O Colectivo Nacionalista de Marin apresenta un escrito de alegacións ao trazado da Liña de Alta Tensión do Morrazo.


Desde o Colectivo Nacionalista consideramos que o deseño da proposta de trazado da liña de alta tensión do Morrazo é perxudicial para a saude, a ecoloxia e a economia de Marin e da nosa comarca.

Sumamos a nosa voz á das asociacións, organizacións e institucións que xa se manifestaron contra este proxecto, xa que é de sentido comun solicitar unha liña con outras características menos lesivas. O que votamos en falta é o posicionamento do Concello de Marin; unha vez máis permanecen mudos ás demandas da sociedade.

Cando nos paises avanzados se instalan liñas soterradas, cando se están soterrando outras liñas próximas a núcleos de povoación, aqui seguimos como no século XIX. Este proxecto é unha mostra máis de que a Xunta de Galiza funciona ao dictado de Unión Fenosa no desenvolvimento enerxético do noso pais. Priman-se os intereses económicos desta empresa fronte aos intereses do conxunto da sociedade. Provocan-se perxuizos económicos, de saude e ecolóxicos para aforrar uns euros que imos pagar todos nos no recibo da lus.

Queremos animar aos veciños e veciñas de Marin a que apresenten alegacións a este proxecto para que na Conselleria de Industria se decaten de que teñen que ter en conta as opinións dos administrados, que somos os que sofremos este tipo de decisións.


Marin, 30 de Agosto de 2003.