Análise
Xeral
Asistimos estes dias
a un contínuo lamento e cabreo do persoal devido ao resultado eleitoral.
1º Estamos diante dunhas eleicións municipais, non autonómicas
nen xerais. Cada concello é un mundo e os electores botan ou votan
tendo en conta as persoas que se apresentan no seu concello.
2º O PP, queiramó-lo ou non, ten unha estrutura superior á
de calquer outro partido político na Galiza. A sua implantación
e o seu traballo (gostenos ou non este traballo) é unha realidade,
hai están os resultados. É certo que son redes caciquis,
de favores, etc. é o seu xeito de traballar.
3º Para quitar do medios ao PP fan falla proxectos políticos
claros, implantación organizativa, moito traballo pola base. Non
valen as campañas de marketing de última hora, con candidatos
impostos e importados por cúpulas políticas que non teñen
nen puta idea de como funcionan as localidade deste pais.
4º Nen o PSOE, nen o BNG teñen hoxe en dia capacidade para
acabar co PP. Estes dous partidos políticos están máis
preocupados en facer campañas mediaticas e confeccionar listas
con "titulados". Asi non se gañan as eleicións.
5º Está claro que non hai unha alternativa clara nestes momentos.
O PP é un partido de dereitas, pero o PSOE e o BNG cando governan
non se diferéncian moito deste partido. Ademáis, os tres
queren acadar o mesmo eleitorado, o de "centro", unha cousa
moi ambigua que provoca como pasou nestas eleicións que os programas
eleitorais, as promesas, foran as mesmas. Cambian as tácticas dos
partidos, cando o que hai que facer é cambiar á sociedade.
Asi non vamos a nengunha parte.
Marin, unha vila distinta
Na
nosa vila a situación prácticamente non se modificou. Os
resultados deixaron ao PP e ao PSOE co número de concelleiros que
tiñan, 7 e 8 respectivamente. A outra forza política que
existia formalmente, o BNG tiña 6 concelleiros ao comezo da anterior
lexislatura, dividiu-se na práctica mantendo 3 concelleiros e os
"independentes" de Mar-In, expulsados do BNG, quedando-se cos
outros 3.
Analisando os resultados podemos chegar á conclusión de
que todos perderon.
O PP non acadou remotar
os seus malos resultados de fai catro anos, quedando-se nos 7 concelleiros,
apesar de "arrasar" no rural. Este partido non dou asimilado
os malos resultados das anteriores eleicións e estivo vexetando
na oposición catro anos.
O PSOE mantivo-se
nos 8 concelleiros pese a ter o governo municipal e facer un feixe de
obras eleitorais este último ano no centro da vila onde tamén
"arrasaron". A suba da taxa do lixo puido ser un dos freos a
un "cantado ascenso".
Mar-In foi a sorpresa, nadie daba un peso por eles ao comezo da campaña.
Nen eles mesmos crian posíbel sacar 3 concelleiros e superar en
votos ao BNG. A política clientelar en cultura e deporte poden
explicar estes resultados, xa que unha forza deste tipo nunca acadou máis
dun concelleiro en Marin.
O BNG foi claramente o gran perdedor destas eleicións municipais.
Pasou de 6 a 3 concelleiros, colocando-se nuns resultados similares ao
ano 1989. Esta forza política quedou reducida á marxinalidade
eleitoral e tamén organizativa. Son catro e un tambor. A imposición
dun candidato que ia "agrupar ao nacionalismo en Marin" e "abrir-se
a novos sectores" demostrou-se desastrosa. A Executiva Nacional do
BNG deveu-se inspirar na Vida de Bryan á hora de actuar en Marin,
resucitando mortos políticos e facendo unha operación triunfo
para buscar un candidato. Quen asumirá a responsabilidade deste
descalabro? Seguramente ninguén.
Non cambiou nada numericamente,
cualitativamente si houbo un cámbio moi grande. Na nova corporación
non vai existir nengunha forza política cunha concepción
alternativa e apegada ás clases populares, que defenda os intereses
do conxunto da sociedade.
PP, PSOE, BNG e Mar-In,
todos peleados na campaña eleitoral argumentando con programas
idénticos, slogans idénticos, promesas idénticas,
manteñen programas eleitorais ocultos. Nengun falou en campaña
dos problemas reais que ten o noso concello. Nengun deles mentou o problema
dos xulgados e o seu posíbel traslado, nengun falou de futuras
privatizacións que realmente están próximas, nengun
falou da nave que Tecmed quer construir na pardavila, nengun falou dunha
menor presión fiscal para os máis necesitados, nengun ten
un programa de promoción económica do noso concello. Esta
campaña dou a sensación de ser un casting de Operación
Triunfo, onde todos representaban o mesmo papel.
Marin vai padecer
catro anos máis unha situación de parálise política
en mans duns partidos que teñen como único interese manter-se
apegados ao poder municipal.
É necesária unha nova alternativa para o noso povo, unha
alternativa política distinta, que defenda os intereses do conxunto
da sociedade, das clases populares...
Marin, 29 de Maio de 2003.