Demandamos solución as baches na rua Ezequiel Massoni que dificultan a circulación

Desde o Colectivo Nacionalista queremos denunciar a existencia de dous "socabóns" ao final da rua Ezequiel Massoni e no cruce coa Av. Jaime Janer. Ambos levan xa bastante tempo e pouco a pouco van incrementando o seu tamaño.

Estes desperfectos na vía están orixinando molestias aos vehículos que circulan por estas ruas e poden orixinar accidentes cando se intentan evitar, ao ter que invadir o carril contrario. A esta situación temos que sumarlle a continua presenza de coches mal aparcados nesa zona, moitas veces incluso no paso de peóns, que dificultan ainda máis a circulación.

Temos que lembrar que non é a primeira vez que denunciamos, nen que persoas a título individual o fan, a permanente aparición destes baches nestes mesmos pontos da via. Estos baches veñen sendo habituais, pois cada certo tempo, e sobre todo cando chove, volven aparecer xa que desde o concello limitanse a tapalos provisionalmente.

Queremos demandar que se de unha pronta solución a este problema e que non teñamos que esperar a que procedan á realización da obra prevista de modificación da rua Ezequiel Massoni. Asimesmo, e volvemos reiterarnos, é necesario un maior control da circulación e do estacionamento en dobre fila que se produce habitualmente nesta rua por parte do Concello.


Marin, 2 de xaneiro de 2007.