|
Dna.
Sara Montenegro Piñeiro con DNI 52497495 H, con domicilio a efectos
de notificación en Lameiro – Ardán nº 5-A, 36912
Marín, en representación do Colectivo Nacionalista de Marin,
expón:
Que tal e como estipula a LEI 3/1983, do 15 de xuño, de Normalización Lingüística (D.O.G.: 14/7/83) o galego é a lingua propia de Galiza e os cidadáns temos o dereito ao uso desta lingua, oralmente e por escrito, nas nosas relacións coa Administración Pública no ámbito territorial galego. A devandita lei tamén estipula que os poderes públicos de Galiza promoverán o uso normal da língua galega, oralmente e por escrito, nas suas relacións cos cidadáns. Contrariamente a isto, tanto a documentación oficial como o proprio nome do Porto de Marin non figuran en absoluto nesta lingua, senón que únicamente en castelán. Neste sentido, resulta especialmente rechamante o rótulo da entrada principal do Porto no que tan só figura o nome en español. Polo
que solicita, Marín, 20 de febreiro de 2004. Asdo.: Sara Montenegro Piñeiro
|