AOS
MEIOS DE COMUNICACIÓN
Unha destas obras, concretamente un "chalet" ao lado da praia dos Namorados, resulta especialmente escandalosa polo incumprimento fragante de diversas leis, a Lei do Solo de Galicia e a Lei de Costas. Escandaloso é, legal e esteticamente, o muro que construiron con total impunidade enriba do mar. Apesares das denuncias efectuadas esta obra non está paralizada, e as persoas que acuden a esta praia poden ver como camións e maquinária pesada continuan traballando sen nengun tipo de problema. É urxente que por parte da administración correspondente se tomen as medidas que estabelece a lexislación e se proceda á paralización da obra e á reposición da legalidade. Sexa a Conselleria de Obras Públicas, que ten competencias, ou ben o Concello. O que non podemos asistir os veciños e veciñas de Marin é a un novo peloteo competencial entre administacións mentras na nosa vila reina a lei urbanistica da selva. Esta é unha mostra máis da deixadez e relaxación en matéria de urbanismo por parte dos que teñen a obriga de velar polo cuprimento da lei. Exemplos temos abondo no noso concello: muros que collen camiños públicos con total impunidade e por parte do governo municipal se actua tarde e mal, normativas urbanisticas que se cámbian para beneficiar a constructores en detrimento das necesidade dun coléxio, poderiamos poñer alguns máis. Os e as cidadáns temos a sensación de que os encargados de atender e defender o público, na práctica, actuan en benefício de intereses privados, transformando as institucións en organismos inoperantes fronte aos abusos urbanísticos. Desde o Colectivo Nacionalista demandamos do Concello e da Conselleria de Obras Públicas solucións exemplares que devolvan ao povo a confianza nas administracións como garantes dos intereses xerais, e non dos particulares dalguns aproveitados.
|