Don Emilio Pérez Touriño
Presidente da Xunta de Galiza

Marin, 28 de outubro de 2005

Sr. Presidente:

Historicamente os orzamentos da Xunta de Galiza cos anteriores governos do PP castigaron ao concello de Marin co esquecemento inversor. E por isto que nos diriximos a vostede como máximo representante do goveno galego para que subsane dalgunha forma a repetición deste erro na elaboración dos orzamentos da Xunta para o ano 2006.

Unha vila da entidade de Marin, cun porto que é motor económico da nosa comarca e da sua zona de influéncia, cun número de habitantes en crecimento e recibindo unha povoación emigrante das máis numerosas, foi privada das inversións necesárias para cubrir as necesidades dos seus habitantes.

As infraestruturas culturais, deportivas, a mellora das comunicacións ou a inclusión na programación dos grandes eventos pasaron de largo, estancando a Marin no tempo.

Non reivindicamos maís que o resto, pero tampouco menos. Queremos que se nos de un tratamento igual, e que se teña en conta o esquecimento a que nos tivo sometidos a administración autonómica governada polo Partido Popular.
Algunhas das reivinidicacións máis importantes e que necesita o noso concello son:

A construcción dun novo Centro de saude
A construcción dunha nova biblioteca, petición efectuada recentemente pola concelleira delegada de cultura ante a Conselleria de Cultura.
A construcción do pavillón de Seixo.
A protección e posta en valor do amplo património arqueolóxico que temos en Marin, e no Morrazo.
O saneamento integral do rural, a segunda fase no Campo xa é unha promesa en firme do Conselleiro de Medio Ambiente e esperamos que a cumpla.
A construcción das tan necesarias vivendas sociais.
A mellora das vias de comunicación do morrazo que melloren a comunicación interna da nosa comarca, non so a construcción de vias de alta capacidade para os turistas.
O proxecto de beirarruas de Mogor e Seixo que xa tiña que estar feito.
Unha nova garderia para os nenos.
Un centro de dia para os maiores.

O Concello de Marin está governado por un alcalde do seu partido, consulte con el todo o que aqui lle manifestamos e verá como son certas as nosas denuncias e urxentes as nosas demandas. Non pretendemos que se faga todo imediatamente, pero si que se note un maior esforzo inversor por parte do governo da Xunta para compensar tantos anos de esquecemento.

Atentamente,

Colectivo Nacionalista de Marin