Transformacións
neoliberais e luita de clases
James
Petras
Rebelión
Traducido
do inglés para Rebelión por S. Seguí
Introdución
O marxismo ten por obxeto a análise concreta das estruturas específicas
do capitalismo na súa evolución, como resultado da luita
de clases e a dinámica que imprime a maximización do beneficio.
A premisa principal para comprender a conversión do “capitalismo
do benestar” no neoliberalismo é o éxito da clase
capitalista nas luitas sociais, que produciu uns cambios estruturais
favorábeis, que a súa vez crearon unhas “condicións
obxetivas” asimesmo favorábeis para alcanzar resultados
propicios á clase capitalista. A reacción dialéctica
entre a luita de clases e as transformacións estruturais é
decisiva na reacción entre o capital e o traballo.
Se ben é certo que a luita de clases é a “forza
motriz da historia”, as reaccións de clase estabelecen
as condicións obxetivas específicas en cuxo marco se produce
dita luita. Os cambios na reacción entre capital e traballo toman
forma mediante a luita de clases, á vez que a determinan, e o
resultado probábel: maior poder e máis altos beneficios
para a clase capitalista ou maior poder e máis altas ventaxas
sociais para a clase traballadora.
Para comprender os actuais obstáculos estruturais ao avance da
clase traballadora, e en particular a debilidade desta ante a ofensiva
capitalista, é importante votar un vistazo, sequera somero, ao
proceso de luita de clases que conduciu á actual situación.
Patrón histórico da luita de clases: Italia
Para analisar e explicar os avances e retrocesos na luita de clases
en Italia, é importante estabelecer unha clasificación
periódica da coxuntura. A intensidade da luita de clases non
se pode ubicar con precisión en tempo e lugar, debido ás
diferenzas rexionais, xeográficas e socioeconómicas do
país no seu conxunto. Os avances nunha rexión ou sector
non teñen necesariamente continuidade neutros, e grandes folgas
se producen en pleno período xeral de decadencia. O desenvolvemento
desigual da luita de clases por sectores e rexións é resultado,
en parte, do desenvolvemento desigual da economía e das experiencias
culturais e históricas asumidas por diversos sectores da clase
traballadora ou dos capitalistas.
A pesares destes problemas metodolóxicos, é posíbel
determinar catro periodos clave na intensidade da luita de clases:
1. 1944-49 - Intensidade da luita de clases e avances dos traballadores,
neste primeiro periodo posterior á derrota do feixismo. A cuestión
do poder do estado, con sectores armados da clase traballadora que ocupan
empresas e burgueses que retroceden, dependentes da axuda militar anglo-estadounidense,
vaticana, de simpatizantes apenas ex feixistas e da Mafia. Os líderes
reformistas do PCI e do PSI encauzan a luita hacia as reformas sociais,
a mellora da lexislación laboral e as canles institucionais.
2. 1950-64 – Diminución relativa da luita de clases cos
inicios da Guerra Fría; o capital consolida o seu poder estatal
aínda que se ve obrigado a aceptar os avances sociais do periodo
anterior e a existencia dun poderoso movimento sindical. Aínda
que a ameaza ao poder do estado diminue, a clase obreira organizada
segue crecendo e se rexistran avances en materia de lexislación
salarial e seguridade social. A clase obreira non sofre ningunha derrota
decisiva, e se mobiliza por medio de folgas xerais contra a estratexia
do retroceso (roll back).
3. 1965-75 – Poderoso rexurdimento da luita de clases. A clase
obreira pasa á ofensiva, e conta cun apoio masivo de estudantes,
intelectuais e funcionarios sindicados, pensionistas e xóvenes
subempregados. A forza da esquerda extraparlamentaria crece e plantexa
un desafío aos partidos e sindicatos reformistas. Os delegados
e as asambleas de fábrica son unha alternativa á clase
capitalista na súa hexemonía no lugar de traballo e os
barrios proletarios. A represión estatal e as accións
da extrema dereita provocan o xurdimento dunha insurxencia urbana armada.
As luitas traen consigo maiores dereitos dos traballadores nas empresas,
incrementos relativos de salarios, pensións, vacacións
e seguridade social. No entanto, os líderes reformistas reteñen
o control dos sindicatos e axudan á clase capitalista a consolidar
de novo o estado e a propiedade capitalista.
4. 1976-2006 – Declive da luita extraparlamentaria, como resultado
da represión estatal apoiada polos partidos reformistas. Reagrupamento
capitalista e comezo dunha nova ofensiva contra a clase obreira organizada
das fábricas. Os partidos e sindicatos reformistas quedan, en
xeral, “institucionalizados”, cunha “minoría
cautiva” incapaz de facer fronte á ofensiva emerxente;
as luitas teñen xa carácter defensivo e os avances sociais
do pasado se degradan. De particular importancia é a reestruturación
dos principais sectores económicos. O capital pasa-se ao sector
financeiro, deslocaliza-se a países de ultramar e se pasa ao
comercio e os servizos. O modelo neoliberal reempraza ao “capitalismo
do benestar” e o pacto entre o capital e o traballo se sustitue
por un pacto eleitoral dominado pola burguesía, dotada dun programa
neoliberal.
5. 2006 – Rexurdimento da luita de clases en Europa, liderada
por unha alianza de estudantes-traballadores-desempregados en luita
contra a precariedade nos contratos de traballo. O exemplo francés
é un modelo para a esquerda extraparlamentaria en Italia, Brasil
e outros lugares.
Observacións xerais
Aínda que a “teoría do valor” manten a súa
vixencia en todas as fases do capitalismo, non pode explicar as variacións
na luita de clases ou o alza e o declive das luitas da clase traballadora
(é dicer, o resultado da luita de clases en fases temporais e
lugares concretos). As condicións de explotación do traballo
varían cos vaivens da luita de clases. Se ben a “teoría
do valor” é fundamental para a comprensión da natureza
da explotación baixo o capitalismo, non explica a variación
dos graos de explotación no contexto sociopolítico concreto
no que ten lugar a explotación.
Na historia da luita de clases destacan algunhas características:
1. Non existe unha progresión lineal nin “avances acumulativos”.
Os periodos de avance van seguidos de retrocesos. No entanto, até
o periodo 1976-2006, o retroceso non tivo como resultado a perda dos
avances anteriores, polo que as siguintes fases da luita de clases aproveitaron
e ampliaron ditos avances. O proceso desigual da clase obreira significa
que os momentos de crise sociopolitica son decisivos para determinar
se a clase obreira simplesmente se asegura reformas sociais temporais
(suxeitas a un cambio de rumbo tras a crise) ou se se prepara para desafiar
ao poder estabelecido. Nos momentos de avance debería desenvolver
unha estratexia de poder ou facer fronte ao subseguinte periodo de retroceso.
Non hai “mobilizacións permanentes” ou alo menos
unha continuación nos altos niveis de conflito de clases.
2. Non hai correlación entre o auxe da luita de clases e o ciclo
económico. De feito, a luita de clases agudiza-se tanto durante
o colapso capitalista (1944-46) como en periodos de rápida expansión
(1965-75). O impacto político do ciclo económico –expansión
ou contracción– depende do nivel de organización
de clase e a súa inserción na clase obreira e entre os
labregos e os empregados do sector público. A organización
sociopolitica crea o “filtro” a través do cal a clase
obreira interpreta o ciclo económico e reacciona ante él.
3. Non hai correlación entre unha “crise de réxime”
e a luita de clases, porque é sempre o aparato permanente do
estado (Banco central, altos funcionarios, altos cargos xudiciais e
militares) o que decida política do governo. Existe unha forte
correlación entre unha crise estatal e a luita de clases. A caída
do estado (feixista) en Italia, 1944-46, abriu unha oportunidade histórica
para o avance da luita de clases hacia o poder estatal.
4. A luita e os movimentos de clases se desenvolven desigualmente debido
a factores políticos, sociais e históricos. Só
un movimento político nacional pode integrar e sincronizar aos
sectores máis avanzados dos movimentos de clase e aos menos avanzados.
5. Unha erupción de alta intensidade de luita de clases é
o resultado da acumulación de forzas, a creación de cadros
políticos e líderes sociopolíticos estreitamente
vinculados ás masas, en sectores fundamentais da produción,
a distribución e a vivenda. Os periodos de luita intensa (1944-46)
e (1965-75) foron precedidos dun decenio de cuidadosa construción,
organización, recrutamento de cadros e inserción “nas
luitas diarias polas reformas”, de marcada conciencia revolucionaria.
6. O periodo 1976-2006 tivo a característica xeral dunha desacumulación,
ou fragmentación, unha dispersión e unha perda de cadros
históricos. En paralelo a este proceso xeral, emerxeron novos
movimentos con conciencia de clase, como por exemplo Rete Communisti
(Comités de base), que están ‘acumulando’
forzas nas difíciles circunstancias de desintegración
dos “vellos centros” (PCI, RC e CGIL) da mobilización
de clase. O periodo 1976-2006 constitue un proceso dual de derrotas
e retiradas acumuladas, así como de rexurdir de novos movimentos
de clase en luita pola hexemonía sociopolítica.
A luita pola hexemonía no seo da clase obreira
Moitos críticos culturais da esquerda fan fincapé no papel
dos meios de comunicación de masas na debilitación das
organizacións de clase e o fomento da despolitización
das masas. Se ben a constante presión dos meios de comunicación
ten sen dubida impacto por sí mesma, explica-nos pouca cousa,
ou nada, do incremento ou a diminución da luita de clases. Por
exemplo, a maioria dos meios de comunicación de masas estiveron
sempre en oposición ás organizacións e a luita
de clases. No entanto, nos periodos de 1944-1950 e 1965-75 deron-se
masivos enfrentamentos de clase e movimentos de crecente importancia,
a pesares dos meios de comunicación. A pregunta sería
máis ben ¿por qué os meios teñen hoxe máis
repercusión que no pasado? A razón reside na diferenza
da estrutura de clases e o nivel de organización destas, a perda
de perspectiva de clases nos “meios alternativos” vinculados
ás masas. E por riba de todo, a perda de líderes de opinión
con conciencia de clase ubicados en fábricas, oficinas e barrios,
capaces de interpretar as noticias, os acontecementos e as políticas,
e proporcionar unha orientación ás masas. Os “líderes
de opinión” poden ser “militantes” ou “cadros”
ou “activistas” que vinculen as masas ás organizacións
de clase e aos líderes nacionais e rexionais. Sen estes “líderes
de opinión”estratéxicamente situados nos lugares
de traballo e de vivenda dos traballadores, os meios de comunicación
de masas campan as súas anchas sen oposición.
A hexemonía implica a “batalla de ideas”: as ideas
e a experiencia determinan a acción social e política.
Contrarrestar a hexemonía da clase dominante implica varios niveis
de luita interrelacionados: a luita diaria no mercado (prezos), o lugar
de traballo (salarios, seguridade), o lugar de vida (vivenda), as institucións
educativas (públicas ou privadas), a sanidade (pública
ou privada), as pensións (idade de xubilación) e “a
rúa” (desemprego ou emprego temporal). O problema político
consiste en transformar o descontento individual ou privado nunha acción
colectiva, pública, informada por unha análise de clase.
O segundo nivel é a luita pola claridade programática
e teórica. A luita por unha perspectiva de clase no ámbito
da “cultura” inclue a batalla pola hexemonía intelectual
entre a pequena burguesía (periodistas, académicos,estudantes
e profesionais). A cuestión, neste caso, consiste en demostrar
a superioridade conceptual do marxismo como perspectiva de clase na
explicación e a comprensión da realidade obxetiva, e como
base para a acción concreta.
A efectividade da teoría de clase, vinculada á práctica,
reside en facelo comprensíbel tanto dende un ponto de vista conceptual
como lingüístico aos activistas, militantes e cadros que
constituen os enlaces estratéxicos entre as masas e os líderes.
A teoría debe ser concreta e proactiva para que sexa útil;
unha teoría abstracta cunha linguaxe exótica e incomprensíbel,
é peor que inútil: desorienta aos militantes e disocia
aos líderes dos cadros, e a estes das masas.
A luita ideolóxica a ambos niveis é esencial para a construción
de movimentos anti hexemónicos e a creación dunha conciencia
de clase obreira. O núcleo das guerras culturais é a profundización
da perspectiva de clase contra o individualismo; a pseudo-rebelde “cultura
xuvenil”, totalmente antoindulxente;unha produción de determinados
sectores dos meios de comunicación comerciais. Para contrarrestar
as forzas hexemónicas dende arriba (mediante os meios de comunicación)
a tarefa necesaria é a creación dun poder de clase dende
abaixo.
O xurdimento dun novo autoritarismo
Acompañando á decadencia da esquerda, e de feito acelerando
o proceso, hai a creación gradual dun novo estado autoritario
baixo a superficie dunha fachada parlamentaria eleitoral. Comezando
polas leis “anti terrorismo” e o “Estado forte”
de mediados dos setenta, o poder das “institucións permanentes”
incrementou-se en gran medida e a este fenómeno se lle prestou
unha escasa atención intelectual. ¿Cales son as características
do novo estado autoritario? A centralización do poder executivo,
a dependencia crecente da lexislación por decreto e as decisións
básicas de funcionarios non elexidos na rama executiva son signos
da emerxencia do Novo Estado Autoritario.
Mentres os governos de “centro-esquerda” ou de “dereitas”
chegan ao poder e saen del, as institucións permanentes non elexidas
do estado ocupan-se do deseño e da aplicación da política
macroeconómica. Mentres os partidos políticos compiten
polo Parlamento, as institucións verticais --é dicer,
o estado, Bruselas, as institucións financeiras internacionais,
etc.--estabelecen os parámetros reais da política socioeconómica
neoliberal. A contradición entre os partidos electorais que profesan
o “benestar social” e o estado centralizado que dita as
políticas capitalistas liberais se expresa pola total falla de
correspondencia entre as promesas das campañas eleitorais e o
exercicio do poder político. Os cargos elexidos governan subordinando
os organismos elexidos (parlamentos) ao executivo e aos altos cargos
do “Estado permanente.” En resume, mentres o Novo Estado
Autoritario governa, os cargos elegidos lexitiman os centros governantes
do poder autoritario.
A transformación da estrutura de clase: fundamentos do Novo Estado
Autoritario
A estrutura de clase transformou-se polas vitorias da clase capitalista
e os retrocesos dos partidos de esquerda e sindicatos tradicionais.
As derrotas son o resultado do fracaso dos sindicatos e partidos sociais
na comprensión de que o “pacto social”, o “estado
do benestar” e os cambios “graduais” ou evolutivos
eran resultado dunha coxuntura histórica específica que
produciu, entre 1944 e 1974, un equilibrio de forzas entre as clases.
Durante este periodo, os sindicatos e a esquerda se “incrustaron”
nas institucións capitalistas e pasaron a depender das negociacións
colectivas, os compromisos ministeriais e as presións periódicas
das luitas de masas. A finais dos setenta, a estratexia institucional
perdeu a súa vixencia, a medida que a clase capitalista recuperaba
a súa iniciativa e avanzaba agresivamente na transformación
ao seu favor das institucións económicas e as reaccións
sociais de produción.
Pecharon-se grandes instalacións industriais que concentraban
a traballadores militantes, e a súa produción se descentralizou,
dispersando así á clase obreira. Os contratos laborais
temporais respaldados pola lexislación debilitaron o emprego
estábel e incrementaron o número de traballadores en precario
e vulnerábeis. Os capitalistas incrementaron en gran medida a
súa capacidade de contratar e despedir traballadores por un baixo
custe. As fábricas deslocalizaron-se a rexións non sindicalizadas
ou fora do país. Éstas e moitas outras medidas tiveron
un efecto dialéctico acumulativo. Unha forza de traballo fragmentada
debilitou a luita colectiva e facilitou o continuo avance das contrarreformas
capitalistas promovidas polo estado autoritario. A ocasional “folga
xeral” ou protesta só serviron para frear temporalmente
o proceso en determinados aspectos, como por exemplo, no retraso da
idade de xubilación. O estado autoritario liberal actuou con
decisión á hora de privatizar a economía, os servizos
sociais e as institucións culturais.estes ataques frontais tiveron
por obxeto dar marcha atrás a máis de 60 anos de reformas
acumuladas conseguidas por medio da luita de clases. Toda a teoría
e a práctica do pacto social promovida polos sindicatos e a esquerda
tradicional demostrou-se inútil ante a ofensiva capitalista a
gran escala e longo prazo contra as regras do xogo e a mesma existencia
de sindicatos e institucións de esquerda.
Contraste: O liberalismo do século XIX e o neoliberalismo do
XXI
A fin de comprender os cambios nas reaccións de clase resultantes
da ofensiva neoliberal, é útil comparala co impacto do
liberalismo do século XIX. esta comparación, aínda
tratando-se de contextos sociohistóricos totalmente diferentes,
proporciona non obstante algunhas ideas sobre as potencialidades dos
novos protagonistas da luita de clases.
O liberalismo do século XIX ía dirixido contra unhas reaccións
de tipo feudal-patrimonial-clerical e contra os obstáculos ao
comercio, ao préstamo e ás formas mercantís da
explotación do traballo. En Italia, un país de industrialización
tardía, o liberalismo favorecía, dentro da clase capitalista,
aos comerciantes (compradores), aos exportadores e aos produtores de
bens de luxo, en contraposición aos fabricantes de bens de consumo
popular vendidos nos mercados locais. Ante os obstáculos dos
mercados locais debido aos baixos niveis de consumo popular, os liberais
fixeron súas as políticas imperialistas-coloniais do estado
italiano. Asimesmo importante para a apertura de mercados, os políticos
liberais consideraron as colonias de ultramar como un medio para quitar
presión ao descontento dos agricultores e os asalariados agrarios
desprazados pola extensión das reaccións de mercado.
A diferenza do liberalismo do século XIX, o neoliberalismo dos
séculos XX e XXI ten lugar no contexto dun estado do benestar
altamente industrializado. O neoliberalismo despraza aos traballadores
industriais e aos funcionarios, non aos labregos e aos asalariados do
campo. A política neoliberal ataca aos sindicatos e aos obstáculos
que erixe a clase obreira á explotación do mercado, non
aos latifundios da Igrexa. Os liberais enfrontaron-se a unha clase latifundista
decadente; os neoliberais enfrontan-se a un estado do benestar en crise.
O liberalismo do século XIX, especialmente na súa variante
demócratico-republicana, foi capaz, nalgúns caso de aliar-se
á clase obreira contra o ‘ancien régime’.
O actual bloque de poder neoliberal confía no apoio das clases
comerciantes privadas, os intereses post industriais financeiros e inmobiliarios,
o estado autoritario, os meios de comunicación e as formacións
“pre capitalistas” (o Vaticano, a Mafia, os neolatifundistas).
O neoliberalismo é un modelo híbrido que combina os rasgos
retrógrados de pasadas formacións sociais e os enclaves
dinámicos das élites financeiras e os sectores de servizos,
protexidos polo paraugas do Novo Estado Autoritario (mussolinismo sen
Mussolini). Os esforzos da socialdemocracia van dirixidos, nas súas
vellas e novas formas, a incitar á “burguesía liberal”
a romper coas formacións “pre capitalistas” e o estado
autoritario, e a crear unha alianza de “centro-esquerda”
a fin de “modernizar” o estado neoliberal. A proposta concreta
que se lle fai ao proxecto neoliberal é a mesma tanto se ven
do centro-esquerda como da dereita. O razoamento do bloque de poder
neoliberal é impecábel, por canto non teme a ameaza á
propiedade por parte da esquerda revolucionaria; non ve porqué
debería facer concesións sociais aos reformistas e os
sindicatos institucionalizados.
Tendo en conta o complexo réxime legal, administrativo e normativo
creado polo anterior estado do benestar e os obstáculos institucionais
impostos polos sindicatos e os partidos de centro-esquerda, os liberais
favorecen un executivo autoritario respaldado por Bruselas á
hora de impor as “reformas” neoliberais e eliminar os restos
do estado do benestar.
O neoliberalismo esixe un estado forte contra as demandas das organizacións
de clase na sociedade civil e un estado limitado na regulación
da concentración do poder económico. O estado neoliberal
non amplía o mercado nacional, senón que reorienta a produción
hacia a Unión Europea e o mercado internacional. Aos traballadores
non se lles ve como consumidores potenciais senón como custes
no mercado de exportación. O neoliberalismo non despraza aos
labregos para extender as inversións de capital, despraza aos
empregados públicos por mediación das privatizacións
que convirten os monopolios públicos en monopolios privados.
Non convirte aos artesáns en obreiros fabriles, en cambio, convirte
a estes en traballadores de servizos con contratos precarios e baixa
remuneración. Non promove profesionais libres, convirte aos traballadores
de oficina en operadores de máquinas segundo esquemas fabriles.
Non crea un exército de reserva de desempregados, produce un
exército permanente de desempregados.
Co auxe do capitalismo liberal a principal contradición estabelecia-se
entre o industrial burgués e os traballadores da súa fábrica.
Baixo o neoliberalismo, hai moitas contradicións entre un capitalismo
“monopolista” concentrado e diferentes sectores dunha clase
obreira reconstituida. Os empregados públicos que utilizan equipos
de oficina (ordenadores) comparten as mesmas inseguridades que os traballadores
desempregados. Os traballadores desempregados comparten a mesma “exclusión”
que os traballadores inmigrantes. Baixo o liberalismo, a muller estaba
confinada á explotación do fogar familiar. Hoxe, hacha-se
explotada dobremente: como traballadora suxeita a un salario reducido
e como ama de casa con responsabilidades familiares.
Na actualidade, hai unha maior dispersión da clase obreira, con
moitos máis sectores incorporados a esta. As condicións
subxetivas (conciencia de clase) da luita de clases debilitaron-se,
pero as condicións obxetivas cuantitativas e cualitativas reforzaron-se.
As transformacións ou os intentos das élites neoliberais
de levar a cabo “contrarreformas” opoñen-se violentamente
aos beneficios sociais acumulativos da clase obreira e crean condicións
obxetivas para unha nova xeira de luita de clases. O reto consiste en
unificar as luitas sectoriais dos traballadores desempregados, as mulleres
traballadoras de salarios reducidos, os traballadores precarizados,
os xubilados, os inmigrantes, os traballadores tradicionais de fábrica
e os operarios da nova maquinaria de traballo do sector público,
e conseguir un novo poder obreiro que se enfronte ao Novo Estado Autoritario
e aos seus dirixentes nacionais e internacionais.