Os veciños e veciñas de Ardán paralisando a instalación dunha antena de telefonia movil de Orange

Os veciños de Ardán veñen de paralisar a instalación dunha antena de telefonia movil da empresa Orange.

Esta empresa solicitou permiso no concello de Marin no mes de maio para facer a instalación, na solicitude indicaba outra localización.

A dia de hoxe o expediente non está rematado, polo que non conta coa correspondente licencia. Que de todas formas non se lle pode conceder ao ser unha zona forestal, non apresentar a empresa os correspondentes informes de incidencia radioeléctrica e impacto medio ambiental.

Estamos polo tanto ante un novo acto de "pirateria" e prepotencia por parte dunha gran empresa que pensa que a lexislación non está feita para eles. A isto tamén axuda a deixadez das administracións, concretamente a local, que non actuan se non é pola presión veciñal.