|
ESCRITO
APRESENTADO NA CONSELLERIA DE SANIDADE
A Asociación do Defensor do Paciente fixo público un informe o pasado 25 de Xullo no que se analisaba a situación da asisténcia sanitária pública no estado español. No mesmo indicaba-se a saturación das urxéncias nos hospitais con estáncias de pacientes nos pasillos durante dias; 400.000 pacientes en listas de espera para intervencións cirúrxicas. É unha realidade próxima e coñecida polos usuários da sanidade. Cada certo tempo nos meios de comunicacións se fai referéncia á masificación dos servizos de urxéncia do Hospital Montecelo ou do Provincial. Cada verán fechan salas e retiran camas por non ter persoal para atender aos pacientes. E asi un longo etcetera de problemas debidos á redución da inversión en saude e aos procesos de privatización encubertas que se dan na sanidade. Mentras todo isto acontece en Marin hai un Hospital infrautilizado, o da Escola Naval Militar. Reiteradas propostas se fixeron para integrar este edifício na rede de atención do Sergas. Consideramos que é o momento de facer unha nova petición para que estas instalacións públicas sexan realmente rendabilizadas e utilizadas. Non se pode entender que mentras os hospitais de Pontevedra están saturados teñamos un infrautilizado. Este hospital pode dar perfectamente servizo aos concellos de Marin e Bueu, adicando-se a urxéncias, materno-infantil, ou ao que se considere máis oportuno e necesário por parte dos responsábeis sanitários. Se hai vontade política poderia producir-se facilmente a integración do hospital da Escola Naval na rede do Sergas xa que se trata do traspaso dun organismo público a outro. Trataria-se dunha actuación de sentido comun para aproveitar algo que xa é de todos nos. Por todo o anteriormente exposto, solicitamos da Conselleria de Sanidade: Que inicie as xestións necesárias co Ministério de Defensa para que o Hospital da Escola Naval Militar de Marin se integre na rede asistencial do Sergas.
|