Por un nadal máis ecolóxico en Marín

O cambio climático, cuxas consecuencias xa estamos a padecer, é unha das grandes preocupacións e problemas que ameazan á humanidade nun futuro non moi lonxano, como o reflicte a cimeira que se celebra estes días en Bali onde algún estados e diversas organizacións ecoloxistas reclaman o esforzo de todo o mundo hoxe máis necesario do que nunca para tratar de frear na medida do posíbel o deterioro do noso planeta.
Decembro é o primeiro e grande escollo que se atopa a loita contra o cambio climático, xa que é o mes por execelencia de maior consumo do ano, debido ao nadal e as súas festas. O consumo de produtos alimenticios, roupa, xoquetes e demais agasallos cos seus correspondentes envases e envoltorios non deixa de crecer ano a ano provocando moreas e moreas de lixo.
O consumo de enerxía eléctrica, xa de por si alto nesta época debido ao frío, tamén aumenta ao acender moitas persoas os seus adornos navideños nas súas casas. Ademais son moitos os concellos e organismos públicos que se gastan unha enorme cantidade de cartos en primeiro adornar as rúas, prazas e edificios da vila e logo en manter estes adornos accesos durante moitas horas ao día provocando un gran desbaldimento de enerxía e de cartos dun xeito innecesario.
O alumeado público inecesario o único que fai e provocar un aumento das emisións de gases de efeito invernadeiro debido aos procesos de produción da electricidade. Marín, por desgraza, non é unha excepción e xa podemos ver dende hai varios días as nosas rúas adornadas e funcionando miles de luceciñas que aínda que sexan de baixo consumo provocarán un enorme gasto en electricide ao final do mes. Mais os prexuízos de manter estas miles de luces accesas non son só económicas senón que ten graves consecuencias para o noso medio ambiente. Ademáis, non se están instalando luces de baixo consumo, como si están facendo noutros concellos, o que suporía un aforro no custe e no despilfarro enerxético.
Por moi entrañábeis que sexan estas datas e os seus adornos, dende o Colectivo Nacionalista consideramos moito máis importante conservar o noso planeta nas mellores condicións posíbeis paras as vindeiras xeracións.
É por iso pol que apelamos á responsabilidade dos/as veciños/as para que consuman dun xeito moderado enerxía. Tamén reclamamos do concello que manteña apagados os adornos até entrados propiamente no nadal e que estes non permanezan accesos toda a noite ademais do seu inmediato apagado despois de reis.
Lamentar, por último, que unha vez máis o goberno municipal denominado “progresista-nacionalista” de Marín practica unha política lingüística nefasta deixando de lado o noso idioma e potenciando o español nas luces de nadal. Non cumpre co prometido, nin coa lexislación en materia de normalización.

Marín, 12 de decembro de 2007.