|
REUNIÓN
DE GRUPOS DO MORRAZO POLA DEFENSA DO LITORAL
Reuníronse o sábado 4 de febreiro, en Bueu, mais de vinte persoas representando diferentes colectivos do Morrazo preocupados pola defensa do litoral: Anduxía de Bueu, Luita Verde de Moaña, Chilreu de Aguete, Colectivo Nacionalista de Marín, Amigos do Morrazo Verde de Moaña, APDR Asemblea de Marín, Asociación de Veciños O Tombo de Ardán, CIMO-Castelao de Aguete e Foro Social de Cangas. Deuse un repaso as distintas actuacións que se están a levar a cabo ou se proxectan no Morrazo e a problemática que comportan: Portos deportivos de S. Adrián de Cobres, Domaio, Moaña, Cangas e Beluso; proxectos de porto deportivo no Latón, Salgueirón e Bueu; proxecto de centro de interpretación arqueolóxica Berobreo, en Donón; proxecto de ampliación do Porto de Aldán; dragados na Praia do Santo; proxecto de ampliación do dique de Aguete, corredor do Morrazo, circunvalación de Marín... Extraese unha conclusión clara de que unha presión urbanística descontrolada está a promover actuacións apresuradas, mal tramitadas, faltas dos suficientes estudios técnicos, e mesmo a efectuar acoso sobre os alegantes ou obter firmas a favor dos proxectos utilizando a manipulación. Os efectos sobre o medio ambiente se están xa a mirar as claras coa desaparición da Praia de Pescadoira e de Beluso e a desaparición de bancos marisqueiros debido a compactación dos fondos producida por ralentización de correntes. Os efectos sociais son tamén evidentes, o mar se empobrece, a especulación ofrecese como única alternativa, chegan compradores de nivel adquisitivo moito mais alto, a vida se encarece, non se crea traballo e a única saída é a venta do patrimonio familiar e a emigración. Os portos deportivos apenas xeran empregos, as zonas comerciais dos novos portos supoñen competencia para o comercio e hostelería local, as embarcacións utilízanse unha media de 14 días o ano e para iso se venden ou alugan terreos públicos e se fan improductivas importantes zonas de pesca. As actuacións das administracións adicadas a conservación do medio ambiente tampouco son boas, falta planificación e coordinación, se declaran zonas protexidas para dar a imaxe conservacionista e despois se permite ou mesmo promove actuacións destructivas. Como exemplo, unha rexeneración medioambiental na praia de Melide, en Cangas, duplicou o ancho das pistas, provocou erosión coa canalización de pluviais e nos mostra en carteis informativos importantes endemismos de Melide (Lugo). Na Xunqueira de Moaña se prevé una rexeneración con importantes erros e que non é mais que a primeira fase das tres que estaban previstas con anterioridade que agora se mostra como gran logro. Todos os grupos están de acordo en que a preservación do entorno, a mellora da calidade de vida e a obtención dun desenvolvemento sostible son prioridades sociais as que se debe chegar pola vía do diálogo e a información non manipulada. Saliéntanse as bonitas palabras expresadas no programa electoral para as eleccións autonómicas do PsdeG PSOE, que fala de racionalización, planificación, preservación, saneamento e respecto ao entorno, e da proposta de declaración das Rías Baixas como Reserva da Biosfera. Estas palabras non poden quedar en promesas electorais incumpridas. A proposta de Reserva da Biosfera pode ser un marco de grande axuda para que a través do diálogo se preserve o entorno, se exploten adecuadamente os recursos e se obteña o desexado desenrolo sostible. Débense estudiar as alternativas axeitadas, valorizar a vida dos homes do mar, non deixar morrer o marisqueo a pé que é a verdadeira acuicultura natural e percurar outras solucións como a das mariñas secas para as embarcacións de recreo. Decidiuse crear unha Coordinadora Pola Defensa do Litoral do Morrazo e manter reunións mensuais, sendo a seguinte o 4 de Marzo en Aguete.
POR UN MORRAZO DESENVOLVIDO, NATURAL E LIBRE DE ESPECULACIÓN ANDUXÍA: plataforma pola conservación e rexeneración do litoral de Bueu MORRAZO VERDE, Moaña LUITA VERDE, Moaña/Cangas COLECTIVO NACIONALISTA DE MARÍN APDR. Asamblea de Marín GRUPO CULTURAL RONSEL, Aguete CIMO-CASTELAO, Marín Asociación de veciños “O TOMBO” de Ardán FORO SOCIAL de Cangas |