Que na tramitación do proxecto incumprese a actual Lei 9/2006,
de 28 de abril, de Avaliación de efectos de determinados planos
e programas no medio ambiente, xa que o mesmo carece do preceptivo informe
de sostenibilidade ambiental.
6.
Que o sometemento do proxecto á información pública
incumpre coa legalidade do procedemento administrativo xa que tan só
se permite acceder á visualización duns planos da edificación
prevista.
Non se pode consultar, tal e como se anuncia publicamente no Boletín
Oficial de Pontevedra, o proxecto básico e a documentación
complentaria. Este feito provoca unha situación de nulidade do
procedemento dado que se priva ao público dun coñecemento
real do proxecto, fin último do trámite de exposición.
Por
todo o anteriormente exposto, SOLICITA:
•
Que se retire o proxecto de construción da denominado centro
de ocio na parcela S.3.1 da zona de servizo do Porto de Marín.
• Que dada a actual situación de uso da devandita parcela,
esta sexa traspasada por parte da Autoridade Portuaria ao Concello de
Marín.
Marín,
12 de febreiro de 2007.
Ilmo.
Sr. Presidente da Autoridade Portuaria de Marín