|
Os orzamentos do PSOE e o BNG discriminan a Marin como o facian os do PP. O governo da Xunta apresentou os orzamentos para o ano 2006 como os da modernización económica e crecemento, os do emprego estable e de calidade, da mellora da sanidade, do compromiso social e do equilibrio territorial. Son estas unhas premisas coas que todo o mundo esta dacordo e os cidadáns esperan que calquer governo as leve adiante. Agora
ben, estes principios xenericos tan fermosos parece que se diluen cando
se trata de levalos á práctica a nível municipal.
A proposta de orzamentos da Xunta para o 2006 é un calco das anteriores,
un ano máis só fan referencia a Marin en duas partidas.
A variante de Marin, 15 millón de euros para a circunvalación
que corresponderian ao noso concello e a Pontevedra, e unha mínima
partida de 330.000 euros para a construcción do auditorio. Todas
as xuntanzas que efectuaron o alcalde e os concelleiros do equipo de governo
municipal parece que non serviron de moito, e so recibiron promesas por
parte dos responsábeis políticos autonómicos. A Xunta
do PSOE e do BNG da o mesmo tratamento que historicamente veu dando o
PP a Marin. O talante e o sentidiño son unicamente propaganda que
non se aplica á hora de governar e distribuir os cartos públicos. Estamos
ante unha proposta que volve ser moi indeterminada na sua concrección
para que o governo poida dispoñer ao seu libre albedrio e facer
un reparto en función dos seus intereses partidarios e electorais.
O cambio parece que consiste en que nada cambie e a política do
reparto caciquil segue implantanda na Xunta. O
que lamentamos é que desta vez non imos coincidir nas críticas
co BNG e o PSOE. Se os primeiros afirmaban o ano pasado que os orzamentos
eran negativos e que non se tiñan en conta as necesidades fundamentais
da comarca e que o PP facia unha utilización clientelar e arbitraria
dos mesmos, os segundos denunciaban a falla de obras fundamentais e anunciaban
emendas para que Marin tivera máis inversións. Este ano
son eles os culpábeis de que a nosa vila continue na dinámica
de sempre e se vexa privada do que nos corresponden como cidadáns
galegos. Qué nos van vender agora? O Colectivo Nacionalista de Marin vai-se dirixir ao Presidente da Xunta de Galiza, o Sr. Touriño, para lembrarlle algunhas das necesidades historicas, reivindicadas dunha forma ou doutra polos distintos colectivos e asociacións da nosa vila, como son:
Tan só demandamos que se nos de un trato xusto e equitativo, similar ao resto das vilas do noso entorno e en consonancia co numero de habitantes que ten o noso concello. Pedimoslle a este governo, como lle pedimos ao anterior e lle pediremos ao que veña, que non se teña en conta a cor política de quen governa en cada momento á hora de repartir os cartos públicos, e que no debate no parlamento galego se teñan en conta as necesidades reais de Marin. Marin, 28 de outubro de 2005
|