Demandamos
a reparación do servizo de internet na Biblioteca
Dende
hai uns meses o servizo de internet que debía funcionar na
biblioteca municipal está suspendido a causa dunha avaría
no router, impedindo aos/ás numeros@s usuari@s deste servizo
acceder a internet como viñan facendo habitualmente. Malia
as queixas por esta situación xa expresadas nos medios de comunicación
polos usuari@s da biblioteca ninguén no concello parece mover
un dedo para solucionar a avaría e repoñer o servizo.
Mais esta vez a culpa non é só da Concellaría
de Cultura de Marin xa que o mantemento e o bo funcionamento deste
servizo dependen do Ministerio de Industria e da Consellaría
de Cultura da Xunta, en mans do BNG, a cal non lle procesa unha gran
simpatía á nosa vila debido as súas desavenencias
co grupo dos independentes , tendo que sofrer os/as cidadáns/ás
as rencillas entre estes dous grupos políticos.
Esta
avaría non é un feito illado senón que reflite
a incompetencia dos que nos gobernan xa que o periodo de tempo dende
que se concedeu a subvención para a instalación deste
servizo até chegar a estes momentos está plagado de
despropósitos, xa que primeiro a falta de equipos e logo a
de mobiliario foron retrasando a entrada en funcionamento deste servizo.
Mentres
noutros concellos existen diversos puntos de acceso gratuito a internet
e incluso vilas como Salvaterra e Ponteareas están poñendo
en funcionamento unha rede wi-fi que permitirá a tod@s @s veciñ@s
acceder gratuitamente a rede de redes dende calquera lugar do municipio,
en Marin, unha vez máis, temos que contemplar con envidia estes
progresos noutras vilas cando na nosa os mínimos avances conseguidos,
como internet, quédanse en nada por culpa da deixadez d@s polític@s.
Porén
dende o Colectivo Nacionalista esiximos ao goberno municipal, agora
que están nun eufórico período preelectoral que
ademais de bachear e repavimentar as rúas de Marín reparen
e volvan a poñer en funcionamento o servizo de internet na
biblioteca municipal.