O Conselleiro de Política Territorial ven promocionar-se a Marin


Ante a visita do Consellerio de Política Territorial, o Sr. Núñez Feijoo, a Marin temos que manifestar, unha vez máis, o noso pesar pola falla de atención que por parte da Xunta de Galiza se ten con Marin.

O Sr. Conselleiro adicou-se a pasear pola circunvalación para lucir-se e promocionar-se, pero non concretou nen os prazos nen o percorrido final desta obra. Seguimos sen saber cando vai rematar e por onde se vai conectar co tramo de Pontevedra e a autoestrada.

A única conclusión que se pode sacar das palabras do Sr. Conselleiro e que so imos ter un tramo de estrada entre Figueirido e Ardan por moito tempo, o que non vai solucionar os problemas do tráfico en Marin. Non resultou moi productiva esta visita, máis ben decepcionante para nos.

E lamentábel que se inicie un proxecto desta magnitude sen ter claro como se vai desenvolver e en que prazos, o que demostra unha improvisación que podemos definir como "eleitoral" á hora de executar unha obra tan necesária e demandada pola cidadania marinense. Os trastornos aos veciños van continuar sen ter garantida a reposición dos servizos afectados pola obra.

Tampouco houbo un pronunciamento sobre a reparación dos desastres arqueolóxicos cometidos pola empresa construtora, práctica que ben sendo habitual nas obras que realiza a Xunta no Morrazo, como a "aniquilación do complexo arqueolóxico de "Pinar do Caeiro". A administración que ten a obriga de velar e preservar o noso património resulta ser a responsábel da sua destrución.

As visitas dos conselleiros aos distintos concellos son necesárias, pero sempre e cando traian proxectos e propostas concretas de actuacións para solucionar necesidades. O Sr. Núñez Feijoo veu a Marin a dar un paseo, pero non a dar solucións a problemas e obras demandadas desde fai bastantes anos polo noso concello.

Desde o Colectivo Nacionalista queremos demandar un maior respeto e consideración por parte do governo autonómico, e dos seus conselleiros, hacia a nosa vila. Convidamo-los a pasear-se por ela sempre que queiran, e de paso poden vir traer financiación para rematar a piscina, adecentar urbanisticamente as nosas parróquias ou financiarnos vivendas sociais.

Marin, 18 de novembro de 2004.