|
Que dentro do abundante património
arqueolóxico con que conta o concello de Marin, na Illa do Santo
situada na parróquia de Ardán, existen os restos da
edificación da Capela de San Clemenzo ou San Clemente.
Recentemente foi concedida licéncia urbanistica por parte do Concello de Marin a un particular para a realización dun “muro de contención” no entorno da Illa. A propriedade destes terreos parece ser que non está moi clara, polo que podemos atoparnos ante unha situación na que se pretende facer un uso privado dun ben público ante a pasividade da institución municipal. Non temos coñecimento de que, tal e como é obrigado pola Lei 8/1995, de 30 de octubro, do Património Cultural de Galicia, se solicitara informe ou valoración da Conselleria de Cultura para a aprovación desta intervención no entorno da Illa do Santo. Consideramos que o património arqueolóxico de Marin xa padeceu en tempos pasados serias agresións coa conseguinte perda e deterioro de edifícios históricos, mámoas e petroglifos, e ademáis, desde o Concello non se fai nada para evitar, ou que outras administracións eviten, estas desfeitas. Como é deber da Conselleria de Cultura velar polo cumprimento da Lei en matéria de conservación do património histórico e arqueolóxico, é polo que SOLICITAMOS: Que desde a Delegación Provincial da Conselleria de Cultura de Pontevedra se solicite, se é que non o teñen xa, ao Concello de Marin o expediente urbanístico referido á actuación na Illa do Santo de Ardán. Que no caso de que a construción do “muro de contención” resultara perxudicial para a conservación da património histórico e arqueolóxico se proceda ás actuacións recollidas na lexislación vixente para preservar a Illa do Santo e o seu entorno. En Marin, 26 de xaneiro de 2005. DELEGADO PROVINCIAL DA CONSELLERIA DE CULTURA DE PONTEVEDRA |