A
Xunta e o Concello andan a voltas co proxecto de auditorio en Marín
O pasado 3 de agosto tivemos que ler nos medios de comunicación
unha nova noticia desalentadora sobre a futura construción do
auditorio en Marín. O alcalde anunciaba que a Xunta desestimaba
o Parque Eguren como ubicación por cuestións "técnicas
e de mantemento" do edificio.
É
negativa por que non imos ter auditorio en moito tempo, pero é
positiva por que non imos perder un parque que serve de zona de lecer
para moitas persoas.
Estamos ante un episodio máis do que podemos definir como un
culebrón. Temos un auditorio virtual que vai pasando dun sitio
a outro cada vez que o responsábel político de turno fai
unhas declaracións sobre o mesmo. Tirando de hemeroteca temos
o seguinte resultado:
·
11/11/2002 Política Territorial agiliza los trámites para
la obra del auditorio
·
3/6/2003 Política Territorial elude poner fecha a la licitación
del auditorio de Marín
·
30/1/2004 Puerto, Concello y Xunta consensúan el auditorio en
la plaza de España. El auditorio de Marín se construirá
finalmente en terrenos del puerto, en el entorno de la plaza de España
y la avenida de Ourense.
·
30/1/2006 El auditorio no se construirá en el puerto frente a
la plaza de España
·
31/1/2006 Los independientes quieren el auditorio en el parque Eguren
·
2/2/2006 Política Territorial mantiene la opción del puerto
para ubicar el auditorio
·
15/11/2006 BNG y PSOE difieren en el Parlamento sobre la ubicación
del auditorio
En xuño do ano pasado , concretamente o día 7, a conselleira
de política territorial, a Sra. Caride, manifestaba en Marín
que o auditorio sería unha realidade que ía ser construído.
Unha promesa electoral para contentarnos.
A finais de xaneiro do presente ano o anterior alcalde, Toneco, declaraba
que o auditorio non se facía no porto. Deixábase o camiño
libre para a ubicación dun "centro de negocio" neses
terreos e dáballe un golpe baixo na liorta electoral ao BNG que
defendía esa ubicación.
É
curioso que en 8 anos o auditorio mudase de ubicación cada ano
conlevando o evidente retraso na construción e o desfase do proxecto
e orzamento daquel momento mentres que o centro de negocio non necesitara
máis que un par de meses en ter orzamento, proxecto e ubicación,
coma sempre o privado parece primar máis que o público.
Entre declaracións duns e doutros, localizacións no porto
ou no parque Eguren, partidas nos orzamentos da Xunta para o auditorio
que se repiten ano tras ano e que non se materializan, dende o Colectivo
Nacionalista lanzamos unha proposta realizábel (o pasado mes
de outubro) como é colocar o auditorio na Raña, intregrando
no mesmo o pazo hoxe en ruínas.
Deste xeito recuperaríase un entorno e unha construción
de valor histórico e patrimonial e, teriamos en Marín
unha gran zona de equipamentos culturais, deportivos e educativos sen
ter que destrozar un parque que é de uso diario de moitos rapaces
e rapazas que xogan nel. Manteriamos tamén un gran escenario
ao ar libre para grandes concertos e eventos culturais.
Ademais, queremos aproveitar para demandar a urxente revisión
das instalacións deportivas do parque Eguren, concretamente as
canastras, que están nun estado lamentábel e algunha delas
en perigo de caír.
En Marín estamos fartos das liortas políticas entre PP,
PSOE e BNG, entre a Xunta e o Concello. Necesitamos que o novo goberno
municipal demostre a súa capacidade de xestión e acade
resultados traendo os cartos e buscando unha ubicación para o
auditorio. Non se poden aceptar escusas "técnicas"
nin dicir que non se ten nin idea de onde construílo. Están
demostrando que non merecen os altos salarios que se puxeron por xestionar
a administración local.
Marín, 9 de agosto de 2007.