|
A
Xunta de Galiza é responsábel da destrucción do patrimonio
arqueolóxico en Marin e no Morrazo.
Desde o Colectivo Nacionalista de Marin queremos manifestar a nosa total repulsa ante os graves feitos acontecidos no complexo arqueolóxico de “Pinar do Caeiro” e denunciados este fin de semán pola AA.de VV. De San Xulián. A destrución do noso património arqueolóxico, e neste caso dos petroglífos do “Pinar do Caeiro”, son xa unha constante habitual no proceder da Xunta de Galiza na comarca do Morrazo. As obras da circunvalación á Marin e as da vía rápida do están supoñendo a eliminación e destrución de gran cantidade de xacimentos e restos arqueolóxicos. O peor de todo e que a administración que deberia velar pola sua conservación é a que os está destruindo dun xeito intencionado. A Xunta de Galiza é culpábel por ación ao consentir que as empresas que realizan estas obras actuen dun xeito vandálico sobre o noso património histórico. Os concellos son culpábeis por omisión xa que non fan nada por evitar esta desfeita. Nen tan siquer unhas simples lamentación por estes feitos. Temos que lembrar que segundo a lexislación vixente todas as administracións son responsábeis da conservación do património histórico, polo tanto o Concello de Marin é tamén responsábel do mesmo, xa que os petroglifos de Pinar do Caeiro estaban catalogados como Ben de Interese Cultural. Asi a Lei 16/1985, de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español, no seu Artigo 20 di: A declaración dun conxunto histórico, sitio histórico ou zona arqueolóxica, como bens de interese cultural, determinará a obriga para o município ou municipios en que se atopen de redactar un Plan especial de protección da área afectada pola declaración ou outro instrumento de planeamento dos previstos na lexislación urbanística que cumpra en todo caso as exixencias nesta Lei estabelecidas. Na Lei 8/1995, de 30 de outubro, do Património Cultural de Galiza, no seu Artigo 4 di: Colaboración das corporacións locais. 1. Os Axuntamientos teñen a obriga de protexer, defender, realzar e dar a coñecer o valor cultural dos bens integrantes do patrimonio cultural de Galiza que se ubiquen no seu término municipal. Como Colectivo Nacionalista demandamos que o Concello de Marin acuda aos xulgados correspondentes e denuncie a desfeita do xacemento do Pinar de Caeiro reclamando a reposición do mesmo e a adopción de responsabilidades por parte dos culpábeis do feito. Facemos un chamamento a todas as asociacións e colectivos culturais e veciñais de Marin para que se manifesten públicamente contra este tipo de actos vandálicos contra o património arqueolóxico da nosa vila.
|