|
Demandamos
a limpeza dos contenedores do lixo e das beirarruas de Marin.
Estamos
asistindo este verán a contínuas críticas por parte
da cidadania ante o lamentábel estado en que se atopan os contenedores
de recollida de lixo, papel e vidro na nosa vila.
Como ben sendo habitual nesta época do ano os fedores e o mal aspecto
son unha moléstia que temos que padecer os que viviemos en Marin
e aquelas persoas que nos visitan, dando unha imaxe un tanto terceiro-mundista.
Temos que reitarar, un ano máis, a nosa crítica a esta situación.
Desde o Colectivo Nacionalista levamos tempo, xa no ano 2003 solicitamos
solucións a este problema, demandando que por parte da empresa
concesionária do servizo de recollida se cumpra o prego de condicións,
o contrato que ten co Concello, e limpe os contenedores cada quince dias
na temporada estival, cada mes o resto do ano. Está claro que esto
non se fai, polo que a calor xunto coa suciedade dan lugar a unha situación
de penosidade.
A esto hai que engadir-lle a suciedade en que se atopan as beirarruas.
Onde están as máquinas de limpeza que tan espectacularmente
nos apresentaron nos meios de comunicación e que custaron tantos
millóns? Temos que dicer que últimamente non se ben por
ningures.
Mentras desde o Concello sacan bandos de ornato e limpeza demandando aos
veciños algo que son os primeiros en incumplir, como é o
coidado do aspecto das ruas. De nada serven as bandeiras verdes se realmente
non se coida o aspecto da nosa vila. Non se pode dar unha imaxe asi un
ano en que temos tantos visitantes e pretendemos que ser unha referéncia
turística.
A raiz do problema está na privatización capichosa do servizo
de recollida. Desde o princípio a empresa non da cumprido as tarefas
de limpeza de contenedores, repetindo-se cada ano esta situación.
Tan só no inverno cando a calor e as chuvas minimizan a falta de
limpeza non temos que soportar este problema, pero non porque se cumpran
os prazos no aseo dos contenedores.
Non se entende o trato de favor que por parte do governo municipal se
lle da a esta empresa, que veu incumprindo as suas obrigas constantemente
na limpeza, na recollida e na construcción dunha nave própria
para os seus camións, polo que agora segue utilizando unhas instalacións
públicas.
Queremos pedir-lle ao Sr. Alcalde que exerza como tal e solucione esta
situación de deterioro estético e hixiénico das nosas
ruas. Que a empresa concesionária limpe os contenedores e as beirarruas,
que non esperen a que chova de novo para que lles solucione o problema,
cumprindo os condicións contractuais polas que se lle paga.Marin,
21 de agosto de 2006.
|