Salvemos o Parque Eguren, o auditorio en A Raña

A falla de equipamentos sanitarios, culturais e administrativos está provocando que a nosa vila se transforme pouco a pouco nunha cidade dormitorio dependente de Pontevedra, onde atopamos unha oferta cultural, de lecer e comercial da que carecemos en Marín.

Un concello que non é capaz de reter nen aos seus propios habitantes para realizar as xestións e tarefas máis cotiáns vai perdendo pouco a pouco a sua identidade, desaparece a vinculación co lugar onde se vive.

É unha responsabilidade política do goberno municipal encamiñar esta situación, e hoxe non o están facendo como non o fixeron anteriores corporacións. Continuamos carecendo, a pesar das múltiples xestións e negociacións, do novo centro de saude, da segunda notaria, do rexistro da propiedade (actualmente en Pontevedra) e do ansiado auditorio. A isto temos que engadirlle que estamos fora dos circuitos culturais da Consellaria de Cultura, claramente por cuestións de revancha política.

Por todo isto é fundamental a construción dun auditorio, pero o proxecto foise retrasandose polo nulo interese demostrado no anterior goberno da Xunta en realizar ese investimento na nosa vila. Esa posición reforzouse polo baile de ubicacións propostas polos distintos grupos municipais, que son incapaces de poñerse dacorno na máis pequena das decisións.

Estas propostas foron encamiñadas a situar o auditorio no “centro” da vila, no Parque Eguren. Esto suporia a desaparición dun dos parques que ten máis aceptación e é o lugar de xogo de moitos rapaces, un dos poucos sitios onde poden xogar en Marín. Poñer o auditorio no porto, opción xa desbotada pola Xunta, superia levantar unha nova barreira entre o mar e a vila.

O noso concello non é moi grande, pero ten extensión abondo para atopar unha ubicación axeitada para unha instalación deste tipo. Ao noso entender unha actuación normal seria buscar diversas localizacións e decidirse pola que menos custe social e económico teña, ampliando os espazos de lecer con que contamos sen deteriorar os que hai.

Na zona de A Raña, á beira do instituto e da piscina municipal, hai terreos abondo para a construcción do auditorio e o necesario espazo para aparcamento á beira do campo de futbol e do pavillón, transformando esta zona na gran área de equipamentos de Marin.. Ademáis, se hai vontade, podese integrar no proxecto o Pazo da Raña e proceder a súa rehabilitación.

Para levar isto adiante é fundamental o acordo dos grupos municipais e a negociación coa Xunta de Galiza, que ten unha débeda histórica con Marín, materializando a modificación do proxecto actual.

Consideramos que a participación cidadán, que case todos os partidos levaban no seu programa eleitoral, manifestando o seu posicionamento sobre os grandes proxectos que se teñen que realizar en Marín é fundamental.

É por isto polo que nos decidimos a propoñer e SOLICITAMOS:


? A localización do auditorio de Marín na zona de A Raña, en terreos limítrofes ao instituto da ESO e da piscina municipal.

? A integración e recuperación do Pazo da Raña no proxecto do auditorio.