AOS MEIOS DE COMUNICACIÓN

25 ANOS DE CONSTITUCIÓN

O Colectivo Nacionalista de Marin vai organizar unha campaña informativa con motivo do 25 aniversário da constitución española. A nosa pretensión é que a sociedade debata e se posicione sobre o texto constitucional, a forma en que se xestou e a repercusión do mesmo nestes 25 anos.

Estamos nun momento en que a constitución e o que representa (sagrada unidade da pátria, defensa a ultranza do modelo económico capitalista, café para todos co invento das autonomias...) están no centro do debate. O modelo de estado está en cuestión e desde o CN consideramos que Galiza ten que estar nese debate e cuestionar-se, polo seu ben, un entramado institucional que demostrou a sua ineficácia en crises como a do Prestige ou a incapacidade de defender o noso sector pesqueiro e ganderio.

Consideramos que non se debe criminalizar o cuestionamento dun texto que non é sagrado nen intocábel. Apostamos por superar o texto constitucional e a exercer libremente o dereito á libre autodeterminación do povo galego, e do resto dos povos do estado, pois nos seguimos reclamando este dereito de Galiza e non apostamos por “afondar no autonomismo e na integración”. Como nacionalistas non renunciamos ao noso ideário de liberdade para a nosa pátria, pois estas ideas non se poden cámbiar para acadar uns poucos votos.
Estes dias pegaremos cartaces e repartiremos manifestos e panfletos co fin de achegar o noso posicionamento á sociedade marinense e para que coñeza o que realmente se vai celebrar o próximo 6 de decembro.

Marin, 25 de Novembro de 2003.

MANIFESTO