|
As papeleiras da Praia dos Namorados están chea de lixo desde fai semanas. A Praia dos Namorados está convertida nun vertedeiro de lixo gracias á deixadez do Concello de Marin. Fai unhas semanas instalaron unhas papeleiras nesta praia e ali quedaron esquecidas. Cada dia máis cheas e desbordadas de bolsas, dando unha imaxe da praia e de Marin patética a todas as persoas que disfrutan da mesma. Desde o Concello quixeron desaloxar, fai un par de anos, aos nudistas obrigandoos a vestir-se. Como legalmente non puideron facer nada agora parece que queren vota-los enchendo a praia de lixo. Cando non habia papeleiras os usuários e usuárias da praia recollian todo e deixabana limpa. Agora, actuando de boa fe, as bolsas de lixo quedan depositadas no lugar habilitado polo Concello, pero este non as vacia. Non se lle pode pedir aos cidadáns que sexan cívicos depositando o lixo nas papeleiras e nos contenedores e dispois desde o Concello ter este tipo de actuacións calamitosas. Non se pode vender a imaxen de Marin como lugar turístico e despois provocar situacións desta índole. O lixo é un dos pontos fracos da xestión deste governo municipal. Desde a privatización da sua xestión non hai máis que problemas. Contenedores desbordados e sen limpar ou papeleiras esquecidas e cheas de bolsas son os maiores éxitos deste governo. Desde o Colectivo Nacionalista reclamamos a imediata limpeza desta praia, e de todas as que estén nestas circunstáncias, e no caso de que o Concello non queira recoller o lixo que retire polo menos as papeleiras para que os cidadáns que disfrutan desa praia sigan dando exemplo dunha atitude cívica. Aproveitamos, tamén, para lembrar-lle ao concelleiro responsábel da área que os contenedores hai que limpa-los no vran cada 15 dias, e non só por fora. Deixen de facer a vista gorda e obrigen á empresa á que lle "regalaron" o servizo a que cumpra polo menos o prego de condicións da concesión. Marin, 16 de xuño de 2004.
|