Desde
o Colectivo Nacionalista de Marin queremos denunciar o mal estado hixiénico
en que se atopa o parque infantil situado ao lado da Alameda. O chan
de area onde xogan e se sentan os nenos e nenas esta completamente cheo
de colillas.
Consideramos
unha falta de hixiene e de educación esta práctica de
tirar as colillas ao chan, e moito máis cando se trata dun parque
infantil. Os pais e nais que fan isto están dando un mal exemplo
e unha mostra de incivismo, precisamente nun sitio onde os crios xogan.
Ademáis,
a unica papeleira que hai en todo o parque é das antiguas polo
que está aberta e permite un facil achegamento á mesma
por parte de calquer rapaz, co conseguinte perigo para a sua saude.
Somos
conscientes de que estamos ante un problema de civismo que non pode
resolver directamente a administración, pero é necesário
que teña iniciativas para soluciona-los.
É
por isto que demandamos do Concello de Marin que tome medidas e de cando
en vez, igual que fan nas praias, limpe o chan de area dos parques infantis,
que amplie o número de papeleiras, que poña modelos mais
axeitados e que coloquen “cambiadores” para que sexa
facil e cómodo cambiar aos nenos e nenas máis pequenos.
Tamén
consideramos que seria necesária unha nova ordenanza municipal
que proibirá fumar nos parques infantis e unha campaña
informativa colocando paneis chamando ao comportamento cívico
das personas que van aos parques para que non os lixen nen tiren colillas
no chán.
Marin,
5 de maio de 2006.