O PORTO DE MARIN EN GALEGO

O Colectivo Nacionalista de Marin apresentou ante a Autoridade Portuária de Marin un escrito solicitando a utilización do idioma galego en todos os ámbitos de actuación deste organismo público. Até o momento, tanto a documentación interna e externa asi como toda a rotulación no Porto de Marin se fai única e exclusivamente en español. Consideramos que é un deber de todos os organismos públicos defender e promocionar o noso idioma, o galego, património ameazado do povo galego.

Tal e como estipula a LEI 3/1983, do 15 de xuño, de Normalización Lingüística (D.O.G.: 14/7/83) o galego é a lingua propia de Galiza e os cidadáns temos o dereito ao uso desta lingua, oralmente e por escrito, nas nosas relacións coa Administración Pública no ámbito territorial galego. A devandita lei tamén estipula que os poderes públicos de Galiza promoverán o uso normal da língua galega, oralmente e por escrito, nas suas relacións cos cidadáns.

Contrariamente a isto na Autoridade Portuária únicamente se emprega o castelán. Neste sentido, resulta especialmente rechamante o rótulo da entrada principal do Porto no que tan só figura o nome en español.

Facemos un chamamento aos membros do Consello de Administración da Autoridade Portuária para que temén asuman a sua responsabilidade, xa que hai representantes de distintas entidades entre elas os concellos de Marin e Pontevedra, e defendan o uso do galego.

Tamén nos diriximos por escrito á corporación municipal de Marin, como parte integrante do Consello de Administración da Autoridade Portuária, para que inste a este organismo a que tanto a documentación oficial así como a rotulación do Porto de Marin se realice en lingua galega, dado que o texto da Lei de Normalización Lingüística tamén establece que os cargos públicos promoverán o uso da lingua galega e que a rotulación pública deberá ser sempre a galega de acordo coa forma única dos nosos topónimos.

Desde o Colectivo Nacionalista non pedimos nada do outro mundo, so que se cumpra a lexislación vixente, o sentido comun e que se faga un mínimo esforzo pola defensa do noso idioma. O que lamentamos é que teñan que ser asociacións diversas ou particulares os que sigan demandando de organismos públicos o cumprimento da Lei, cousa que xa debia ser unha actuación normal.

Marin, 21 de Xaneiro de 2004.