| Demandamos
a limpeza dos contendores do lixo en Marín
A empresa concesionaria do servizo de recollida do lixo de Marín ten a obriga de limpar os contenedores cada quince días no verán e cada mes no inverno; esto é o que recolle o contrato asinado co concello. Desde que comezou a prestar os seus servizos nunca cumpriu, xa que ningún dos distintos responsábeis municipais obrigou á empresa a facelo. Un ano máis asistimos ao espectáculo de
ter uns contenedores fedorentos cun aspecto lamentábel, moito máis
impactante no periodo estival en que recibimos a un número importante
de visitantes. Non comprendemos como se pode permitir que unha empresa
que ten que prestar un servizo para o concello incumpra sistematicamente
ante a pasividade dos nosos gobernantes que non exixen o que si lle reclaman
aos cidadáns. A todo isto hai que engardirlle a situación en que se atopan moitas beirarruas, que a pesar de contar con barrendeiros que as limpan a diario non teñen un aspecto moi limpo pois necesitan das “carisimas” barredoras e do valdeo para quitar as manchas. Así, unha rúa nova comoa a Ezequiel Massoni está lamentábel debido ao continuo aparcamento dos coches enriba das beirarruas, o que motiva as xustificadas queixas dos veciños e veciñas. Non se dan conta os nosos gobernantes, alguns deles viven alí, da mala imaxen que están dando dispois de invertir tantos cartos na remodelación dunha rúa que ainda non inauguraron e xa parece vella? Por que non se limpa en profundidade e se controla o xeito de aparcar os coches? Despois dun tempo prudencial temos que valorar negativamente a actuación dos novos inquilinos do goberno municipal, e concretamente na área de limpeza, que se manteñen na mesma inercia e pasotismo. Todo o que decia o BNG desde a oposición foi esquecido no momento de tomar posesión e negociar uns salarios espectaculares. Volvemos insistir que a privatización deste servizo público non foi a mellor solución, pagamos máis e temos peor servizo. Tivemos, e pola forma de actuar temos, un concello ao servizo da empresa concesionaria e non ao reves. Pagamos para que fagan o que lles peta e os cidadáns temos que achantar cun incumprimento reiterado na limpeza dos contenedores mentras escoitamos ameazas de sancións. Solicitamos unha vez máis que os políticos, que tanto cobran en Marín, fagan o seu traballo e xestionen dun xeito eficiente os servizos públicos, e se os servizos privatizados non funcionan que recuperen as concesións, obrigando á limpeza dos contendores. Somos conscientes que esta non é a filosofia do bipartido do PSOE-BNG, máis partidarios de aplicar recitas neoliberais, como recentemente manifestou o noso alcalde faldando do alcantarillado. Ainda así, teran sempre a nosa oposición a este tipo de actuacións que só serven para perxudicar aos cidadáns e condealos a pagar máis tasas e tributos para enriquecer ás grandes empresas. Marín, 18 de setembro de 2007. |