Demandamos a publicidade do Concello en Galego. A biblioteca pública de Marin fixo públicas as súas actividades lúdicas o pasado 19 de outubro, para o cal foron colados polas rúas de Marin cartaces cos distintos actos. A nosa sorpresa foi maiúscula cando comprobamos que os mesmos non estaban en galego, o que nos parece un atentado á legalidade vixente e vai en contradición coas distintas manifestacións públicas sobre o noso idioma feitas polos responsábeis culturais do concello. Dende o Colectivo Nacionalista queremos amosar o noso descontento coa actuación que ten o concello con respecto á lingua galega. A biblioteca depende da Concellaría de Cultura, que ademais é responsabilidade dunha persoa que formou parte dunha candidatura autodenominada nacionalista, polo tanto ten unha resonsabilidade coa promoción do noso idioma. Moito máis cando se trata de actividades dirixidas a rapaces e rapazas .A presenza do noso idioma nas actividades culturais programadas durante o ano, e sobre todo nas festas do verán, foi escasa, por non dicir nula, amosando a pouca sensibilidade e falla de compromiso da concellaría de cultura co galego. Como recolle a Lei de Normalización Lingüística no seu artigo 4, o galego, como lingua propia de Galiza, é lingua oficial das institucións da Comunidade Autónoma, da súa Administración, da Administración Local e das Entidades Públicas dependentes da Comunidade Autónoma. Os poderes públicos de Galiza promoverán o uso normal da lingua galega, oralmente e por escrito, nas súas relacións cos cidadáns. Outra actuación , a finais do ano pasado, á que asistimos perplexos foi o despropósito do goberno local ao contratar a dúas persoas para o servizo de normalización lingüística tan só polo espazo dun mes, cuariosamente o de decembro que ven cargado de festivos. Este contrato debeuse máis á oportunidade de aproveitar unha subvención que a un verdadeiro interese en mudar a situación da nosa lingua na administración local. Fronte a esta deixadez temos que facer chegar o noso rexeitamento, volvendo a reivindicacións que xa deberían estar superadas e que son propias de épocas pasadas, pois o compromiso coa normalización debe ser un dos pilares de toda acción cultural das administracións en Galiza O galego non
é unha lingua minoritaria senón que é unha lingua
minorizada pola acción ou a inacción das institucións
responsábeis e é por iso que o Colectivo Nacionalista ante
a continua perda de galego-falantes reclama do goberno local e da concelleira
de cultura Marin, 6 de novembro de 2006. |